Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







Amosando publicacións coa etiqueta eurovisión. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta eurovisión. Amosar todas as publicacións

sábado, 15 de xaneiro de 2022

Les llingües minorizaes y Eurovisión

 

Neste vídeo Damián Barreiro dá mostras dunha enorme erudición no tema das linguas en Eurovisión. Nesta excelente confefrencia podémonos enterar de que nalgún momento da súa historia, o hebreo, o irlandés, o catalán, o serbio, o portugués, o romanche, o corso, o u obretón, Alén diso Damián relátanos moitas máis curiosidades, como cando Lucía Pérez, despois da súa actuación saudou ao público en galego.

venres, 10 de setembro de 2021

Unha figa para Eurovisión

As Tanxugueiras con esta canción, Figa, foron as preferidas dos eurofans para o certame eurovisivo do 2022. Unha mágoa que o tema non poida participar no certame que depende en exclusiva de RTVE. Cousas de non termos nós a mans no timón do noso barco.

sábado, 10 de maio de 2014

Eurovisión, globalización e linguas minorizadas

por Francisco Fernández Rei, membro da cerna de Prolingua, nas Voces de Prolingua:


A comezos do pasado mes de marzo a prensa informou dunha carta privada do presidente da Real Academia Española (RAE) ó presidente da compañía RTVE en que lle manifestaba que no plenario da institución provocara “desconformidade e certa inquedanza” que se elixise unha canción cantada parcialmente en inglés para representar a España no Festival de Eurovisión. Trátase de Dancing in the rain, que escolleron os espectadores de TVE e un xurado profesional e que a murciana Ruth Lorenzo interpretará na gala eurovisiva do 10 de maio en Copenhagen.
Segundo fontes afins á RAE, a institución quixo “ser discreta”, pero non podía deixar pasar “un feito así” porque o español é unha lingua que falan 500 millóns de persoas e porque o emprego do inglés nesa canción sorprendeu nalgúns países latinoamericanos, que se dirixiron á Academia para saber se ía manifestarse verbo diso.