Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







domingo, 2 de maio de 2010

Os amantes de Aguiño


Acabamos de ver que os do Colexio Público de Aguiño son amantes da lingua. A razón está na nota de prensa que copiamos aquí. Todo o noso apoio para eles,
do Paraugas da lingua (CENDL do Barbanza)

O Consello Escolar do Colexio Público de Aguiño, onde está representada toda a Comunidade Educativa: Equipo Directivo, profesorado e familias, denuncia que, por parte da Secretaría Xeral de Política Lingüística, este curso suprimiunos a maior parte da axuda que recibíamos para potenciar o uso e valoración do galego a través de distintas actividades. Concretamente baixaron a axuda de 2500 euros a 833 euros, o que implica tan so unha media de 4 euros por alumno/a frente ós 12.5 euros dos que gozábamos en cursos pasados. O recorte de gastos en Educación afecta á calidade dos distintos procesos de ensino-aprendizaxe do noso alumnado. Este recorte xunto co Decreto do Plurilingüísmo é outra das actuacións da Consellería en contra da potenciación da nosa lingua. Esta medida deixa ó Colexio Público de Aguiño nunha situación de precariedade no ámbito lingüístico.

Ningún comentario:

Publicar un comentario