Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







Amosando publicacións coa etiqueta FP. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta FP. Amosar todas as publicacións

domingo, 8 de xuño de 2014

Carta Aberta ao secretario de Política Lingüística sobre a marxinación do galego nas ensinanzas de FP

A CGENDL redactou esta carta aberta ao secretario de Política Lingüística sobre a marxinación do galego nas ensinanzas de FP no Galicia Confidencial:


A CGENDL denuncia a situación de marxinalidade á que segue sometida a lingua galega nas ensinanzas de Formación profesional, o que impide a adquisión da competencia lingüística en galego dos futuros traballadores e traballadoras. Á non aplicación real do Decreto de 2010, que garantía un mínimo dun 50% de enisno en galego na FP, súmase a disponibilidade unicamente en castelán dos materiais na modalidade de FP a distancia e á ausencia de contidos referidos á realidade galega e ao uso vehicular do idioma, entre outros aspectos, no Borrador do Decreto que regula a FPBásica.
Sr. Secretario Xeral de Política Lingüística: