“Erguer unha patria asoballada,
reconstruír unha lingua escarnecida”
(Méndez Ferrín, Crónica de nós, p. 34)
A insistente gota que unha e outra vez se esnafra na rocha pode chegar a fendela. Ocorre outro tanto coa velaíña creación de conciencia da transcendental valía da lingua comunal no xurdimento e afianzamento do ser dos pobos. Galicia é sen dúbida un pobo de seu, con secular lingua, cultura e historia propias. Por deformadas, ameazadas e agachadas que en si mesmas estas poidan estar. Cómpre, pois, sermos gotas. Ou, mellor, sermos, cadaquén e todas a unha, podente cachoeira que destrúa os obstáculos que se opoñen á liberación da nosa lingua, da nosa cultura, do noso propio ser.
Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
Amosando publicacións coa etiqueta Manuel Cabada Castro b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Manuel Cabada Castro b>. Amosar todas as publicacións
martes, 5 de novembro de 2019
Máis unha vez. A lingua decide
por Manuel Cabada Castro en Terra e Tempo:
domingo, 11 de marzo de 2018
"Os nomes da Estrada" por David Otero, Calros Solla e Manuel Cabada
Antonte a Asociación Cultural Vagalumes organizou unha gorentosa velada para acoller a presentación do libro "Os nomes da Estrada" (Edicións Fervenza, 2018) da autoría de Clara Iglesias Cortizo, sobre a toponimia maior do concello.
Aínda que os medios de comunicación deron fe do acto, [1, 2], non achegaron ningunha nota do que realmente aconteceu no local de Abanca na tardiña do 09/02/18.
O primeiro en intervir foi David Otero. A súa presenza é sempre unha garantía de dinamismo pois todos coñecemos e coñecémonos, tal e como diría el, nese volcán de palabras coas que nos regala en cada presentación.
David Otero falounos do pensar dun pobo, que se materializaba nas follas do libro que tiña entre as mans, "Os nomes da Estrada" e corporizou os nomes da súa Compostela natal. Os outros intervintes habían de facer o mesmo, referirse ao topónimo do seu lugar de nacemento. Tal é a forza da terra que nos dá á vida.
Calros Solla referiuse en repetidas veces á súa Abeleira natal. A súa intervención merecía ser recollida en papel para poder gozar dunha lectura demorada. Por momentos parecía un poema: "noméote para que existas, ármote coa vareta máxica da palabra. Un ermo é aínda máis ermo cando do difunto leva á microtoponimia para o outro mundo. Cando unha lingua morre, un ecosistema desaparece con ela"
Manuel Cabada destacou que o libro que estaba a presentar dignificaba as parroquias e lugares nos que nacemos, vivimos ou finamos. El é natural de Sabucedo, a única das 51 parroquias que non ten máis que un lugar. O topónimo desta parroquia procede do nome dunha árbore, o sabugueiro, que se daba no lugar. Cabada referiu a historia dun bispo non galego de Compostela (a maioría non foron galegos) que nalgún documento antigo cambiara este nome polo castelanizado *Sauquedo. A colonización política e eclesiástica castelanizaba sen máis tanto seres vivos como entes inanimados.

mércores, 19 de abril de 2017
Un respecto pola lingua e polos sufridos lectores!
por Manuel Cabada Castro, recollido do Xornal de Tabeirós-Terra de Montes:
Non quero desde logo fachendear aquí pola miña parte de utilizar correctamente a propia lingua, a galega, aquela que utilizo agora para me queixar do desleixo co que máis dunha vez se trata a lingua galega nalgúns xornais que se editan en Galicia. Non exclúo, polo tanto, que alguén me poida replicar co vello adaxio latino de “medice, cura te ipsum”...
venres, 11 de decembro de 2015
A interesada estratexia da amabilidade lingüística
por Manuel Cabada, en Terra e Tempo:
Non fai falla abrir moito os ollos ou aguzar os ouvidos para se dar de conta do uso que fan certos políticos da denominada amabilidade ou cortesía lingüísticas para manter o prolongado statu quo da posición subalterna da lingua galega no seu propio territorio de orixe, é dicir, alí onde ela, en cuanto lingua propia do país, debería ter o seu lugar natural e indiscutíbel.
luns, 27 de abril de 2015
Palabras náufragas
por Manuel Cabada Castro, no Faro de Vigo, dando a coñecer a iniciativa da AELG chamada "Palabras con memoria" elaborada Isidro Novo e que comenzou a publicarse no semanario Sermos Galiza a partir do número 140.
