Segundo sinalaron fontes políticas, existe algún punto de descordo respecto do texto entre os membros da entidade, aínda que xa avanzaron entre un 80 e un 90 por cento do conxunto.
Precisamente, a función do Consultivo, presidido por Teresa Conde-Pumpido, é elaborar ditames xurídicos na fase do procedemento, inmediatamente anterior á toma de decisión por parte destas e sobre a base dunha proposta que é sometida para o seu exame xurídico, aínda que dita opinión non é vinculante.
Ao longo do día de onte, tanto o PSdeG como o BNG auguraron que o ditame do Consultivo lle dará a "oportunidade" ó presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, de rectificar a normativa e "volver ó consenso lingüístico", aínda que vaticinaron que a Xunta fará oídos xordos". Neste sentido, o PP admitiu que, a pesar de que todas as suxestións son "benvidas", en anteriores lexislaturas fíxoselles "pouco caso" ós seus ditames -que non son vinculantes.
A pesar de que a Secretaría Xeral de Política Lingüística, na súa xeria de mentiras, divulgue que teñen o apoio de centrais sindicais (u-las?), a proposta xa contou co rexeitamento dos sindicatos CIG-Ensino, FETE-UXT, CCOO-Ensino e STEG durante a mesa sectorial de educación, na que os voceiros destas organizacións criticaron a "ausencia" de vontade negociadora da Consellería.
Temén o pleno do Consello Escolar de Galicia aprobou unha emenda á totalidade impulsada por un total de sete organizacións, na que esixían a devolución do texto a Educación.
Por último, lembremos que as ANPAS do ensino público, a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización de Dinamización Lingüística, os directores de centros de ensino non universitario, asociacións de profesores, asociacións pedagóxicas, de alumnos... tamén se pronunciaron en contra das distintas versións do decreto contra o galego.
Total... Se Educación e a SXPL non fixeron caso de toda esa xente en todas esas ocasións, tampouco van facelo agora do Consello Consultivo. Non farán caso do Consello, insistirán en que é consultivo, mais nas motivacións da proposta de decreto inclúen como xustificación da derrogación do decreto vixente un ditame do Consello a respecto deste. O curioso é que este ditame xa está claro que non se axusta a dereito, e así o di unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Cousas veredes!
Ningún comentario:
Publicar un comentario