Hai cousa dun mes fun facer os exames de español para estranxeir@s, obrigatorios para quen queira solicitar a nacionalidade española. Durante a pausa, aproveitei para falar un pouco con algunhas das outras persoas inscritas e fiquei francamente abraiado coa actitude dunha delas, que xa levaba varios anos asentada en Lugo.
Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
Amosando publicacións coa etiqueta Robert Neal Baxter b>. Amosar todas as publicacións

martes, 6 de agosto de 2019
Odio el gallego
por Robert Neal Baxter en Terra e Tempo:
xoves, 5 de outubro de 2017
Lonxe de ser unha lingua como calquer outra que se pode aprender, o galego sería unha anomalía lingüística que seica hai que mamar desde o berce porque –como teño escoitado– “el gallego de verdá lo hay que mamar”. Este retrouso que se ouve amiúdo forma parte da mitoloxía que se erixe ao redor da figura da ‘falante nativa’, un ser mítico que tivo a boa sorte de zugar a ambrosía lingüística directamente da teta de súa mai, dando todo o seu significado ao termo ‘lingua materna’. Máis adiante, poderá cuspilo e renegar del, pasando a falar sempre a lingua do imperio que nos coloniza, por obriga directa ou por coerción, pois ninguén abandona a súa lingua por vontade propria na súa terra. Mais, sexa como for, sempre será unha ‘paleofalante’, á diferenza desta subespecie inferior que o tivo que aprender nos libros, a denominada ‘neofalante’. Antes de máis, convén lembrar que, debido ao proceso de substitución lingüística que deriva da doma e castración do País, non todas as persoas que viven na Galiza tiveron a sorte de nasceren e seren criadas nun ambiente galegofalante. Certamente, ten o seu mérito a falante nativa que mantén a súa lingua nun ambiente lingüisticamente hostil, empapado de español na escola, nos medios... Mais non menos mérito ten aquela persoa que, veña de onde viñer, chega a unha tomada de consciencia lingüística que a empurra a aprender e a utilizar o galego como lingua, adoptando unha práctica monolingüe nun entorno onde apenas se ouve falar galego, sobretodo entre a mocidade. Pois, encanto que a adquisición espontánea se pode vivir sen cuestionala ou mesmo valorala, podéndose aceitar ou rexeitar como calquer dádiva, a tomada de consciencia que implica para un neofalante pasar a ser galegofalante na práctica diaria estriba nun compromiso que tende a levar habitualmente a un activismo lingüísticos, o que non significa que non haxa tamén moitos e moitas falantes nativas activistas. Infelizmente, acontece que nos núcleos máis urbanos, xa en 1998, varias investigadoras alertaron que “a situación do galego no ámbito urbano ou semiurbano é case agónica, encanto que no ámbito rural perde posicións cunha rapidez alarmante”. Os datos máis recentes que recolle o Mapa Sociolingüístico de Galicia (2004) non só confirma esta tendencia, mais indica que se exacerba de xeito alarmante. O quid do problema radica en que hoxe por hoxe, sen renegarmos do rural, cumpre recoñecer que a populación se vai concentrando nas urbes. Apoiándose en La lengua materna en los espacios urbanos gallegos (M.A. Fernández, 1993), as mesmas investigadoras indican que “87 % do crescimento demográfico no século actual corresponde às cabeceiras urbanas. A populación radicada nas sete áreas urbanas galegas representa máis de 40 % do total, encanto que en 1900 representaba só 9,8 %. Portanto, [...] o facto de que nos ámbitos rurais existan aínda altas percentaxes de galegófonos habituais non supón unha grande esperanza a respeito do futuro mantemento da lingua.” Sen unha recuperación do galego nas cidades, pois, o fado do galego fica claro. E quen alza a bandeira do galego nos centros urbanos son, na maioría, neofalantes. Por esta razón, calquer mostra de neofalantofobía divide as falantes e non fai máis do que facer o xogo à penetración do español, debilitando a xa de por si precaria presenza do galego, axudando a facelo desaparecer, en vez de reforzalo para se voltar a tornar a lingua nacional da Galiza inteira: de todas e todos. As únicas persoas que merecen ser obxecto de censura e burla son aquel@s profisonais –entendido como quen cobra polo seu traballo, independentemente da súa capacitación ou capacidade...– que viven do galego ou que teñen o deber de o dignificar e promover, ante todo determinad@s persoeiros do CRTVG (que non tod@s) ou determinados cargos políticos, a comezar polo proprio Presidente da Xunta, que non son quen de colocar un pronome onde corresponde ou que se dedican a espallar unha imaxe deturpada dun galego maltratado como algo aceitábel e mesmo loábel: máis xenuíno... É verdade que unha falante nativa e unha neofalante tenden a non dispor das mesmas destrezas e recursos lingüísticos, mais o galego pode aprenderse como calquer outra lingua, cunha dedicación e empeño a aprenderse ben e procurar mellorar sempre, embora é moi fácil caír nos estereótipos, ao caricaturizar tanto as unhas como as outras. Por un lado, o tópico do paradoxo da ‘falante nativa’ como depositaria dun galego verdadeiro dun tempo dourado, mais que recorre a españolismos como abuelo, calle ou ghuevos como mostras de autenticidade, dun ghallegho auténtico. Polo outro, a neofalante incapaz de pronunciar o ene velar característico do galego, nen de distinguir máis que as cinco vogais do español. A realidade é máis complexa e rica. Non todas as falantes nativas castrapean e son moitas as que aman, coidan e cultivan a lingua, sen por iso renegaren do ‘seu’ galego de orixe (nen falta que fai!). Mesmo hai reintegracionistas no bastión rural do galego ‘enxebre’... Do mesmo xeito, tamén hai neofalantes competentes que gostan de mellorar e de aprender de quen fala mellor. O futuro do galego – se futuro ha de haber – pasará ineludibelmente polo encontro das diferentes falantes e as súas diferentes variantes, evitando sempre que se dilúa no mare magnum do español até o ponto de acabar sendo engulido. Talvez (ou mesmo moi probabelmente) o galego do futuro non será unha cousa pura e incorrupta, como nunca o son as linguas à medida que evolúen ao longo do tempo mediante o inevitábel contacto coas outras linguas do entorno, quéirase ou non. Ora, o que si cabe preservar é unha lingua viva e dinámica, fiel a si mesma, non unha peza de museu que se contempla mais non se toca. Temos moito a aprender as unhas das outras. A unión fai a forza e, e en vez de nos dividirmos segundo a sorte de onde nos tocou nascer, xuntas venceremos. Hai que reivindicar o galego como a inalienábel heranza de todas as galegas, incluídas aquelas a quen foi arrebatado mesmo antes de saíren ao mundo. Chegou o momento de superarmos a división entre neofalantes e paleofalantes para falarmos de galegoamantes. Porque non sobra ninguén na defensa do País e da súa lingua
por Robert Neal Baxter no Terra e Tempo:
Lonxe de ser unha lingua como calquer outra que se pode aprender, o galego sería unha anomalía lingüística que seica hai que mamar desde o berce porque –como teño escoitado– “el gallego de verdá lo hay que mamar”.
mércores, 3 de decembro de 2014
Traballar para o inglés
por Robert Neal Baxter, no Terra e Tempo:
Volto a un tema sobre o cal xa escribín hai case dous anos mais que, infelizmente, segue a ser de actualidade: a imposición do inglés como suposto mérito universal e necesidade vital maquillada de ‘internacionalismo’ e ‘plurilingüismo’.
mércores, 29 de maio de 2013
Unha ofensa que non ten nome
por Robert Neal Baxter no Terra e Tempo:
Adiviña adiviñanza: Comeza por ‘l’ e podería ser unha variedade local da lingua tibeto-birmanesa ‘naxi’ ou tamén a pronuncia que se daría na Limia ás variedades urálicas faladas polo pobo autóctono do norte da Escandinavia…
xoves, 28 de marzo de 2013
A lingua, nai do año
por Robert Neal Baxter, en Terra e Tempo:
Detrás da denominación augada e descafeinada de "día internacional da lingua materna" agóchase unha loita en defensa da lingua dun pobo fronte á tentativa por parte do Estado de impor unha lingua allea
Recentemente tiven a oportunidade de ler un proveitoso artigo de Cibrán Arxibai relativo ao Día Internacional da Lingua Materna, onde se denuncia como “Ano tras ano, a Xunta vén deturpando o significado que a UNESCO lle outorgou desde a súa institución”, por medio da publicación dunha declaración que destaca pola súa hipocrisía. Con algo máis dun mes de atraso, quero aproveitar este espazo para retomar o fío desta efeméride internacional que se celebra o 21 de febreiro, pois as reflexións que me suscitou transcenden ese día.
martes, 29 de xaneiro de 2013
English, English everywhere! O mito do inglés como necesidade vital
por Robert Neal Baxter en Terra e Tempo:
O afán desfreado de aprender inglés está a tornarse unha pandemia, unha auténtica psicose social, como se se tratase dunha pedra filosofal do suceso. Segundo un estudo da Cambridge University Press, disque un terzo d@s galeg@s estaría disposto a renunciar ao sexo durante un ano para aprender inglés.
mércores, 29 de xuño de 2011
O que bilingüismo (non) quere dicir
por Robert Neal Baxter, no Terra e Tempo:
Referinme noutro artigo á falta de precisión á hora de definir o termo 'bilingüe', un dos piares teóricos básicos sobre os que se alicerzan os argumentos de quen avoga por 'renovar' o discurso lingüístico do nacionalismo galego. No entanto, por moito que se adoite barallar o concepto de 'bilingüismo' como se se tratase dun concepto científico claramente definido, este artigo pretende demostrar que, lonxe de existir calquera consenso ao respecto, os usos reais que se fan do termo son tan plurais e diverxentes que acaba non significando absolutamente nada. Así, o leitmotiv do 'bilingüismo' deixa de valer como ferramenta para a plena normalización social do galego, que é o único que nos debería preocupar.
Ante todo, pois, cómpre distinguir entre 'comunidades bilingües' -por comodidade empregaremos aquí o termo 'bilingüe' para nos referirmos a calquera situación onde conviven máis de unha lingua- e 'individuos bilingües'.
O concepto de 'comunidade bilingüe' (por 'comunidade' enténdase 'país' ou 'estado' segundo o caso) é complexo e variado e mesmo excluínte, ao non adoitar incluír aquelas comunidades onde conviven unha variedade de linguas traídas da inmigración, independentemente do seu peso. Por exemplo, no Reino Unido 570,000 persoas falan panxabi, dez veces máis que o gaélico escocés, mais non por iso se adoita considerar un 'país bilingüe'. Tampouco se adoitan clasificar como 'comunidades bilingües' aquelas con linguas de seu sen recoñecemento oficial, como a Bretaña. É dicir, habería 'comunidades bilingües' de iure e de facto, sen que exista unha coincidencia simétrica entre ambas. Mais, aínda dentro do marco reducido das comunidades oficialmente bilingües, a concepción do que 'bilingüe' quere dicir abraia pola súa diversidade: desde unha minoría de casos onde existen varias linguas cooficiais en todo o territorio (11 na África do Sur, 4 na Suíza, etc.), até o máis frecuente de linguas cooficiais dentro dun determinado territorio reducido, como por exemplo as linguas do Estado español cuxos falantes carecen de dereitos fóra das súas respectivas Comunidades Autónomas. Nunha palabra, o concepto de 'comunidade bilingüe' é tan nebuloso que deixa de ter sentido como marco teórico útil fóra do ámbito de cada caso concreto.
Por outra banda, sería inxenuo pensar que as comunidades bilingües estean (necesariamente) compostas, ás súa vez, por individuos bilingües. Neste sentido, o caso da Bélxica é paradigmático mais, desde logo, non único: un estado composto por varias comunidades lingüísticas basicamente monolingües, onde mesmo a comunidade oficialmente bilingüe de Bruxelas, enclavada no territorio histórico de Flandres, se está a tornar cada día máis unha comunidade monolingüe francófona na práctica.
Mais o que é que se entende exactamente por 'individuo bilingüe'? A primeira observación coincide coa feita a respecto da definición excluínte de 'comunidade bilingüe'. Como por norma un individuo 'bilingüe' se entende como aquel que ten igual capacidade e dominio lingüístico en varios idiomas, non se adoita cualificar de 'bilingües' falantes non nativos, por moi ben que falen unha segunda lingua na que non foron criad@s desde pequen@s. Esta relación que se estabelece entre 'falante bilingüe' e 'falante nativo' é tanto máis importante no caso de linguas como o galego ao excluír de facto @s neofalantes, que non se consideran propiamente 'bilingües' - sempre terán eivas e lagoas, como quen escribe. Mais non nos podemos permitir o luxo de prescindirmos de quen, a todas luces, vai ser garante en grande medida do futuro do idioma. Acho infinitamente máis beneficioso -por moi pouco 'bilingües' que foren en termos de dominio lingüístico- un/ha neofalante activ@ do que cen falantes nativos bilingües potenciais que se decantan polo español como lingua habitual ou exclusiva (e que cabería activar tamén como galegofalante monolingüe).
Eis o miolo da cuestión. Non se pode falar de 'falantes bilingües' ao describir quen sabe varias idiomas mais opta por un deles. Iso é, a trampa na que caen algunhas persoas ao non distinguiren entre a capacidade potencial e o uso activo real.
Esta é a única realidade: o monolingüismo, quer en español, quer en galego. Ou unha alternancia diglósica entre ambos os monolingüismos segundo o prestixio que se lle acorde a cada unha das linguas. Talvez resulta obvio, mais cabe apuntar que, por moitas linguas que se saiban, non se pode utilizar máis de unha á vez. Un exemplo moi elocuente diso e das súas consecuencias achámolo no manifiesto/manifesto colgado na páxina oficial da acampada no Obradoiro: só un/ha militante concienciado/a se molestaría tan sequera en comprobar se existe unha versión traducida ao galego despois de ler o texto orixinal en español colgado en primeiro lugar.
Non pequemos de acomplexad@s. Hoxe máis que nunca, o nacionalismo precisa de ideas claras e de mensaxes claras de cara á sociedade no canto de discursos confusionistas de media tinta. Non podemos renunciar aos nosos principios básicos, entre os cales destaca a defensa do galego como lingua da Galiza, nun desacertado afán de fuxirmos da imaxe distorsionada de 'radicais excluíntes' que os medios españolistas pretenden impor non só na sociedade, senón tamén en nós mesm@s.
O concepto de 'bilingüe' resulta tan confuso que acaba nun sen sentido, a pesar das tentativas de concretalo con epítetos diversos, desde o 'harmónico' até o 'restitutivo'. A práctica monolingüe en galego é a única solución viábel para contrarrestar o monolingüismo español. E non se trata de excluír ninguén, senón de fomentar a instalación inclusiva do pobo galego na súa lingua patrimonial para romper coa alternancia desequilibrada entre o español e o galego que algunhas persoas denominan 'bilingüismo' e que leva inexorabelmente a un cada vez maior desgaste do galego na sociedade.
E deixemos claro que non pretendemos excluír a ninguén. Todo o contrario: para evitarmos a fractura lingüística da nación galega que queren as forzas do españolismo, defendamos a aplicación de todos os mecanismos posíbeis para que todas e todos quixeren pasarse ao galego, desde unha escolarización baseada na inmersión lingüística para corrixir as eivas provocadas polo notorio desequilibro entre o español e o galego, até a obrigatoriedade de o funcionariado público saber e usar o galego como lingua preferente cos seus contactos coa cidadanía, pasando pola defensa resoluta da utilización exclusiva da forma xenuína dos nosos topónimos en todos os ámbitos e unha radio e televisión públicas integramente en galego como contrapeso fronte ao monolingüísmo español das restantes canles. O papel do nacionalismo debe consistir en motivar a sociedade para que empregue o galego no canto do español, e defender a aplicación das medidas institucionais que vaian neste sentido. A medio e longo prazo, esta é a única 'restitución' posíbel.

venres, 29 de abril de 2011
Contar co galego
por Robert Neal Baxter, en Terra e Tempo, quen lle botou o ollo a un artigo no que se funden as matemáticas e a sociolingüística. Lembrarei que xa tratamos o tema noutra ocasión, coincidindo no fundamental co que comenta aquí Neal Baxter.
Non é todos os días que aparece un artigo sobre ciencias exactas no Terra e Tempo. Mais tamén non é todos os días que aparece un artigo sobre o galego nunha revista internacional de física (abstéñanse aritmofóbic@s e discálcul@s!). Ante todo, pois, vaian por diante os meus parabéns aos autores do artigoThe importance of interlinguistic similarity and stable bilingualism when two languages compete, tres profesores da Universidade de Santiago de Compostela, por conseguiren que a nosa lingua apareza no máis alto da palestra internacional, fazaña que non resulta precisamente doada nos tempos que corren.
Ao facer confluír os campos da sociolingüística e da matemática, o mencionado artigo constitúe un excelente exemplo da transversalidade interdiscplinar que vén sendo de rigueurno mundo académico desde hai varios anos. De facto, resulta indispensábel que as diferentes disciplinas dialoguen entre elas, sen compartimentalizacións estanques entre 'ciencias' e 'letras', para daren conta da verdadeira complexidade solapante do mundo no que vivimos. Por tanto, calquera achega que validar de xeito obxectivo e contrastábel a verdadeira situación da lingua galega sempre representará un paso adiante e debería -xa desde o plano subxectivo de defensor dos dereitos lingüísticos colectivos d@s galegofalantes- servir de ferramenta para identificar con cada vez máis claridade os problemas e as súas posíbeis solución a prol da plena normalización social do noso idioma nacional.
Porén, sigo a ter as miñas dúbidas acerca de se os comportamentos humanos complexos se prestan tan facilmente a seren reducidos a simples formulas matemáticas ou, dito doutro xeito, a cálculos matemáticos simplistas. E digo 'simplista' porque creo que unha das principais eivas do artigo radica na exclusión (ou 'non inclusión') dunha serie de variábeis que, ao meu entender, resultan importantes -cando non imprescindíbeis- para descifrar (nunca mellor dito) a verdadeira situación actual do galego e a súa relación co español. E así o recoñecen (aínda que tacitamente) os propios autores cando escriben: "The model used in this paper has two evident limitations. Firstly, the model does not consider possible alterations of the relative proportions of the linguistic groups due to immigration, emigration or differential birth and/or death rates. Secondly, partially related to this is the consideration that the relative status of the two languages may well vary in time". Non creo que se poida prescindir dunha variábel demolingüística tan marcada na Galiza como son as respectivas taxas de mortalidade, avellentamento e natalidade de cada grupo lingüístico. Tamén opino que, para enriquecer o estudo e consolidar as conclusións ao reflectir máis fielmente a realidade tal e como a vivimos unha grande parte d@s galegofalantes habituais, se debería pensar na posibilidade de integrar nos cálculos outros factores externos que poden exercer unha influencia sobre a motivación ou non de practicar unha determinada lingua nun determinado contexto, entre os que destacaría (sen ánimo de ser exhaustivo) o ratio galego:español nos medios de comunicación, na prensa, nos centros escolares, no contacto inicial nos centros administrativos públicos, nos comercios, nos bancos, na igrexa...
O artigo adoece, pois, ao meu ver, do que dalgún xeito se podería denominar 'a síndrome de Ussher', do nome do matemático que, no século XVII, tivo a ben calcular a idade da Terra, chegando a situala nuns 6.000 anos, fronte aos seus 4,5 billóns de anos reais. Os seus cálculos eran impecábeis, mais non así o seu input, nomeadamente as xeracións citadas na Biblia desde o Xardín do Edén. En inglés, este tipo de sistema denomínase 'garbage in, garbage out'...
Unha segunda eiva importante que se detecta no traballo radica na súa falta de precisión ao definir un dos principais termos teóricos sobre os que se sustenta todo o traballo, iso é, o que significa ser 'bilingüe'. Por omisión, dáse entender por 'bilingüe' calquera persoa que teña a capacidade potencial de se expresar nas dúas linguas en cuestión, independentemente de se usa as dúas ou só unha delas habitualmente, ás veces ou nunca... De feito, a situación debuxada no Mapa Sociolingüístico de Galicia reflicte unha realidade moito máis complexa en canto ás competencias fronte aos usos reais. De se apoiar o artigo nunha definición implícita de 'bilingüe' entendido como capacidade potencial pasiva no canto dos respectivos usos activos reais das dúas linguas, até Gloria Lago pasaría a engrosar as filas das persoas bilingües, razón polo cal o grupo que lidera reclama este epíteto no seu nome.
É máis, ficando na contorna inmediata de alto prestixio na que desempeñan o seu labor docente e investigador os autores do citado artigo, a Universidade de Santiago de Compostela, onde abofé que unha grande porcentaxe d@s docentes e estudantes son (potencialmente) bilingües, a que conclusión chegamos ao darmos unha ollada rápida aos datos recollidos pola propia Universidade para o curso 2010-11?. Dentro do que cabe, malia non se impartir nin a metade das materias en galego nos departamentos de Física Aplicada (31,2%) e Análise Matemática (40,64%) non son estes dous, desde logo, os peores de todos os de ciencias e medicina. En termos globais, mentres máis da metade (53,57%) dos departamentos reseñados (30 de 56) imparten docencia en galego por debaixo de 10% (dos cales hai 7 departamentos onde a presenza do galego é absolutamente nula), hai tan só 18 departamentos (incluído Filoloxía galega) que imparten máis de 50% das súas aulas en galego (o que representa 32,14% do total). Que cada un/ha tire as súas conclusións...
En canto ás conclusións ás que chega o artigo, cumpre distinguir claramente entre as fontes secundarias (recensións, artigos de prensa, etc.) e as dos propios autores. Como exemplo do primeiro, está El Correo Gallego, que, aínda matizando ao longo do artigo (para non terxiversar completamente os contidos reais do estudo), non dubida en anunciar como título que: "Un modelo matemático de la USC, destacado por el Instituto de Massachusetts, le da esperanzas al bilingüismo" (será o mesmo tipo de bilingüismo que practica a maioría dos xornais editados na Galiza...). Bastante menos cauto é o autor do artigo titulado How languages can live together without killing each other. Why Castilian didn't smother Galician, publicitado (entre outras cousas) polo secretario do Consello da Cultura Galega e membro numerario da Real Academia Galega, Henrique Monteagudo nun artigo publicado en El País, que comeza declarando alegremente: "Those of you who are concerned that linguistic globalisation will eventually steamroller local tongues into extinction should take heart from a study by a team from the Universidade de Santiago de Compostela, which has mathematically proved that two languages can live together in peace and harmony."
Polo outro lado, no entanto, os propios autores son máis ambivalentes e as súas conclusións entenderanse en clave positiva ou negativa dependendo do gusto do cliente. Comparemos: "The present results nevertheless suggest that the competition between two languages does not inevitably lead to the extinction of one of them", o que parece contradicir máis do que matizar a seguinte afirmación: "These values [...] predict the eventual extinction of Galician. However [...] that extinction is not imminent." En fin, o galego probabelmente vai morrer, mais non hai que preocuparse de máis, porque vai ser unha morte lenta (e dolorosa tamén se seguimos nas mesmas...) e a idea de que vai ser o 'bilingüismo' o que o pode salvar non se sustenta nunha lectura pormenorizada dos datos e análises achegadas.Lembremos a famosa citación que se adoita atribuír ao Primeiro Ministro británico do século XIX, Benjamin Disraeli: "Hai tres tipos de mentiras: mentiras, malditas mentiras e estatísticas". Neste caso o problema non radica nas análises e nos cálculos, senón nas eivas detectadas nos input e nas definicións de base, a partir das cales non se pode (ou non se debería) pretender sacar conclusións nin nun sentido, nin no outro

luns, 28 de febreiro de 2011
Es la leche: o bilingüismo que aí vén
por Robert Neal Baxter, en Terra e Tempo:
Ao parecer, non chegou con que os Reis católicos fixesen arrincar as oliveiras do país , senón que en 2008 alguén da Universidade de Vigo tivo a brillante idea de acabar coa que quedaba no escudo destainstitución para plantar no seu lugar un delirante logotipo híbrido (por non dicir bastardizado): "UniversidadeVigo". Aínda non me ficou moi claro como se supón que se tería que ler esta broma que custou os seus 12.000 €, só se me ocorre una especie de castrapo mal grafado (asturiano talvez?): "Universidá de Vigo"... E digo eu, se o obxectivo que se esconde detrás desta iniciativa consiste en reconciliar o español e o galego nun bilingüismo harmonioso para facilitar a súa comprensión para os españolfalantes, cabe preguntarse se alguén que non for capaz de intuír que "universidade" significa o mesmo que "universidad" estiver realmente preparado para seguir unha educación universitaria. E se, pola outra banda, o que se pretendía era romper co provincialismo pailán do galego, indigno dunha institución deste calibre, co fin de "internacionalizar" a súa imaxe, poderíase ir máis lonxe, borrando definitivamente a idiosincrasia lingüística nacional do novo emblema, ao optar incluso por algo do estilo: 'Universi[dad(e)/ty/té/tät/tat/teit/tà, etc.] Vigo / 维哥大学'.
Mais para alén do meramente anecdótico, sirva este de exemplo para ilustrar un fenómeno que comeza a se facer cada vez máis estendido, que vai desde o xa tristemente famoso "doa sangue, a miña xa a tes", pasando pola campaña da Xunta para promover a marca de leite "100% gal(l)ega" que "marca a diferencia", até outros exemplos que non son senón un verdadeiro insulto para a intelixencia dos españolfalantes: realmente é necesario na porta dun banco da capital colocar etiquetas coa correspondente tradución ao español de 'empuxar' (podíase ter optado por "empurrar") e "tirar/tirar" (entenderíase mellor a posíbel confusión se se tivese optado por "puxar", mais non é o caso)? Abofé que, en caso de dúbida, chegaba con probar con puxar e empurrar un pouco. O mesmo pasa cos supostos accidentes causados por condutore@s que non saben galego e que non identifican A Coruña, Ourense ou Ferrol coas correspondentes aberracións La Coruña, Orense ou mesmo El Ferrol del Caudillo (así segue a aparecer en moitas guías turísticas na rede e, sen ir máis lonxe, na web do Ministerio de Sanidade).
E que ninguén se engane. Sería de inxenu@s pensar que se traten de simples deslices, erros ou incidencias puntuais. Moi pola contra, forman parte dunha intencionada campaña de desvalorización e desgaste simbólico da lingua galega no ámbito público e altamente influínte da paisaxe lingüística, cuxa función consiste en denigrar o galego, reducíndoo a unha "fala" sen regras onde todo vale, sobre todo aquilo que o achegue para o español.
Mais aí non queda a cousa. Xa estamos afeit@s (desgraciadamente) a que na Radio Gallega se ouve cada vez máis español (non vaia ser que se molesten en procurar expert@s, tertulian@s galegofalantes), sen falar da pauperísima calidade do castrapo burlesco que sae da boca de moit@s d@s "profesionais" (non tod@s...) que chuchan do galego, mais a convivencia harmónica xa comeza a facerse sentir tamén na TVG de xeito escandaloso coa miniserie Mar Libre de produción propia en colaboración con Ficción Producciones (sic. : Versión galega do sitio coa sinopse de Conversaciones con el viento. Mar libre dispoñíbel en.... español onde algúns dos personaxes falan español. É a punta do iceberg que aproveita para se agochar detrás do discurso bilingüísta: mais, mentres o español vai invadindo os únicos espazos supostamente blindados por lei , o galego, á súa vez, non vai aflorando máis nos medios (ultramaioritarios) que son couto privado do español.
De feito, poñen o grito ao ceo ante calquera intento, por tímido que sexa, de abrir as portas para un verdadeiro bilingüismo de alto valor simbólico como posibilitar que aquel@s Senador@s que así o desexaren se poidan expresar nas respectivas linguas dos territorios que representan (nin que dicir, hai quen renega deste dereito), argumentando o custo 'elevado' de 350.000 €, equivalente a 0,63% do orzamento global do Senado cifrado en 55,1 millóns . Seica o valor do dereito lingüístico de se dirixir ao resto da Cámara na súa propia lingua, recoñecida como cooficial no territorio que representa, é inferior á necesidade de espallar o español polo mundo, pois segundo unha fonte nada sospeitosa de ser crítica oInstituto Cervantes non vai sufrir recortes neste momento de 'austeridade', cun orzamento total valorado en 103 millóns de euros para o 2011.
O obxectivo de todo iso é rastreiro: consiste en facer callar, de xeito simbólico e subliminar, mais non por tanto menos determinante (máis ben todo o contrario), a percepción do galego como unha sublingua que non vale por si soa e onde todo vale - fronte, por suposto, ás marabillas e glorias do español que cómpre falar e escribir co esmero que merece. Transmite a idea básica do galego como un apéndice estético e funcionalmente superfluo do español, e como apéndice que é, o mellor é arrincalo de raíz antes de que comece a causar molestias máis graves. E niso están: primeiro acantoalo, logo afogalo no boedo castrapeiro, para que finalmente vaia morrendo lentamente para que ninguén se decate.
Mais decatámonos nós. Deixémonos de caralladas: como ben demostrou a mal lograda tentativa de facer encaixar o himno galego co cante hondo, non todas as fusións funcionan. Ás veces, as cousas son unha cousa ou a outra, ou non son nada. E cando se tenta mesturar pirañas con robalizas, ninguén dubida de cal vai ser o resultado.

martes, 7 de decembro de 2010
Dismorfia lingüística
por Robert Neal Baxter, cunha reflexión máis encol do debate arredor do informe de Monteagudo divulgado polo IGEA, en Terra e Tempo:
Desde xa hai moitos anos, constátase, pese á política pasiva fraguista de 'bilingüismo harmónico' -ou, mais ben grazas a ela- un constante e contrastado retroceso cuantitativo (perda de utentes e reducida taxa de transmisión interxeracional) xunto cunha erosión cualitativa (deixo a Radio Galega como exemplo por antonomasia) do galego en todos os ámbitos.
Tras a tímida tentativa de acción afirmativa real para recuperar espazos e dereitos para a lingua galega (a temida 'imposición' do BNG durante o período do Bipartito), xorde agora un proxecto para resucitar unha estratexia baseada na reivindicación do 'bilingüismo' (xa non 'harmónico', senón 'restitutivo ou equitativo') como reflexo filogaleguista da política oficial que se vén impondo (si, impondo coa máis descarada prepotencia de quen detén a maioría absoluta no Parlamento), baseada en loar as vantaxes do 'bilingüismo' como activo do pobo galego (Comunidade con dúas linguas) e do 'multilingüismo' que, como é obvio, non son máis que a parte máis visíbel da ofensiva destinada a arrasar cos elementos chave da identidade nacional da Galiza.
Sen entrar nunha análise pormenorizada do informe do IGEA e dos pronunciamentos varios que deron pé á polémica actual, quixera reflectir sobre o que é que se entende por 'bilingüismo' e se, desde unha determinada óptica, o bilingüismo puider valer como peza chave dunha nova estratexia para unha verdadeira revitalización lingüística (para o galego, enténdase...). Como xa se pode intuír, a miña resposta é negativa, e paso a continuación a expor as razóns que me levan a esta consideración.
Mais antes de falarmos da cuestión do bilingüismo, cómpre eliminar a enganosa miraxe do 'multilingüismo'. Non é difícil decatarse de que non se trata en realidade doutra cousa que a suposta adquisición do inglés -nunca de calquera outra lingua- a través do sistema escolar, deixando ver clarisimamente que non é máis que unha quimera concibida para engaiolar: sobre todo porque o status do inglés na Galiza non é nin en termos sociais nin institucionais comparábel co do galego ou do español, mais tamén porque o sistema escolar -por moita 'innovación' que se nos queira vender- non está en condicións para acadar este (talvez de por si loábel) obxectivo. A máis que se indagar, queda de manifesto que a imposición do ensino do inglés non é máis que unha escusa para debilitar a presenza do galego e a súa adquisición normal nos centros educativos do País.
Volvendo xa á cuestión central do bilingüismo, para entender as políticas institucionais neste ámbito e outros ámbitos 'proteccionistas' stricto sensu (quer dicir, tendentes a erradicaren desequilibrios de poder co fin de protexeren sectores e elementos máis vulnerábeis), hai que entender cales son os comportamentos individuais e grupais sobre os que estas políticas pretende actuar e exercer unha influencia co obxectivo último de os mudaren nunha dirección ou noutra. E se ben é certo que a Comunidade Autónoma da Galiza é bilingüe tanto legal como socialmente no seu conxunto, ao non sermos animais bífidos, resulta imposíbel falarmos dúas linguas á vez, por moi potencialmente bilingües que sexamos.
