Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







venres, 18 de xuño de 2010

Dinamizando ou dinamitando?

Todo o mundo sabe que dimitiron os coordinadores de Política Lingüística, todos, tanto o central como os catro provinciais.
Todo o mundo? Non. Hai alguén que aínda non se enterou. É Anxo Lorenzo, o secretario xeral de política lingüística.
Tendo en conta que a Consellería de Educación pagará por substituír os libros en galego polos de castelán, tendo en conta que docentes e sindicatos destacan as contínuas “trabas” de Política Lingüística ao desenvolvemento da normalización do galego, tendo en conta que a Xunta agacha na súa web a información sobre a lingua, tendo en conta que prohibiron impartir aulas de ciencias en galego, tendo en conta que eliminaron as probas de galego nas oposicións de funcionarios á Xunta, que eliminan as liñas de galego nas escolas de infantil e primaria das cidades malia existir máis demanda que oferta,...

Ningún comentario:

Publicar un comentario