Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







Amosando publicacións coa etiqueta tradición. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta tradición. Amosar todas as publicacións

luns, 22 de febreiro de 2021

Brincadeiras da lingua: "Caricias no colo"


 
Baixo o título de “Caricias no colo”, Migallas Teatro ofrecénos unha mostra dos ditos tenros cos que os adultos acompañan caricias e xogos dirixidos aos máis pequerrechos e pequerrechas. Todos eles están xa recollido en Orella pendella
Este é o primeiro víde dun total de dez do programa “Brincadeiras da lingua” que tencomo obxectivo dar a coñecer a enorme riqueza e variedade de ditos e recitados infantís que existen na lingua galega e que acompañan dende hai séculos as brincadeiras da cativada e dos membros maiores da familia cos máis pequenos e pequenas. Cada capítulo está dedicado a un tipo de ditos consonte a súa función: caricias no colo; para xogar coas mans; para abanear e cabalgar; para durmir e espertar; recitados dialogados; para acompañar xogos; para facer bromas; oracións de risas; disparates e trabalinguas. 
Parabéns pola iniciativa.

luns, 15 de xuño de 2015

Toma lumiño, este dentiño



Audiovisual feito polo alumnado do IES Marco do Camballón (Vila de Cruces), recuperando unha tradición que agora se ve esmagada polo Ratoncito Pérez.
Vía CGENDL

xoves, 20 de novembro de 2014

U día du Pan Quenti

pan quenti from Ani González on Vimeo.

Os nenos da E.E.I Monte da Guía (Vigo) teñen un grupo de amigos no CEIP Nosa Serñora da Ascensión en Valverdi du Fresno (Cáceres). Alí non celebran o Samaín, a súa festa é a do Pan Quenti, untha tradición que comparten cos concellos veciños de San Martín de Trevellu e As Ellas Para explicarllo aos rapaces de Vigo fixeron este bonito vídeo.


xoves, 13 de novembro de 2014

Os sete falares



"Os sete falares" nace coma unha revista tríptico destinada ao profesorado, pero que queremos compartir con todos vós
Un produto da factoría do ENDL do CEP Sequelo de Marín

venres, 31 de xaneiro de 2014

Xogar, cantar, recitar



Son os rapaces do 1º ciclo do CEP Celso Emilio Ferreiro (Vigo) cantando "Eu teño un canciño". Este vídeo é un exemplo dunha das actividades que realizaron nese centro na Semana da Tradición Oral que celebraron o pasado mes de novembro. Nesta ligazón podemos ver outros vídeos nos que os rapaces do 2º ciclo ofreceunha mostra de recitados de sortes e de cancións do xogo da goma e os do 3º ciclo recitan cantigas de distintos trobadores.
A noticia chegoume desde o blogue Xogos de lingua, onde fan unha bonitaa referencia a outro dos vídeos desta gorentosa semana na que xogando, cantando e recitando todo co centro participou dun proxecto que nos dá unha exemplifiicadora mostra de actividades que avanzan un pequeno chanzo na normalización.

sábado, 24 de agosto de 2013

Xotramu: xogos tradicionais



Xotramu (Xogos Tradicionais de Muimenta) leva tempo xa no labor de recuperar os xogos tradicionais galegos. Neste vídeo temos algúns aspectos da V edición da Festa de Xogos Tradicionais. Nel explícanse as regras dalgúns deses xogos.
Xotramu ten recompilados máis de 40 xogos tradicionais. Dalgúns deles temos incluso a descripción en vídeo como é o caso da porca, dos bólos ao canteiro, a malha, o zurriagazo, ou outros

Se trouxen ata aquí as actividades de recuperación dos xogos tradicionais realizadas por Xotramu é máis que nada porque se trata tamén da recuperación da nosa identidade e de algo fundamental e que os de Muimenta nos poden ensinar a todos: a transmisión do saber cultural ás novas xeneracións.
A perda dos xogos tradicionais é paralela a outra perda maior e que a contén. É a perda da nosa identidade e dos nosos valores culturais. En Galicia temos completamente abandonado o coidado de nós mesmos, o amor propio. Este desleixo é tanto como a morte en vida.

luns, 19 de agosto de 2013

Orella pendella. Chuchurruchú vs. touporroutou

Orella pendella é o portal da literatura popular infantil de Galicia mantido por Carlos Yus. O seu obxectivo é que este noso patrimonio siga sendo unha ferramenta educativa e de lecer para os/as galegos/as do século XXI. A razón de ser deste proxecto é que debido ós cambios producidos nas formas de vida e nas actividades de lecer dos rapaces e rapazas, corremos o perigo de perder esta riqueza definitivamente.
Orella pendella pon o foco onde nun punto fundamental pero moi pouco coidado na normalización lingüística e nada traballado desde a administración: a transmisión interxeneracional. A contribución da Xunta neste aspecto consistiu nun decreto que deixou prácticamente a cero o ensino infantil en galego na maior parte das escolas.


Como o que eu atopei na Orella pendella foron pequenas e agradables sorpresas, véxome na obriga de recomendar un pausado paseo por este portal. Por poñer un par de exemplo, eu un bater con este recitado que tiña esquecido, e que me contaban cando era cativo en Ribeira. Na variante que eu coñecía, no canto dun diálogo cunha terceira persoa no chuchurruchú ¿a onde vai a vella?, lembro outro no que o diálogo era coa propia vella e con outro retrouso: touporroutou, a onde vas vella?

Tamén teño esta variante de recitado para aloumiñar, desta volta da Estrada, para xogar coas criaturas:
Este queixo, queixolán
esta boca pide pan,
este ollo "pispirete",
este, irmau deste,
este "naris", "narisete",
Arríncohe! cabalete
Explicación:
Mentres di o recitado, o adulto acaricia as partes do corpo nomeadas facendo círculos co dedo indicador. No último verso fai coma quen que lle arrinca o naríz