Este martes pasado, 9 de marzo, presentáronse en rolda de prensa os catro novos volumes da colección “Terra nomeada”. Trátase dunha serie editada pola RAG, en colaboración coa Sociedade Galega de Onomástica, cuxo obxectivo é dar a coñecer á poboación a orixe da nosa toponimia. Xulia Marqués é a autora do volume centrado no concello de Trabada; Xosé Ramón López Boullón, ocupáse de Ames; Paulo Martínez Lema , de Begonte e Rábade; e Fernando Cabeza Quiles, da Estrada.
Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
Amosando publicacións coa etiqueta AGON b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta AGON b>. Amosar todas as publicacións
venres, 19 de abril de 2019
Non todos somos iguais
por Clara Iglesias Cortizo, en Tabeirós-Montes:
sábado, 2 de xuño de 2012
A falacia da forma *Riveira
Sorprendeume ver neste preciso artigo da Asociación Galega de Onomástica (AGON) unha foto dun cartel que hai pouco puxera no meu blogue denunciando isto mesmo: a zunia do goberno deste concello, empeñado en destrozar o seu topónimo. Eu teño o convencemento de que se desde a Xunta non se protexera este tipo de condutas, as cousas volverían polo seu rego. Precisamente o cartel en cuestión está asinado pola Rede de Dinamización Lingüística, organismo dependente da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Non se se me explico.
Reproduzo o artigo de AGON:
Reproduzo o artigo de AGON:
En setembro de 1984 a Xunta de Galicia publica o decreto polo que se establece o procedemento para a fixación ou recuperación da toponimia de Galicia. En 2003 rematouse finalmente a normalización de todas as entidades de poboación galegas, logo de pasar por distintas fases que se iniciaron coa oficialización dos nomes dos concellos, a maioría xa no ano 1985.
Algúns casos, coma os das Pobras, foron polémicos. Outros nomes aínda merecen hoxe unha revisión, coma o caso da Cañiza (A Caniza) e o de Riós (Os Riós~Orriós). E isto só por falar dos nomes dos concellos.
Con todo chama a atención o caso de Ribeira, un asunto de insubmisión permanente ante a grafía correcta xa desde os primeiros momentos da oficialización do nome por parte da Comisión de Toponimia da Xunta de Galicia.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

