No seguinte vídeo vai unha escolma das intervencións do pasado venres, o día da miña resurrección. Por alí andaba eu.
Podeder ver anacos das intervencións de Marta Dacosta, Anxo Louzao e Carlos Callón. Estiveron todos ben, foron claros e non fixeron intervencións máis longas do necesario.
É de agradecerlle á CIG-Ensino e a Quermos Galego, os organizadores do evento, que invitaran a directivos de asociacións de profesores. Fixeron tamén a súa achega Manuel Díaz Regueiro, de AGAPEMA e Pedro Gerpe, de APETEGA. Cónstanos que tamén invitaron aos directivos de ENCIGA, que non puideron intervir por ter outras ocupacións este día.
Por último, eu quería destacar as intervencións dos profesores que alí estaban. Especialmente as de Consuelo Campos, profesora de FeQ que non é galega mais que sempre deu as súas aulas en galego, xa desde o 79 e a de Clara Ogando, quen lembrou que no seu día subscribíuse un manifesto dos licenciados en galego (no primeiro lustro dos 70, probabelmente en 1972) e que desde entón asumiu que debía dar as súas aulas en galego. Invítovos especialmente a que escoites estas dúas últimas intervencións, falan de alumnos, de clases, da defensa do galego... a partir do minuto 6:30
Ningún comentario:
Publicar un comentario