Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







martes, 6 de xullo de 2010

24 horas en galego

O proxecto GalegoLab debe saber todo o mundo en que consiste a estas alturas. Basta con premer na ligazón e remexer un pouco pola súa web para ver por onde respiran.
Unha das actividades máis avanzadas é o proxecto "24 horas en galego", consistente en realizar un vídeo de 5 minutos como máximo no se resuman as 24 horas de conduta lingüística dun falante de Galicia.
Neste caso Galegolab colabora con Eufalo.TV  para convocar un concurso audiovisual. Trátase facer un vídeo de 5 minutos como máximo no se resuman as 24 horas de conduta lingüística dun falante de Galicia. En cada imaxe irá referenciada a hora exacta (ou período horario) no que foi gravada a imaxe.
O premio terá unha contía de 300 euros. Ese premio será o concedido por un xurado de expertos elixido por Galegolab.
Traemos aquí a nova porque acabamos de atopar no blogue proxecto-Q ao autor do cartel do proxecto quen comenta:
O cartel está feito en a penas 10 minutos (con algunhas modificacións posteriores) polo que ten o suficiente de inmediatez para que me poida sentir algo orgulloso del. Quen queira descargalo pode facelo na ligazón que deixo abaixo, sempre e cando adquira o compromiso de imprimir un par de copias e deixalas nos seus locais máis habituais.
.: Cartel 24 horas galego fullscreen :

Ningún comentario:

Publicar un comentario