Queremos divulgar un traballo divulgativo, musical, literario e artístico de grande calidade.
O vindeiro venres van presentar este traballo na Illa de San Simón.
Cores do Atlántico é un traballo divulgativo-musical sobre as cantigas de amigo que ofrece unha nova perspectiva do xénero máis autóctono da nosa lírica medieval. Ten unha pintasa magnífica.
Ria Lemaire, especialista en literatura medieval e profesora da Universidade de Poitiers, escribe un traballo de divulgación sobre as cantigas de amigo galego-portuguesas como as primeiras mostras do patrimonio cultural galego-portugués, que nos chegaron por vía culta: os primitivos cantos de mulleres.
Son varias as voces que parcicipan neste proxecto, Socorro Leilía, Cirandeiras de Caiana de Crioulos xunto as colaboracións de Margareth Menezes-a Maga e Cida Moreira do Brasil. Desde África, a guineana Eneida Marta achega a súa cálida voz asociada aos ritmos de Guiné Bissau como o Gumbé, a Morna ou a Singa. João Afonso e Teresa Paiva introducen a expresión portuguesa e a sonoridade da gaiteira do Porto. En Galicia, son as voces de Leilía e Uxía as que recrean as cantigas que noutrora cantaron as mulleres neste territorio de orixe da lírica medieval galego-portuguesa. Tres continentes e moitas voces.
O artista lucense Quique Bordell fai a súa achega plástica con ilustracións que combinan o colage e a sobre-impresión nunha proposta vangardista sobre as letras das cantigas de amigo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario