Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







Amosando publicacións coa etiqueta Asociación Faladoiros de Vigo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Asociación Faladoiros de Vigo. Amosar todas as publicacións

xoves, 19 de maio de 2022

Fálao, ti que podes!


 Vídeo promocional da campaña de valorización da lingua galega elaborado pola Asociación Faladoiros de Vigo entre febreiro e maio de 2022 coa axuda de galegofalantes de todas as partes do mundo. 

Alí onde están non poden desenvolver o seu día a día en galego, mais os que vivimos en Galicia non temos desculpa para non falalo.

 Esta campaña foi feita grazas á colaboración de galegofalantes que, a pesar de non vivir na nosa terra, se esforzan por manter a lingua galega alá onde están. Desde todas as partes do mundo anímannos a empregala: "Fálao, ti que podes!"