Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







venres, 2 de xullo de 2010

Son palabras máxicas

Desde o IES do Porto do Son volven a sorprendernos. Os mozos dos clubes de lectura deixaron as súas aulas para iren ás de varios colexios a contárenlle contos aos nenos de infantil e primaria. A experiencia parece ilusionante e faime lembrar outra semellante que tivo lugar en terras máis próximas ás miñas, na Bandeira, onde unha futura compañeira con dous alumnos meus foron facer unha actividade semellante. Son dous exemplos a seguir.
Deixo aquí o vídeo da experiencia. Efectivamente, son palabras máxicas.
Vía linguason.

as palabras máxicas from SonCine on Vimeo.

1 comentario:

  1. O de futura compañeira non mola nada. Debería poñer unha "ex-compañeira".
    E viches que lles len os mesmos libros? Para que vexas...

    ResponderEliminar