Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







Amosando publicacións coa etiqueta lusismo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta lusismo. Amosar todas as publicacións

sábado, 21 de xaneiro de 2012

Imposicións nun hospital

O pasado martes 16 un doente ten que cubrir un impreso. Trátase dun consentimento para o tratamento dos datos persoais como paso previo a unha intervención cirúrxica. Danllo en castelán. Sempre o dan en castelán. É a imposición da normalidade. O normal, en Galicia, é que che den todo en castelán.
O doente solicita que llo entreguen en galego, pois polo menos debería ser normal que ao solicitalo, non tivera problemas. Pero hainos. Sempre  os hai. É a imposición da anormalidade. O anormal, en Galicia, é que cando pidas que cho dean en galego, obteñas o que pides.
A cousa vai así. Se preguntas polo documento, dancho en castelán. Se dis que o ques en galego, non che dan un papel. Danche un problema.
"Si lo quieres en gallego vas tener que esperar". "Y total, que más te da". Son respostas habituais. É a normalidade da anormalide. Desta vez o argumento, foi "legalmente no tenemos obligación de disponer del consentimiento en gallego". E aínda bo foi. Porque ben podían espetarlle: "no nos vengas con imposiciones" ou, aínda peor. Todo se pode empeorar:  "vosotros, los separatistas, por que no os marchais a que os operen en Portugal?".
Menos mal que nos queda Portugal, porque senón nin terían lugar a onde mandarnos.
Río por non chorar porque o conto éche ben triste e o caso, moi serio.

Ver: CiberIrmandade  e A Mesa
P.S.: Relato completo do caso, outra vez na  [1] e [2]