Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







Amosando publicacións coa etiqueta Isabel G. Couso. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Isabel G. Couso. Amosar todas as publicacións

venres, 13 de abril de 2012

Apréndeo, aténdeo, ascéndeo, deféndeo?

por Isabel G. Couso en Letra en obras:


Hoxe aproveito este recuncho de opinión para facer un convite. Convídovos a escoitar, criticamente, durante uns 20 minutos a Radio Galega (escóllase o horario que máis conveña á rutina de cada quen). Aposto a que nese longo período de tempo haberá, polo menos, unha persoa falando castelán. E non perdo o desafío, abofé.