A normalización da lingua galega constitúe un dos grandes retos socioculturais da Galiza contemporánea. Lonxe de ser unha aspiración utópica ou simplemente simbólica, trátase dun obxectivo realista, sempre que exista vontade política, compromiso social e unha planificación estratéxica coherente e sostida no tempo.
O 15 de xuño fanse corenta anos da aprobación polo Parlamento de Galicia da Lei de Normalización Lingüística de Galicia (LNL). Esta desenvolve o artigo 5º do Estatuto de Autonomía, que declara o galego "lingua propia de Galicia", dispón a súa oficialidade, proclama o dereito de coñecelo e usalo e contén un mandato normalizador para que os poderes públicos o promovan "en todos os niveis da vida pública, cultural e informativa". A partir da aprobación da LNL, o goberno galego centrou a súa política lingüística en fomentar o prestixio cultural da lingua, promover o seu uso nas administracións públicas, a educación, os medios de comunicación e a produción cultural, e mellorar as competencias e actitudes lingüísticas da poboación. O galego gañou novos ámbitos de uso, a maioría da xente sabe lelo e escribilo, a produción cultural florece. Hoxe temos galegofalantes cunha robusta conciencia lingüística, educados no seu idioma e capaces de desenvolvérense nel en todos os ámbitos da súa vida. Non obstante, o galego segue perdendo falantes, ten unha presenza pouco máis que testemuñal nos principais medios de comunicación, e os vellos prexuízos rebrotan, mentres xorden outros novos.
Neste 2023 amoréanse as conmemoracións de feitos sobranceiros na nosa cultura: fanse cen anos da fundación da Irmandade Nacionalista de Vigo, con Manuel Antonio de motor e leme daquel pailebote de ilusión; cen anos máis do pasamento de Murguía, soñador da Real Academia Galega (RAG) e artífice da nosa historia enxergada desde nós; e por riba fanse outros cen da fundación do Seminario de Estudos Galegos, o SEG eliminado polo franquismo, para cuxo aniversario Xunta, Consello da Cultura e universidades anuncian diversos actos conmemorativos.
A isto engádeselle que as Letras Galegas deste ano están dedicadas a ese exemplar “obreiro do galeguismo” que foi D. Paco del Riego –o noso “Xoán XXIII” –, pois con el chegou aire fresco a unha RAG nifosa. Moi vencellada a D. Paco, cúmprense 60 anos da creación desa gran biblioteca nacional galega que é a Fundación Penzol, e esta semana xa se inaugurou unha exposición fermosa e patriótica deste acontecemento.
Tamén se fan 40 anos da aprobación por unanimidade da Lei de Normalización Lingüística de Galicia, norma esmiolada polo Tribunal Constitucional e moi deficientemente aplicada polos sucesivos gobernos –agás na época do bipartito–, que debía ser a cerna da revitalización do idioma nos diferentes eidos sociais.
A lembranza da figura senlleira de Murguía principiou o día 2 na Coruña e continuou en Santiago e Padrón (por certo, inexplicable a ausencia de Henrique Rabuñal). Non deixamos de nos abraiar lendo as hipócritas declaracións dos verdugos do idioma nestes actos. É que a cortesía institucional implica o consentimento e aceptación do lingüicidio perpetrado pola Xunta? Non hai ninguén neses actos que diga nada?
Os lingüicidas, e os que consenten que a lingua se esborralle nas escolas, tamén os veremos este ano a louvaren a figura ciclópea de D. Paco, a profanaren a súa memoria, a súa idea dunha nación culta e dunha lingua con futuro. Botaranlles ducias de loureiros aos fundadores do SEG e volverán depositar flores na tumba de Castelao ou Rosalía ao mesmo tempo que as nosas fillas na Coruña só reciben en galego a materia de Lingua Galega, ou que os nosos cativos en Vigo perden a lingua da casa despois de tres meses de aulas por non teren ningunha escola que lles garanta o idioma do país. E todos felices?
Sen conmemoracións
Non lin nin ouvín nada sobre conmemoracións oficiais dos 40 anos da entrada en vigor da LNL. Se cadra xa hai abondas celebracións este ano. Ou se cadra unha análise rigorosa da LNL deitaría luz sobre que se puido aproveitar esta lei e non se quixo facer porque non houbo nin hai vontade política.
