Xaquín Fernández Leiceaga, voceiro do PSdeG, tamén indicaba que é improbábel que Feixóo atenda as recomendacións do ente que se pronuncia sobre a legalidade das leis que o Executivo remite á Cámara.
Carlos Aymerich advirte ao presidente da Xunta que “hai xente de toda condición, de toda ideoloxía, unida polo amor ao idioma”. “Feixóo minusvalorou a importancia que o galego ten para a maioría dos galegos, senón rectifica haberá que seguir a demóstralle ese amor á lingua”, insistiu esta mañá no Parlamento de Galicia.
Os nacionalistas non agardan que o ditame do Consello Consultivo, previsto para hoxe, cambie a situación. En opinión de Aymerich, o conselleiro de Educación, Xesús Vázquez, obviará un eventual pronunciamento negativo do Consello Consultivo sobre o texto que reduce o mínimo de porcentaxe de clases en galego.
Ningún comentario:
Publicar un comentario