Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







Amosando publicacións coa etiqueta medicina. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta medicina. Amosar todas as publicacións

sábado, 16 de xaneiro de 2021

Saúde e lingua

 


por Marta Dacosta, en Nós Diario:

Procurando materiais para animar ao uso do noso idioma, dei co vídeo de Miguel López, médico de familia (El Salto TV). Sempre o uso, paréceme valiosísimo. Este logroñés demostra non só que o galego é útil e que calquera que teña vontade pode falalo, senón que mesmo nos di que cómpre falar no mesmo idioma có doente para atendelo como é debido.

 

sábado, 27 de xaneiro de 2018

A síndrome do Noroeste



Iria Veiga é médica psiquiatra e actualmente exerce como psiquiatra xeral no Hospital de Barbanza. Implicada en actividades de divulgación científica, colabora en iniciativas como Escépticos no Pub, Pint of Science ou Ciencia, cultura e cervexa en Carral. Ademais, mantén o blog "O Outro Lado do Espello"  e colabora no programa de radio Burán, en Radio Campus Culturae. Foi gañadora da edición 2017 do Premio a artigos xornalísticos normalizadores do Concello de Carballo co artigo “Inchazón”.
Os relatos que comparte Iria Veiga con retallos da súa vida como médica, non só son entretidos, senón que invitan á reflexión e lévannos polo camiño do orgullo e a reafirmación na galegofonía.

martes, 26 de novembro de 2013

Fausto Galdo e o galego



O noso idioma está enfermo. Dase o paradoxo de que a mocidade ten un coñecemento da gramática moi superior ás anteriores xeracions, pero a súa vida diaria desenvólvena en castelán. Isto xa non sucede só nas cidades; nas vilas e no medio rural son cada vez máis os xóves que coñecen a lingua mais non a usan.