Certo é que ao abeiro desta lei houbo tímidos avances, e en 2004 mesmo se aprobou por unanimidade un Plan xeral de normalización lingüística elaborado durante anos por 200 especialistas e ignorado logo con prepotencia polos gobernos de Feixoo. Cunha LNL desaproveitada, o retroceso social do idioma nestes 40 anos foi implacable e, coa política lingüística da Xunta actual e a pasividade caladiña de certa intelectualidade galega, imparable.
"Biligüismo bueniño"
Nun país normal, despois de 40 anos cumpriría unha actualización desta norma. Daquela eu pediría unha cousa: que se suprima o artigo 13.3: “Os alumnos non poderán ser separados en centros diferentes por razón de lingua. Tamén se evitará a separación en aulas diferentes”, porque se demostrou letal para a lingua e antagónico co 13.1. “Os nenos teñen dereito a recibir o primeiro ensino na súa lingua materna”.
Para lles garantirmos aos nosos pequenos o dereito a un ensino e a primeira socialización na súa lingua, non os podemos deixar “diluír lingüisticamente” nas contornas onde o castelán é a lingua única/maioritaria. Todos coñecemos centos de casos de crianzas que abandonan o galego aos poucos meses de escolarización. O sistema actual de “bilingüismo bueniño” non garante a conservación nin a adquisición fluída do idioma nos nosos fillos. A LNL quere revisada.
Isto que pido non é ningunha arroutada, é o que lle vén pedindo o Consello de Europa á Xunta desde hai 25 anos: garantir un ensino na lingua minorizada para quen o desexe.
Mais a LNL tamén é medios, sanidade, xustiza, empresa administración... Interesa falar da LNL? Ou todo se nos irá en centenarios, fotos, inauguracións, sorrisos e discursos quedabéns de ganchete dos verdugos do idioma que, coma sempre, fagocitarán mediaticamente a iniciativa, o esforzo e a ilusión patriótica de tanta xente que cre no país? Falamos da LNL ou non convén?
Trinta e tres anos despois da entrada en vigor da Lei do uso do galego como lingua oficial das entidades locais, no Concello da Coruña vimos de aprobar a ordenanza para o uso da lingua galega poñendo así fin a unha anomalía histórica. Somos a derradeira das grandes cidades galegas en dar este paso, Vigo e Santiago aprobaron as súas ordenanzas en 1988, Ferrol no 97, Ourense no 98, Pontevedra no 2004 e Lugo no 2012.
María Pilar García Negro, sobre a enquisa do IGE sobre o estado social do galego, no Sermos Galiza:
Unha primeira consideración: nun contexto diglósico, como o galego, lingua declarada non é equivalente a lingua real. Falar “só” galego ou máis galego que español, para moitos falantes, significa practicalo, por continuidade ambiental, no ámbito familiar-privado, sen cuestionaren o cambio de idioma noutros espazos e funcións. Isto é, a “naturalidade” do uso do español con interlocutores descoñecidos ou lugares e funcións sociais e públicos non se advirte. Véxase como os mesmos suxeitos entrevistados recoñecen este cambio cando se dirixen ao médico, aos profesores, ás administracións públicas, á banca, ao comercio ou no lugar de traballo.
Cunha campaña de visibilización do euskera, o goberno vasco celebra este ano o Día Internacional do Euskera. Ofrécenlle a rúa aos euskaldun berris,aos neofalantes, que son os que fan que o euskera siga latendo. Esta xornada vese potlenciada porque tamén se celebra o 30 aniversario da promulgación da súa Lei de Normalización
Entre as accións previas para a celebración realizouse a lectura, en voz alta, dun comunicado no que se pedía que se levara o euskera do corazón aos beizos.
Na campaña destacan que o número de euskaldun berris era de 255.900 persoas, o 36,6% da poboación. Fronte a un 0,5% da poboación euskaldun zahar, isto é, falantes de euskera desde cativos, a cantidade de neofalantes é enorme. A chamada que se fai desde esta campaña é a que mostren orgullosos o seu coñecemento da lingua vasca pois con estas cifras está claro que o futuro desta lingua está nos incorporados nos últimos anos. Isto tamén nos recorda que o galego é a única lingua peninsular que perdeu falantes. Velaí que, se noutros territorios se aplicaron políticas normalizadoras, en Galicia o que houbo foi unha política exterminadora da lingua da terra.
