Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
Amosando publicacións coa etiqueta Rede Nasa b>. Amosar todas as publicacións

martes, 14 de maio de 2013
Sen ir máis lonxe
Así homenaxean os de Chévere ao seu compañeiro e amigo Roberto Vidal Bolaño, ofrecéndonos "unha pequena xoia rescatada do arquivo da Nasa, gravada no 1999: a obra Sen ir máis lonxe, de Roberto Vidal Bolaño, compañeiro de escenarios de Chévere e tertuliano da barra da desaparecida Nave de Servicios Artísticos de Santiago".
Aquí vai a 1ª das cinco partes da gravación que se irán ofrecendo durante estes días desde o recomendabilísimo portal da Rede Nasa.
mércores, 25 de abril de 2012
'Amores prohibidos 2.0' no escenario virtual
Non é a primeira vez que fago referencia á suculenta proposta da nasa.tv chamada Amores Prohibidos 2.0.
Se volvo ao rego é porque a historia botou a andar chea de forza no espazo virtual.
Situémonos. Boiro 2012. Romeo e Xulieta son uns rapaces do instituto A Cachada que se namoran co conflito lingüístico como fondo.
Amores Prohibidos 2.0 é unha obra de teatro participativa e interactiva, adaptada a internet, que usa como escenario as redes sociais e a plataforma Redenasa.tv
Neste espazo web estará toda a información sobre a obra. Cada personaxe terá o seu perfil, poderanse ver os vídeos, fotos e comentarios publicados por cada un deles. E tamén é aquí onde se poderá seguir a liña de tempo das súas conversas, tanto as que se produzan en Redenasa.tv como un extracto das emitidas desde Tuenti ou Twitter
Alén disto, se non queremos participar activamente pero si seguir a evolución da historia e as novas de cada dia, Xespir publicará resumos no blogue
No Praza publicaron un artigo do que saquei este vídeo, por provocar:

domingo, 11 de marzo de 2012
E ti como ligas en galego?
A Sala Nasa está a montar un proxecto inclasificable. Sexa o que sexa pode verse a súa evolución no blogue amores prohibidos 2.0.
Unha das súas achegas é ese vídeo onde unha chea de caras coñecidas nos explican os seus métodos para ligar. Se ti quixeras compartir coa tripulación da Nasa as túa metodoloxía, podes poñerte en contacto con eles.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)