Así, en todo momento cada quen opta por unha lingua ou pola outra en cada circunstancia comunicativa, e á vista do contexto político no que nos movemos e o clima lingüístico que iso leva xerado estas decisións nunca son neutrais, senón diglósicas. Noutras palabras, debido ao clima sociopolítico circundante, o potencial bilingüe de cada individuo se ve suxeito como acto social a prácticas que, na realidade, exclúen o galego de moitos ámbitos da vida pública e privada, sobre todo os máis prestixiados.
As políticas lingüísticas están chamadas, pois, a regulamentaren e a xestionaren esta situación para mudaren a realidade nun determinado sentido ou no outro. Son tres as principais opcións que eu vexo para xestionar a situación que se perfila na actualidade:
1. Unha actitude de laissez-faire que se apoia na diglosia xa existente, levando paulatina e inexorabelmente á asimilación e á extinción do galego;
2. Unha política de segregación lingüística individual ou por zonas xeográficas, como por exemplo nos Gaeltachtaí de Irlanda (cada vez máis reducidos) ou o sistema de bantustáns da África do Sur na época do apartheid;
3. Unha estratexia educativa de inmersión xunto con outras medidas para restabeleceren o hábitat ecolingüístico do galego no seu propio espazo natural, destinada a que @s españolfalantes, e sobre todo as súas fillas e os seus fillos, sexan verdadeiramente bilingües (@s galegofalantes xa o son), para gañar nov@s falantes para o galego e inverter así a tendencia actual. O papel do nacionalismo consiste, neste marco, en alzar a consciencia d@s galegofalantes para romperen cos esquemas propios da diglosia que levan á erosión lingüística, fomentando a práctica proactiva do monolingüísmo social, entendido como o exercicio constante dos seus dereitos lingüísticos.
Se a terceira destas opcións é o que se entende polo (non tan) novo discurso bilingüista, benvida sexa. Mais teño as miñas dubidas ao respecto. Vexamos, a modo de exemplo, o que Craig Patterson cualifica como 'bilingüismo harmónico' na Universidade de Caerdydd no seu artigo 'A forza dunha nación': "A cerimonia foi completamente bilingüe, variando harmoniosamente entre galés e inglés. Si, harmoniosamente. Con todo, e sen dúbida, o signo diferenciador de todo, o son que convertía nun conxuro aquel remate ritual dos estudos de tantos mozos, eran as palabras galesas que nos lembraban a todos que aquí reina outra identidade, que aquí reina outra tradición". Os conxuros en linguas litúrxicas teñen a súa carga simbólica, mais non sei até que punto se pode describir a situación real da lingua galesa dentro desa mesma Universidade como 'harmoniosamente bilingüe', á luz dos datos do seu Servizo da Lingua Galesa publicados no seu "Plan para a Lingua Galesa": menos de 1% do profesorado se sente capacitado para ministrar aulas en galés; a decisión de utilizar o galés ou non nos formularios oficiais depende da frecuencia do seu uso e até que punto están dirixidos a falantes de galés (como se determina?); todos os formularios para o público xeral serán publicados en galés, agás formularios técnicos para grupos especializados (por que?).
A situación do galés non é (de momento) a mesma que o do galego, e por iso non pretende ser unha crítica da política lingüística que se aplica nesta universidade galesa. Mais o que este exemplo si deixa claro -de xeito, acho, moi criticábel- é o que se pode agochar detrás da engadadeira do 'bilingüismo' ('harmónico', 'restitutivo', 'equitativo' ou chámese como se chamar...), que non é máis que unha limpeza de cara simbólica e ritual que permite manter ostatu quo do predominio cada vez maior dunha lingua sobre unha outra.
Avecíñanse tempos duros, vai haber que loitar máis duro que nunca para non recuar na reivindicación do galego como única lingua propia da Galiza e para reconquistar espazos que lle foron arrebatados pola imposición directa e indirecta do español.

domingo, 29 de agosto de 2010
Reflexións sobre o discurso da utilidade do galego como "superlingua" internacional
por Robert Neal Baxter, en Terra e Tempo:
Con esta achega quero repasar máis polo miúdo algúns dos argumentos esgrimidos nos comentarios recibidos a raíz do meu último artigo O galego na escola e que suscitaron en min unha serie de reflexións de orde máis xeral. O primeiro elemento de reflexión parte dunha pregunta moito concreta que me fixo un lector que quería saber se para min (e para o Partido no que milito) a lingua é 'unha ferramenta ou un fin político'. Abofé que non entendía moito ben a pregunta por non entender que os dous aspectos estivesen en contradición entre si, sendo o galego para min tanto unha ferramenta de comunicación como un elemento eminentemente politizado, tal e como ten demostrado tan descaradamente a recente campaña para o erradicar paulatinamente como paso esencial previo para acabar co pobo galego. Mais, ao ler os comentarios máis adiante, entendín que non se trataba de saber se o galego é unha ferramenta de comunicación para o pobo galego en si, senón de saber se é 'útil' -para utilizarmos un termo proprio da mercadotecnia que nos vén impondo o neoliberalismo- para alén de ser a lingua do pobo galego. De aí a reivindicación do galego, independentemente da denominación que se lle der, como lingua internacional e, por tanto, globalmente 'útil'.
Desta proxección internacional non teño dúbida ningunha. Como xa escribín nun artigo anterior, aínda discrepando sobre a táctica concreta para o momento actual, proclámome reintegracionista ao recoñecer a unidade das variedades lingüísticas actuais do galego-portugués. Niso coincido con Castelao cando di: "A nosa lingua florece en Portugal". Oxalá o entenderen así algún día tamén @s nos@s veciñ@s de Alén Miño, sen falar d@s brasileir@s que veñen instalarse -benvind@s sexan- aquí "em Espanha"...
Mais, en todo o caso, coido que hai que matizar. O reintegracionismo é -e sempre foi- unha casa plural, sen ortodoxias, nin dogmas inquebrantábeis, onde a discrepancia democrática segue a ser, espero, sempre posíbel. Por iso mesmo o título deste artigo alude tan só a unha determinada visión do reintegracionismo e non ao seu conxunto, do mesmo xeito que a concepción do reintegracionismo que expreso me corresponde a min e a ninguén máis, dentro do marco amplo do recoñecemento da unidade lingüística do galego-portugués como modelo culto de referencia.
Un dos principais argumentos nos que se apoia a concepción do galego/portugués como 'ferramenta de comunicación' ante todo é o facto de este ser unha lingua internacional ao par do inglés e, por suposto, do español: o que o Presidente da AGAL, Valentim Fagim, denomina unha "superlingua".
