Galebook está a presentarse á sociedade, a ver o que é. Segundo informan no seu blogue, queren ser unha rede social da literatura, unha plataforma de libros electrónicos, unha tenda de ebooks e un selo editorial.
Comentan así a súa razón de ser: "Galebook pretende ser unha rede social galega de literatura. Un lugar de encontro para as letras galegas en Internet: un espazo para os autores, os lectores, os críticos, os libreiros, os editores e os despistados que pasaban por aí. Un lugar de encontro que contará con foros de discusión, blogs, podcasts e a súa propia canle de televisión".
Pretenden comenzar a funcionar a patir de primeiros de setembro. Desexámoslles sorte.
Ningún comentario:
Publicar un comentario