A crise na que se atopa a lingua galega, creación e expresión de todo un pobo, merece desde logo a atención e preocupación de cantos se decatan, aínda que sexa minimamente, da transcendental importancia da súa conservación e utilización. Ámbolas dúas cousas -conservación e utilización- condiciónanse mutuamente. Pois de pouco vale, se non é para simple lecer de historiadores e eruditos, unha lingua que só se poida atopar en vellos libros ou na lembranza esmorecente da xente maior que vai morrendo. Conservaríase, mais como algo pasado, como algo morto. Unha lingua non utilizada é unha lingua morta, por moi fermosos que sexan os monumentos mortuorios que os estudosos poidan erguer sobre ela na súa lembranza. Pois ben, falando de xente maior (pertenzo a tal gremio), velaquí xustamente onde hai urxencias que atender.
venres, 6 de marzo de 2015
Lingua galega minorada
por Manuel Cabada Castro, no Faro de Vigo:
Estase a falar nestes días da delicada situación da nosa lingua galega, a única propia de Galicia. Danse nesta problemática diversas dimensións que se entrecruzan e non resulta doado deslindar unhas das outras.
domingo, 26 de outubro de 2014
Outros roubos, os das linguas
carta ao director de Manuel Cabada Castro no Faro de Vigo:
Hai xa algúns anos publicouse en Galiza un libro no que un capítulo leva como título "O ladrón das palabras", unha alegoría da situación de linguas dependentes ou subordinadas coma o galego. Chamoume a atención porque coido que dá no albo. Ese ladrón estranxeiro do que alí se fala que, cun coitelo ó cinto e un dente de ouro, se foi apoderando das palabras dun país que non era o seu fai referencia naturalmente á historia, aínda viva e presente, do país galego e da súa lingua. Por outra banda, só hai poucos días os xornais deron a nova, que en realidade tiña pouco de nova, de que o galego continúa co freo ou coa marcha atrás posta no seu desenvolvemento en relación co castelán. Non deixa de ser curiosa e sorprendente, porén, a diversidade no modo de apreciar este tipo de inxustas situacións lingüísticas e culturais se as comparamos con outras, igualmente inxustas, que están tamén de actualidade. Prodúcenos efectivamente noxo, e con razón, o conto de nunca acabar dos presuntos roubos ou atracos con guante branco que determinadas altas personalidades do mundo político ou económico presuntamente teñen perpetrado en detrimento dos lexítimos dereitos dos demais. É tamén moi comprensíbel a repulsa que, hai xa algo máis, se produciu tamén respecto de certas persoas que chegaron a apoderarse de nenos acabados de nacer para dárllelos fraudulentamente a outros pais. Roubos de diñeiro ou de persoas a costa dos perdedores silenciosos ou silenciados. Mais tamén as palabras dun país en posesión da súa propia lingua e cultura, é dicir, as palabras nas que se contén e se expresa o específico modo de vivir e de entender o mundo de todo un pobo poden ser obxecto de depredación e espoliación.
sábado, 26 de xullo de 2014
Día de Galicia e o galego na igrexa (25 xullo 2014)
por Manuel Cabada Castro en Tabeirós Montes
Con motivo da celebración conxunta hoxe da festividade de Santiago Apóstolo e do Día de Galiza, é case obrigado que lembremos algunhas cousas sobre a importancia de que a nosa igrexa galega, é dicir, tódolos cristiáns galegos, saibamos incardinarnos ben na terra e no país no que, pola graza de Deus, nacemos ou vivimos.
xoves, 26 de xuño de 2014
Castelao non é un poeta
por Manuel Cabada Castro no Faro de Vigo:
Co tema do novo rei Filipe VI estamos a recibir informacións das que cómpre tomar nota. Dalgunhas non tiña ata agora noticia ningunha. Lin, por exemplo, hai algúns días sobre o seu programático discurso de comezo do seu reinado un comentario escrito nun diario de gran tirada, que se pode ler tamén en Galicia, e atopeime sorprendido coa seguinte aseveración:
martes, 3 de xuño de 2014
Letras Galegas en Vigo
por Manuel Cabada Castro no Faro de Vigo:
No mediodía do último 17 de maio, Día das Letras Galegas, participei con outros grupos de persoas, bandeiras, gaitas e pandeiros na multicolor riada humana que baixaba da Vía Norte de Vigo ata o seu relanzo pacífico, mais fervente de proclamas e paixóns patrióticas, onda o Marco.
luns, 7 de abril de 2014
O galego no seu sitio
por Manuel Cabada Castro, en Tabeirós Montes:
Véñome decatando disto dende hai certo tempo, aínda que para a súa constatación non fai falla abrir moito os ollos. Non se trata só de que nun país como o galego os xornais en papel que un pode follear estean publicados de maneira practicamente íntegra nunha lingua que non é a nosa ou “de noso”, tal como algo eufemisticamente se di. Tan acostumados estamos a esa situación que xa parece normal. É verdade que algún pequeno artigo ou algunha que outra cativa carta ó director -como a que benevolamente podo publicar agora neste xornal (posiblemente non noutros)- se poden atopar neles escritos na lingua propia do país. Mais iso non parece, porén, apuntar a outra cousa senón á xenerosa e compracente liberalidade, que sempre é de agradecer (as cousas como son!), dos xerentes dos xornais. Amósanse así eles suficientemente amplos, espléndidos e magnánimos para daren tamén entrada nos seus xornais, por modesta ou exigua que sexa, á lingua do país. En realidade, non nos deberiamos queixar. Os xornais non fan senón reflectir a historia, vergoñenta ou non, agachada ou non, do país no que están. Aínda que, en calquera caso, continúan a ser tamén vehículos da mesma.

luns, 4 de febreiro de 2013
O galego, o último mohicano?
por Manuel Cabada Castro, nas Cartas ao Director do Faro de Vigo:
Cando era rapaz e vivía e soñaba nunha desas tantas, pobres mais encantadas, aldeas da Galiza interior, sabiamos ben que en certos lugares (como na escola, na igrexa ou na distante vila do concello) e con determinadas persoas chamadas importantes había que falar en castelán. Non sabiamos por que, pero así era a cousa. Incluso algúns nos dicían alí que o galego era feo, que o bonito era o castelán. Quizais por iso as rapazas, para sabérense guapas aínda que o fosen xa abondo, emitían aquí e alá, alomenos se tiñan xa noivo, algunha que outra frase en castelán. Como os pais querían moito ós seu cativos procurábanlles falar tamén en castelán, por torpe que fose (e aínda o fan agora; e mira que pasaron anos!). O caso é que a vida seguiu e algún que outro dictador deixou de seguir. E andei fóra, como tantos outros. Aprendín a vivir fóra do meu país, en España e noutros países europeos. Mergulleime nas súas linguas e no seu modo de pensar e de vivir. E gustábame coñecer e convivir con outras culturas. Isto durante moito tempo, que non foi só cousa de vinte ou trinta anos... Cando despois empecei a volver máis a miúdo por Galiza resulta que eu seguín a facer o mesmo que facía fóra dela: mergullarme a fondo e ledamente en cada concreta cultura onde vivise. Xa se podía estudar o galego na escola. Semellaba xa que o galego non era tan feo. En calquera caso, cando unha vez nun deses sitios nos que non se debía falar galego rompín co tabú (éravos aínda no ano 1963) e falei coma se estivese na casa ou na rúa, ocorreu unha cousa da que ben me lembro: toda a rapazada (boa e transparente ela!) botouse a rir cunha espontaneidade insospeitada, como eu nunca vira.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)