A existencia do galego como lingua internacional é un feito obxectivo innegábel. Mais, seguindo con esta liña de argumentación, xorden, ás veces, unha serie de consideracións que me crean certa consternación. Entre elas destaca a tentativa de lexitimar o galego en función de referencias externas para dar máis prestixio á nosa lingua, no canto de reivindicalo polo valor que representa como primeiro sinal do pobo galego que o creou e desenvolveu.
Para alén da sempre benéfica solidariedade internacionalista, coido que ollar constantemente para fóra para emular modelos alleos -por moito afíns que foren- é un síntoma de inseguridade e menosprezo a respeito do proprio: antítese do nacionalismo moderno que procura a posta en valor do pobo galego e do seu xenio. Este rexeitamento do proprio atopa a súa máxima expresión nesta frase que encabezou un dos comentarios ao meu artigo: "A minha pátria é a língua portuguesa." Pois, se se recoñece a unidade das variedades galego-portuguesas, non hai por que fuxir de chamalo 'galego', refuxiarse nunha denominación lingüística coa que non se identifica o pobo galego, deixando patente a idea de a salvación vir desde fóra. É unha outra manifestación do autoodio clásico, desvalorizando a lingua do pobo galego: ora dialecto do español, ora variedade do portugués.
Evidentemente, estas actitudes non son necesariamente extensíbeis a todo o abano que representa o reintegracionismo no que me inclúo. Recorrer á utilidade do galego como variedade dunha "superlingua" internacional pode ser, sen dúbida, un argumento para convencer aquelas persoas que dubidan do valor do proprio apelando a modelos externos máis prestixiados. Mais non debe tornarse un argumento de consumo interno, evitando sempre a trampa de confundirmos os medios co fin, que non pode ser outro (para min) que a plena socialización da lingua galega polo seu valor intrínseco como lingua do pobo.
De aí deriva tamén a miña segunda reflexión: se o galego non fose unha lingua internacional, se só fose a lingua do seu pobo do mesmo xeito que o euskera ou o bretón..., sería menos 'útil' e, por tanto, menos merecedor de ser falado e defendido? Creo que non. Creo, sinceramente, que o galego hai que falalo e defendelo ante todo porque é un dereito básico do pobo que o creou.
Uns dos produtos que plasman esta realidade do galego-portugués como lingua internacional son os mapas dos 'países lusófonos' que de cando en cando se publican, como máis recentemente o actualizado mapa A nossa língua no mundo. Mais, para alén da realidade obxectiva que pretenden retratar, teño que recoñecer que este tipo de mapas sempre suscitaron en min un certo desacougo, por lembraren outros mapas coloniais, como os do Imperio británico, onde destacaban as (ex-)colonias en vermello.
De facto, acho cando menos interesante sinalar que neste mapa figura Macau, onde a porcentaxe de falantes do portugués non pasaría de 5%, mentres que Luxemburgo e Andorra só aparecen na listaxe de "Países com importantes comunidades de falantes", a pesar de @s lusófon@s representaren até 14% da poboación. A razón é obvia: trátase, en realidade, dunha especie de renovado mapa das ex-colonias portuguesas, membros fundadores, por outra parte, da Comunidade dos Países de Língua Portuguesa (CPLP).
Mais non se trata só dun mapa que aviva e reivindica de xeito implícito o legado colonial de Portugal, senón que ademais, no seu afán de pór en escena o galego-portugués como 'superlingua' internacional, pasa por encima outros datos relevantes.
Por ser un mapa de orixe colonial, esconde as realidades autóctonas aínda vivas e das que apenas se ouve falar. Por exemplo, por moito que a lingua oficial de Mozambique sexa o portugués, en realidade o número de falantes nativ@s non pasa de 7% segundo as cifras oficiais do censo de 1997, habendo nove linguas africanas máis faladas.
O mapa tamén esquece mencionar que, se ben o portugués é tamén lingua oficial de Cabo Verde, non é esa a lingua que manexa habitualmente a maioría da poboación, senón o crioulo. Así, se non se computa o papiamentu como galego-portugués, tamén non se debería computar os outros crioulos falados desde Macau, Damão e Diu (que non figuran no mapa), pasando por Guiné-Bissau, onde só 14% da poboación fala portugués como lingua nativa.
Como en moitos outros países poscoloniais onde conviven varias linguas autóctonas, en Timór Lorosa'e o portugués serve tamén de lingua franca, elemento da unidade nacional. Esperemos que a promoción da lusofonía neste pais en aras a fortalecer a unidade nacional non pase por unha redución importante no uso das linguas autóctonas, tal e como está a acontecer na actualidade na África do Sul ou, sen ir máis lonxe, como algúns pretenden impor o español para contrarrestar a 'división interna de España'...
A modo de conclusión, cumpre recoñecermos que, grazas ao legado do colonialismo portugués, é unha realidade innegábel que o galego-portugués é hoxe por hoxe unha lingua internacionalmente útil e que esta utilidade se pode utilizar como argumento para aglutinar máis xente á causa da defensa da lingua galega, tan desprestixiada. Mais, aínda que o galego non fose unha "superlingua", tamén cabería defendelo como lingua inalienábel do pobo galego: por ser a nosa.
Parafraseando a Internacional: "Non hai salvador@s suprem@s... Temos que salvarnos nós mesm@s, o pobo galego!"

mércores, 28 de xullo de 2010
O galego na escola
por Robert Neal Baxter, en Terra e Tempo:
Ensino "popular" e "privado": conceptos irreconciliábeis. Ensino "universal" e "público": demandas irrenunciábeis
Por desgraza, após unha serie de tímidos logros, tócanos vivir -nós e sobre todo a xeración que representan os nosos fillos e as nosas fillas- un retroceso que anuncia o principio dunha nova época de escuridade -por non dicir escurantismo- en todo o referido á defensa da patria galega e dos seus sinais de identidade. E entre estes sinais destaca, por encima de calquera outra, a lingua que nos distingue e define como pobo. O papel fundamental que desempeña a lingua na cohesión nacional do pobo galego é a razón que motiva a virulenta política lingüicida deseñada para arrincar o galego como lingua normal do pobo, como paso previo para o obxectivo final que non é outro que a aniquilación da Galiza como nación.
E non é casual que o punto de partida deste xenocidio cultural sexa o ensino obrigatorio na forma do denominado 'Decretazo', procurando así reforzar a idea de que o galego é unha lingua de segunda categoría fronte ao español (e mesmo, ao inglés) no seu propio país e, sobre todo, interromper unha vez para todas a transmisión interxeracional do galego, ao garantir unha educación formal insuficiente e desequilibrada en galego, fomentando así a inseguridade lingüística xa existente fronte ao español, cada vez máis hexemónico como lingua de prestixio. Despois, só será unha cuestión de tempo para que a lingua se esnaquice definitiva e (case) irrecuperabelmente.
