Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







Amosando publicacións coa etiqueta homenaxe. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta homenaxe. Amosar todas as publicacións

mércores, 19 de agosto de 2020

Xabier P. d Docampo na voz da amizade

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) e a Asociación Cultural Alexandre Bóveda organizaron unha homenaxe ao escritor Xabier P DoCampo, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil e unha das voces máis singulares e galardonadas, o 29 de maio no teatro Rosalía Castro da Coruña. 

O acto foi presentado por Yolanda Castaño. Interviron: Ensino: Alfonso García Sanmartín, Xavier Senín e Fina Casalderrey. Activismo: Suso de Toro, Xosé Manuel Pereiro e Manuel Bragado. Literatura: Paco Martín, Mª Xesús Fernández, Xosé Cobas e María Canosa. O relato oral: Paula Carballeira. E a música na voz de Miro Casabella. Lectura da súa obra por parte de Daniel Laxe, Leire Bonome e Uxía López.

venres, 14 de xuño de 2019

ProLingua fondeou ha homenaxe a Xabier P. Docampo

por Francisco Fernández Rei, nas Voces de ProLingua:


1. O necesario PXNLG e a súa incipiente aplicación

A ausencia dun plan integral de normalización, a alarmante caída na transmisión familiar e a perda xeral de falantes, sobre todo na mocidade urbana, motivaron que o goberno do Partido Popular de Fraga Iribarne iniciase no 2002 a redacción do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega (PXNLG), nun proceso aberto, consensuado e participativo, ó que lle puxo ramo o Parlamento de Galicia o 22 de setembro do 2004 ó aprobáreno por unanimidade os tres grupos da cámara (populares, socialistas e nacionalistas). O primeiro obxectivo xeral dese Plan era “garantir a posibilidade de vivir en galego a quen así o desexe, sabendo que conta co amparo da lei e das institucións.”

mércores, 12 de xuño de 2019

Xabier P. Docampo na voz da amizade


Manuel Bragado xa fixo unha crónica da súa experiencia na homenaxe que a AELG e Asociación Cultural Alexandre Bóveda lle fiseron a Xabier DoCampo, "primeiro ao pé da súa casa, onde se descubriu unha placa, e máis tarde cunha velada literaria no Teatro Rosalía de Castro". Aínda que nunca é o mesmo vivilo que velo nun vídeo, non sobra este vídeo para os que non estivemos presentes nesa xornada. Moita xente, moitas voces, todas intentando devolver unha parte da amizade coa que Xabier Docampo os desbordou a todos.

mércores, 29 de maio de 2019

O mestre das viaxes imaxinarias

O vindeiro 4 de xuño, na Biblioteca Ánxel Casal de Santiago de Compostela celebrarase unha homenaxe a Xabier P. Docampo. Como o acto máis sublime de amor, segundo o propio escritor, era contar unha historia, nesta homenaxe fase unha lectura colectiva de fragmentos extraídos da súa obra.

mércores, 8 de marzo de 2017

No centenario da morte de Eduardo Pondal

Como a Consellería de Cultura e Educación, e en xeral a Xunta, desprezaron a celebración do centenario de Pondal, non queda máis remdio que botar man dos recursos de  quen si se acorda del. Neste pequeno vídeo temos a Sabela, lendo Meniñas da Cruña, tirado do facebook da Fundación Eduardo Pondal

Suso, do facebook da Fundación Eduardo Pondal



martes, 7 de marzo de 2017

Homenaxe a Agustín Fernández Paz en Ferrol: A banda da Loba



O 17 de febreiro pasado celebrouse no Auditorio de Ferrol unha gala para homenaxear a Agustín Fernández Paz na que participaron artistas como Guadi Galego, María Manuela, Xabier Díaz, BellónMaceiras, Mini e Mero, Miro Casabella e A banda da Loba. Deste último grupo son as actuacións que recollo aquí.


