Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







luns, 5 de xullo de 2010

Desoños, un dos 1000 mellores proxectos do mundo


Desoños é unha empresa de Vigo creadora de deseños e que triunfa no mundo. Á esquerda podemos ver unha das webs que crearon.
O seguinte artigo explica o caso, sacado de Código Cero:
“Calidade, innovación e eficacia no deseño” foron os tres principais criterios que o xurado encargado de elaborar o Web Desing Index 9.0 deste ano, tivo en conta á hora de incluir os proxectos innovadores da galega Desoños dentro dos 1.000 mellores do mundo.
Esta firma, que na actualidade conta con outras dez mencións neste índice web (dos máis importantes a nivel internacional) que publica a editorial holandesa The Pepin Press, foi seleccionada polos seus traballos para o Grupo de Teatro Chévere, Acuisost e The Size, caracterizados todos eles pola súa limpeza e funcionalidade.
A liña de traballo de Desoños baséase en buscar unha solución en liña axeitada para cada caso, así como en desenvolvela no medio máis axeitado.
Para isto, conta con varios departamentos que levan a cabo as actividades de identidade corporativa, gráfica aplicada, deseño multimedia, programación, estratexia, planificación, marketing, publicidade, deseño de espazos, exposicións, etc., que velan polo bo resultado de cada proxecto que cae nas mans da entidade galega.

Ningún comentario:

Publicar un comentario