Fronte a esta ofensiva españolista sen paliativos, o primeiro deber de calquera nacionalista non pode ser outro que loitar para resistir e defender a lingua galega, sexa como for.
Como pai que eu tamén son, entendo a frustración que se sente ante as actuais perspectivas escolares, e loxicamente non vou ser eu quen critique calquera que procure garantir que a súa filla ou o seu fillo estea educad@ na lingua do país.
Por iso resulta difícil avaliar de xeito obxectivo iniciativas como Galiza co galego [http://limiargalego.blogspot.com/2009/04/pola-creacion-dunha-rede-popular-galega.html] que ten como obxectivo principal declarado: «acad[ar] recursos económicos para a creación dunha rede popular galega privada de ensino en galego, a todos os niveis». Porén, unha reflexión ao respecto revela que detrás desta iniciativa a priori loábel se agochan unha serie de implicacións sociopolíticas a longo prazo que resultan urxentes analizar para evitarnos cometer uns erros estratéxicos de calibre de cara ao futuro que poden traer importantes consecuencias negativas indesexábeis e indesexadas para a lingua galega.
A miúdo se apela a iniciativas populares similares, como son as escolas asociativas en lingua bretoa Diwan [http://www.diwanbreizh.org/]. Mais cumpre deixar claro que a situación é radicalmente diferente desde todos os puntos de vista ao se comparar coa galega.
Por unha banda, as escolas como Diwan -tamén hai sistemas similares por toda a Europa- representan o último reduto para manter un mínimo de novos falantes, nunha actitude de preservacionismo necesario para garantir a supervivencia dunha lingua seriamente ameazada e cuxa supervivencia fica lonxe de estar garantida[1]. Moi a pesar das reiteradas tentativas ao longo da historia por parte de españolismo, iso non é o caso do galego que segue a ser unha lingua na que se pode expresar sen dificultades a esmagadora maioría da poboación[2]. Nin existe no caso galego, contrariamente ao caso bretón, ningunha barreira comunicativa real que se puider invocar para impedir o seu uso normal como lingua vehicular dentro do sistema educativo habitual.
E pola outra banda, ao contrario do bretón e moitas outras linguas en situacións similares, existe unha (aínda que enormemente insuficiente) lexislación que ampara o uso do galego no ensino e non se pode trocar a reivindicación histórica que exixe o seu cumprimento integral así como a súa progresiva superación por un survivalismo derrotista por baterse en retirada para se refuxiar en reservas illadas, automarxinándose e excluíndose así de facto do resto da sociedade. Fronte á nova agresión non é a hora de baixar os brazos e deixar que os españolistas fagan o que queiran coa nosa lingua nos centros públicos, pagados por todas e todos nós.
Así, por moi meritoria que a iniciativa galega puider parecer á primeira vista, existe unha funda contradición na concepción mesma dunha rede privada que pretende ser 'popular': para unha minoría da xente xa conscienciada con cartos habería a posibilidade de escolarizar a súa prole en galego. E para o resto, só lle ficará aguantarse nun centro público cada vez máis desgaleguizado e desgaleguizador.
Mais non é só unha cuestión de diñeiro, senón do arrecantamento do galego. Cabe preguntarse até que punto resultaría positivo que a maioría da xente conscienciada e favorábel á normalización do galego marchase do sistema público para se refuxiar nun sistema privado pararalo, deixando o sistema público e universal en mans dos caprichos dos inimigos do galego.
Fronte á pretendida 'normalidade' que predica a rede entre os seus obxectivos: «Apoio a creación dunha asociación popular Galiza co Galego que axude as familias para facilitarlles os medios, as ferramentas, para que poidan desenvolver a súa vida con normalidade en galego», na realidade o proxecto supón todo o contrario, co risco real de se crearen guetos elitistas, á marxe do sistema habitual, onde o galego sería a lingua dos bechos raros con cartos, acurralado en illotes autoproteccionistas fronte á masificación do español como lingua ultra maioritaria e sen contestación dentro do maioría da sociedade. No fundo, trátase dun capitulacionismo a curto prazo ben intencionado ao nivel individual mais que, ao longo prazo, representa unha perda de moi difícil recuperación para o pobo no seu conxunto.
Como socialista que son, non podo defender un sistema de dúas velocidades segundo os recursos económicos de cada quen. E como nacionalista que son, tampouco podo asumir que para falar a nosa lingua con normalidade haxa que cortarse do resto do pobo.
Entendo que cansa moito ter que loitar día si e outro tamén para que as nosas fillas e os nosos fillos poidan vivir na lingua do país de xeito normal. Mais foi grazas ao esforzo de moita xente antes de nós, tanto pais e nais como profesores e profesoras, que se conseguiu chegar a unha situación onde o galego estivo -e segue a estar, aínda que en menor medida- presente no ensino público. É, pois, o noso deber, honrar a memoria destas persoas, moitas delas represaliadas no seu día pola defensa dos seus e dos nosos dereitos, seguíndomos adiante coa loita para garantir unha educación galega, universal e de calidade no canto de nos afincarmos no derrotismo da musealización anecdótica da lingua en centros especializados e marxinais.
Acúsasenos, as/os nacionalistas, de querermos 'patrimonializar' o galego, de o apropiarmos para nós mesmas/os. Nada máis lonxe da verdade. O verdadeiro nacionalismo sabe que o futuro da lingua será garantido só se segue a ser a lingua do pobo, iso é de todas e de todos.
Mesmo o Estatuto recoñece o dereito básico de saber e poder usar o galego. Non se trata dun privilexio que corresponde a quen o poida pagar ou quen teña a paciencia de o procurar fóra das canles habituais da sociedade. O galego é o legado inalienábel de todas e todos, teñan o non os seus pais diñeiro, vivan onde vivan e falan a lingua que falen na casa.
Non renunciemos a lingua galega! Ensino galego, público e de calidade!
Notas
[1] En 2007, 172.000 persoas dicían falar ben ou bastante ben o bretón, ou sexa 13% da poboación da Baixa Bretaña, zona historicamente de fala bretoa, das cales 81% teñen máis de 60 anos (Broudic, F. 2009. Parler breton au XXIe siècle. Le nouveau sondage de TMO-Régions, Emgleo Breiz)
[2] En 2003, 90,1% da poboación dicía falar ben ou moi ben o galego, e até 97,3% da poboación declaraba entendelo moi ben (Monteagudo, H. e Lorenzo, A. (dir.). 2005. A sociedade galega e o idioma. A evolución sociolingüística de Galicia (1992-2003), Consello da Cultura Galega)

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)