xoves, 23 de febreiro de 2017

Sebastián Martínez-Risco por Isabel Risco e Manuel María por Xurxo Souto



Con ese seu estilo atropelado na forma de falar, achegamos aquí a intervención da actriz Isabel Risco no acto de homenaxe a Sebastián Martínez-Risco, que se celebrou no nº 11 da rúa Tabernas da Coruña o pasado día 1/01/17.
Últimamente na RAG están acertando coa subida de vídeos á súa canle nos que se nos ofrece unha cara máis divertida, e polo tanto, de achegamento á sociedade. Estou facendo referencia a este outro vídeo, no simposio Manuel María, no que Xurxo Souto puxo a cantar a todos os presentes o poema do poeta chairego:



Máis:

xoves, 1 de decembro de 2016

O mestre Don Olimpio

por David Otero, en Tabeirós Montes:

Esencialmente e fundamentalmente foi mestre. Toda a súa actividade, facer e creación, estivo presidida pola sustantividade da educación. Non foi un simple funcionario do ensino. Viviu a educación como xeito de abrir camiños, de alumar vidas e horizontes, e establecendo na liberdade a pluralidade de referentes para conductas e actitudes que consolidan o sentir liberdade. Sempre mantivo a idea de levar consigo, a carón e nunca en fronte, a persoas, a nenas e nenos, a mozas e mozos, e non simplemente alumnado. Por iso el mesmo nesa tarefa común compartida, ensinando, aprendeu dúas veces. As mellores competencias.

mércores, 15 de maio de 2013

Don Avelino Pousa Antelo

por David Otero, no Sermos Galiza:


O día catorce deste mes das nosas letras ( ao ir de Roberto Vidal Bolaño), así como tamén lle atinxe a Chuchiño o fillo de Virxínia Pereiras e de Daniel Castelao, fanse 99 anos de vida de Don Avelino Pousa Antelo ( dicir disto que 98 anos en animosa andadura en clave de resistencia e case que un xa en viaxe para térmolo sempre en nós e connosco).Si, serán noventa e nove anos que debemos ter en presenza e así sen dúbida na nosa memoria ( que é dicir lealdade) e na nosa admiración ( que son afectos militantes). Lucho do Peto, como así lle chamaban na súa casa da Baña de Negreira ( casa con Peto das ánimas) , Lucho de neno, e asemade quen o queríamos e compartíamos tanto de tanto, permanece como un referente necesario na nosa historia e no noso futuro desenvolvemento nacional. O seu estar aquí ( e digo Galicia) foi de traballo e de intencións coherentes a prol de facermos unha Galicia de seu e determinada. Interviu niso con ánimos e entregas a distintas intensidades consonte aos momentos, limitacións, e tempos que lle tocou apandar. Non o tivo doado que se diga. Nunca renunciou ao seu ser galeguista ( na referencia do PG fundacional).

luns, 1 de novembro de 2010

100 anos de Carvalho Calero

Onte conmemorouse o centenario do nacemento de Calvalho Calero. Unha vez máis volveu a suceder, os actos pola súa memoria foros esquencidos polas institucións unha vez máis. O principal acto do día foi a inauguración dun monumento conmemorativo na Rúa Xoán Carlos I de Santiago foi promovido pola Fundación Meendinho. Presentou Margarida Martins, da F. Meendinho, e interviron membros das tres universidades galegas, o presidente da AGLP, José Martinho Montero Santalha; o presidente da ASPGP, José Paz Rodriguez; o presidente da AGAL, Valentim Rodrigues Fagim.
O monumento é de Xosé Molares. Ao pé da estatua inscribíronse unhas palabras significativas das ideas sobre a lingua de Ricardo Carvalho Calero: "A fala da Galiza, o portugués de Portugal, o portugués de Brasil e o portugués dos distintos territorios lusófonos forman un único diasistema lingüístico coñecido entre nós popularmente como galego e internacionalmente como portugués".

Inauguración do monumento a Carvalho Calero en Compostela from Fundación Bautista Álvarez on Vimeo.