Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
martes, 8 de xuño de 2010
Dende o galego para o mundo
Menos mal que contamos co caso contrario ao do Jubi: A Nosa Terra informa que o Concello de Pontevedra puxo en marcha unha web coa que aprender a pronunciar as frases esenciais na nosa lingua. Nela explícase en 18 idiomas o que é a lingua galega e convídase a usala aproveitando a visita, para o que facilita frases esenciais en distintas áreas, acompañadas da tradución ao inglés e mais de audio.
A web do Concello de Pontevedra foi pensada para que se sintan máis cómodos os triatletas que participarán na Copa de Europa do 12 de xuño na cidade do Lérez, accesíbel desde o móbil e desde os novos dispositivos de acceso á internet, como é o caso do ipad, pode ser unha recomendación excelente para esas amizades do estranxeiro que van visitar o noso país e queren coñecelo verdadeiramente.
Como atopamos esta nova vía a excelente Dinamiza Caramiñal, permitímonos tamén engadir o comentario e os dous vídeos que eles mesmos engaden como complemento educativo a esta nova.
Mais, a mellor maneira de aprender un idioma é interactuando na realidade. Para a virtual, temos por exemplo os centos de Galician Language Partners en MyLanguageExchange ou os de ConversationExchange. Nos outros casos, somos nós os mellores materiais de axuda. Falándolles galego con xeito, agasallámolos coa mellor aprendizaxe. Exemplos de estranxeiros que falan galego que dá gusto hainos abondos, aquí damos conta de dous deles:
Etiquetas:
Administración,
internacional,
Normalización,
TIC,
vídeo
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario