por Noela Rey Méndez, periodista, no Xornal de Galicia
O vindeiro 17 de maio, Día das Letras Galegas, a plataforma Queremos Galego proponse volver encher o Obradoiro de cidadáns que ergan os seus berros en defensa da lingua. O BNG está tamén detrás desta convocatoria, na súa calidade de membro da plataforma. De maneira que os nacionalistas, unha vez máis, póñense á cabeza, como organizadores e convocantes, da defensa do galego na rúa.
Nesta ocasión, ademais, teñen o apoio do PSdeG, que se uniu á iniciativa como formación externa á plataforma, xa que non se quixo integrar en Queremos Galego, o mesmo que decidira cando se organizara o movemento social Nunca Máis. Non estaría de máis, por certo, que se involucrasen os socialistas dunha forma máis clara e contundente a prol da lingua. Está ben que desta vez se coloquen tras o cartaz para esixir o respecto polo idioma propio, pero unha política de máis compromiso cada día e en cada ocasión non viría nada mal. Pero o dito, o importante é que o Obradoiro fale de novo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario