Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







Amosando publicacións coa etiqueta Norberto Uzal. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Norberto Uzal. Amosar todas as publicacións

venres, 2 de decembro de 2011

Bilingüismo cordial



Trailer de Daniel Villaverde, explicando en que consiste o concepto do bilingüismo cordial. Non sei por que, pero a min tróuxome á cabeza a Norberto Uzal, da Xunta Directiva da Rede de Dinamización Lingüística dos concellos. Tenlle un aire, non si?

martes, 15 de novembro de 2011

A cara da Rede de Dinamización

A publicitada Rede de Dinamización Lingüística argallada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, comenza a facer o único que pode: reunións consigo mesma. Non ten presuposto polo que únicamente pode dar a coñecer os encontros que manteñen os seus membros entre sí. Iso si, nun acto máis de cinismo colgan no web da Rede de Dinamización a forma de financiación desta entidade que fica garantido pola SXPL (despois de suprimir as axudas aos concellos hai dous meses). Ademais indican en que consiste esa garantía:

As entidades adheridas poderán realizar as achegas económicas que se determinen no Consello de Membros para sufragar os programas e actividades da Rede.
Cómpre ter a cara de cemento armado.
A primeira xuntanza  tivo lugar a semana pasada na Estrada. Podemos ver na foto a Xunta Directiva, da que forma parte Anxo Lorenzo quen, desde que ocupa o cargo de secretario xeral de política lingüística,  non fixo outra cousa que reducir os usos e dereitos do galego vendendo todas estas accións como avances no proceso normalizador. Outro membros da Xunta Directiva da Rede é Norberto Uzal, famoso no ámbito da normalización por enviar unha circular aos concellos ameazando con recursos a aqueles que convocaran probas de acceso nas que se realizasen exames de coñecemento lingua galega. Xunto a Anxo Lorenzo está tamén José López Campos, o alcalde da Estrada. O seu programa electoral sintetizábase en 100 medidas e só unha estaba referida á cuestión lingüística. Tratábase da programación de campamentos para a inmersión lingüística. En inglés, claro.
Ao mesmo tempo que onte se reunían os representantes técnicos da Rede , o goberno municipal de Ames anunciaba que prevé suprimir a praza do técnico do seu SNL. Tendo en conta que, por medio da SXPL, a Xunta eliminou dos seus presupostos deste ano toda dotación económica a estes servizos municipais, ben podemos supoñer que éste é o primeiro chanzo que avanzou a Rede de Dinamización.
Hoxe Anxo Lorenzo gabábase desde o seu portal que o 65% dos concellos con SNL están presentes na Rede. De acometerse a supresión da praza do Servizo de Normalización o secretario xeral xa poderá gabarse de que a Rede aumentou esta porcentase ata un 67%.

P.S.: Máis concellos da Rede de Dinamización Lingüística pechan os seus Servizos de Normalización, d´A Mesa




mércores, 3 de marzo de 2010

A Xunta contra o galego.

O BNG denuncia 'extorsión' para suprimir o galego das oposicións dos concellos.
O deputado do BNG Bieito Lobeira acusa a Xunta de 'enviarlle cartas de extorsión' aos concellos co obxectivo de suprimir os exames de galego nos procesos de selección de persoal, en concreto acusa ao director xeral de Administración Local, Norberto Uzal.
Norberto Uzal, ex(?)-falanxista, foi un dos nomeamentos máis polémicos do actual goberno da Xunta.
No entanto, en Cataluña os tribunais avalan as multas por non rotular en catalán. Ao non facelo vulneran os dereitos dos catalán-falantes.
Nós preguntámonos por que os cataláns si teñen dereitos e nós non. Será porque aquí aínda non se fixeran leis que favorecesen o galego?