Queremos presentar un novo recurso e desmontar algunhas manipulacións. Imos co primeiro.
PLANETA GaLE é o nome do blogue dos lectorados de galego que hai polo mundo. A nosa lingua e a nosa cultura están no mundo e interésalle a moita xente. Por exemplo, Zuzanna Anczewska, estudante de galego da Universidade de Varsovia que estivo en Galicia no mes de febreiro recollendo materiais para o seu proxecto de fin de carreira. Nesta estancia gravou varios vídeos que deixou no seu blogue. Curioso, unha polaca fai un blogue en galego, no entanto moitos galegos da zunia esquecen completamente a nosa lingua dos seus blogues.
Outro exemplo, no Centro de Estudos Galegos de Tübingen organizaron unhas xornadas denominadas "Mil primaveras máis" nas que, entre outros actos contaron coa actuación de Quico Cadaval. Tiven que poñer aquí o cartaz que anuncia o acto porque agora mesmo non son capaz de pensar nalgo máis friki un anuncio de Quico en alemán.
Outro exemplo, en París, na Sorbona, o pasado mes de marzo organizouse un coloquio internacional sobre Manuel Rivas e Suso de Toro. Aos franceses interésalle a literatura galega, aos da zunia, non.
Un exemplo máis, varios profesores da Universidade de Barcelona participaron o pasado mes de xaneiro nun debate sobre os aspectos conflitivos do novo decreto do galego nun acto no que se presentou o libro 55 mentiras sobre a lingua galega.
E por fin a manipulación. Que como case sempre vén da man da Secretaría Xeral de Política Lingüística, neste caso, máis que polo que di, polo que oculta. A SXPL acaba de dar a coñecer a noticia (?) que de inmediato se reproduce en varios medios, de que Universidades de todo o mundo difunden a lingua e a literatura galegas a través de diversas actividades. Sorprendentemente o titular é certo. Parabéns á SXPL por difundir unha verdade. Pero...
Cales son esas actividades de difusión do galego?
A SXPL xa divulgara anteriomente algunhas outras na súa páxina, como a proxección da película Pradolongo en Portugal. Agora destaca unha mostra sobre Uxío Novoneyra en Barcelona, ou a mostra de varios documentais en Lisboa. O realmente curioso é que a SXPL non niga, nin dixera ( e eu adianto que tampouco vai dicir) nada sobre ningunha das activades que destacamos máis arriba.
Xa sabedes, se queredes estar informados sobre o que sucede no mundo la lingua galega, visitade a páxina da SXPL ... e desconfiade de todo o que alí se comente.

Ningún comentario:
Publicar un comentario