Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







luns, 10 de maio de 2010

Sarmiento contra Novoneyra


A Festa da Lingua, unha iniciativa que impulsa a Federación de Relixiosos do Ensino en Galicia (Ferega-Ceca), reuniu na edición do 2010 preto de 1.000 alumnos e alumnas de primaria de diversos centros de ensino pertencentes a esta federación. Houbo actos de reivindicación do uso da lingua galega, conferencias, entregáronse os premios Sarmiento…Incluso o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, quixo estar presente nos actos que se desenvolveron no reciento feiral de Silleda, e animou aos máis novos a seguir lendo en galego. A SXPL subvencionou este acto, e nós aplaudímolo, pois unha das súas funcións é axudar nas iniciativas de promoción do uso do galego como é esta.
Un mes despois estase a celebrar o Correlingua baixo o lema inspirado nunhas letras de Novoneyra:“Galego, a forza don noso amor”. O Correlingua xa pasou por Santiago, Ourense, a Ribeira Sacra, A Mariña, A Estrada, o Baixo Miño, Ferrolterra, Salnés, e continuará por outras zonas de Galicia. Unha actividade festiva de reivindicación do uso da nosa lingua na que participarán máis de 40.000 rapaces, polo tanto hai polo menos 40 veces máis razóns para que esta actividade sexa subvencionada pola SXPL, e incluso reivindicaríamos desde aquí a presencia de Anxo Lorenzo nos 14 actos de Correlingua.
Imaxinádelo actuando con Machina?

Ningún comentario:

Publicar un comentario