A Lei de Normalización Lingüística galega tamén fixera 30 anos no 2013 cun destacado silencio institucional. O Sermos Galiza fixera unha pedira un balance a varios especialistas que non estaría mal recordar: [1] e [2]
Coa lembranza activa de Rosalía, ás portas de conmemorarmos o centenario das Irmandades da Fala, e tras avaliarmos o escaso nivel de cumprimento dos principais acordos a respecto da nosa lingua, concretados no Informe sobre o cumprimento do PXNLG, no Relatorio sobre o incumprimento da Carta Europea das Linguas ou na recente denuncia sobre a vulneración de dereitos lingüísticos presentada no Consello de Dereitos Humanos da ONU, na Mesa pola Normalización Lingüística decidimos dar un paso á fronte e impulsar, sen exclusións de ningún tipo, unha Declaraciónde unidade a prol da normalización da lingua galega, finalmente asinada pola inmensa maioría dos partidos actuantes en Galiza.
Días atrás producíase un enfrontamento dialéctico entre o goberno da Xunta de Galiza e as tres universidades galegas a respecto da lingua galega. O actual presidente da RAG, Alonso Montero, terzaba no conflito dicindo algo máis ou menos así: “O Partido Popular non veu ao mundo para salvar a lingua galega”. E razón non lle faltaba ao egrexio profesor. Non é propósito ou cometido seu, o de velar nin, moito menos, o de pular ou promover o uso e extensión da lingua galega. Non está dentro do seu programa. Ben ao contrario. Nunha actitude sen precedentes, e arrogándose o papel de xusticeiro valedor do que no seu programa disque prometera, asumiu o que a organización galegófoba, Galicia Bilingüe, lle exixía. O tal pretexto veu provocar a ruptura do pacto social habido até ese instante: o da implantación a partes iguais –galego e español– no ensino obrigatorio, que ficou derrogada dun plumazo. Impúxose, pois, o chamado Decreto de Plurilingüismo, para falsamente aplicar un 33’3% de galego, español e un terceiro idioma tan oficial do Estado, así como autonómico, como é o inglés no sistema educativo.
Cando eu era neno, naquelas autárquicos anos cincuenta, aos rapaces gustábanos coleccionar ovos de paxaro. Ben sei que desde a perspectiva de hoxe era un costume bárbaro e rexeitable, mais naqueles anos viviámolo como algo natural. Para conservar os ovos, tan fráxiles, depositabámolos nunha caixa de cartón, das dos zapatos, chea de farelo ou de serraduras da madeira. Pero antes, para que non podrecesen, faciámoslles aos ovos dous diminutos buratos cunha agulla, un en cada extremo; despois, soprabamos por un deles e todo o contido do ovo ía caendo polo outro, ata quedar baleiro por completo. Así, aqueles ovos tan fráxiles e fermosos que gardabamos entre o farelo, non eran máis que cascas, envoltorios brillantes e atractivos que só contiñan o baleiro no seu interior.
Carlos Callón, Isabel Vaquero, Henrique Monteagudo, Xosé Ramón Freixeiro Mato, Socorro García Conde e Nel Vidal fan unha valoración para Sermos Galiza ([1] e [2]) con motivo do 30 aniversario da promulgación da Lei de Normalización Lingüística (LNL).
Nos 30 anos que leva de camiño a Lei de Normalización Lingüística (LNL), o decreto 79/2010, tamén chamado do plurilingüismo, representa o maior retroceso nas políticas de normalización da lingua galega. Non está de moda poñer a ese decreto en cuestión pero iso non implica que se anulara a súa carga de nocividade. Todo o contrario. Esta aparente normalidade vai aparellada á institucionalización do proceso contrario á normalización: a promoción da substitución lingüística.
Teñamos a prudencia necesaria. Diso estamos avisados.Ollo ao que nos queren meter. El algo buscan para tornar a auga para eles.Falo da man tendida ( que nós non mordemos, que somos outra cousa). Falo así do noso idioma, da nosa Lingua Galega. De princípio dicir que a normalización da nosa Lingua ( a galega para que non haxa medias tintas) é tamén primordialmente unha cuestión política xa que mesmo…que é tamén , si, esa Secretaría Xeral de…cargada de orzamento…?
Viaxo en tren á casa camiño desa Compostela para min sempre de ida e volta. Unha xornada completa a escoitar palabras, testemuños, experiencias colectivas que falan de vida escolar e linguas, porque pouco antes concluían os XIV Encontros para a normalización lingüística, un foro referencial de análise, reflexión e debate ao redor da evolución sociolingüística do país, que dirixiran este ano a súa focaxe cara as luces e sombras deitadas, transcorridos xa trinta anos da aprobación por unanimidade da Lei de normalización lingüística.