Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







xoves, 17 de xuño de 2010

Dimiten os Coordinadores de Política Lingüística

Na Nosa Terra enterámonos de que nunha carta dirixida ás equipos directivas e de normalización de lingüística dos centros de ensino, este xoves coñeceuse a renuncia dos coordinadores central e provincial que actúan baixo a responsabilidade da Secretaría Xeral de Política Lingüística .
Nun comunicado, feito público este xoves, recibiron a solidariedade da CIG-Ensino, que se fixo eco desta renuncia pola preocupación manifestada desde moitos centros ante a marcha de persoas que viñeron "desenvolvendo o seu traballo en prol da nosa lingua, propiciando pasos adiante e melloras en diferentes aspectos, e que supuxeron un avance importante polo seu labor de asesoramento aos centros cos que mantiñan contacto permanente".
A Corrdinadora de ENDL tamén quixo expresar expresar o recoñecemento público ao labor desenvolvido por estes/as profesionais ao longo dos pasados anos. O seu traballo de asesoramento, apoio e coordinación dos ENDL dos centros educativos foron un avanzo importantísimo para a realización do traballo dos equipos durante os pasados cursos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario