Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







Amosando publicacións coa etiqueta áfrica. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta áfrica. Amosar todas as publicacións

venres, 11 de marzo de 2022

Edilson, de Cabo Verde


Nova peza audiovisual dos Dicionarios de Ida e Volta da Agareso. Edilson, de Cabo Verde conta como cando veu a Galicia quedou exento da materia de Lingua Galega, porén si que o avaliaban en Lingua Española. Ao ano seguinte esixiu "estudar galego como todo o mundo". 

 

venres, 11 de xuño de 2021

Galicia, como en Guinea


Monanga, esta youtubeira de Guinea Ecuatorial, reflexiona sobre a perda da súa lingua, o Ndowé. Conta como os castigaban por falar a súa lingua e como non se usa na escola. A súa nai fálalle en Ndowé pero ela responde en español. Neste vídeo explica os seus sentimentos. Algo que ver co estado da nosa lingua?
O vídeo chegoume da londoner galega Inma Gil Rosendo

 

martes, 22 de decembro de 2020

Dicionarios de ida e volta: Mame (Senegal)


A Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social (AGARESO) é unha organización sen ánimo de lucro, formada por un colectivo de profesionais do mundo da comunicación en Galicia que ten como obxectivo  a formación Social mediante as ferramentas de comunicación. Acaban de presentar unha iniciativa titulada Dicionarios audiovisuais de ida e volta na que, a partir de historias de persoas de distintos países, achégannos parte da súa cultura a través dunha expresión na súa lingua natal ao tempo que escollen unha expresión nosa que lles sexa útil para o mellor coñecemento da nosa cultura. 
Neste vído é Mame quen nos presenta o seu relato sobre Senegal. 
Vía CDSG

domingo, 4 de marzo de 2018

Retos para un xornal en wolof… ou en galego

por Cheikh Faye, no Sermos Galiza:

Gústame ler cada día a prensa en papel. É a forma de ler que coñecemos a xente da miña xeración. Eu vin con esa costume do Senegal, e case desde que cheguei leo a prensa a diario. Ao principio tiña problemas para comprender os textos, pero a lectura axudoume a aprender o español. Eu leo a prensa nos bares, que é unha forma de estar con xente e combater un pouco a soidade. A lectura dos xornais tamén me permite estar ao día da actualidade galega, estatal e internacional. Así que para un inmigrante coma min os xornais teñen tres funcións: aprender a lingua para integrarme, sentirme parte dunha comunidade e da conversa, e estar ao tanto das cousas que pasan no mundo.

luns, 4 de marzo de 2013

O declive do akelé por Théodosie



Segundo o Etnologue en Gabón, aínda que só teñen como lingua oficial o francés, fálanse 41 linguas distintas. Algunha delas, como o Fang é a lingua de máis de medio millón de gaboneses porén hai outras prácticamente desaparecidas como a lingua mahongwe. O akelé leva este mesmo camiño e non é unha sesuda lingüista quen explica o proceso, senón Théodosie.
O akelé é un idioma bantú falado por pescadores e agricultores na rexión rios Ogooué y Ngounié e na zona dos los lagos que rodean Lambarene

sábado, 28 de maio de 2011

Wolof

Mais de 80% da poboación senegalesa pode falar a língua wolof. Menos do 10% pode escribila. 
A educación escolar realizada exclusivamente francés, e ésta é tamén a lingua dos medios de comunicación escritos, tanto en papel como en internet. Porén o francés só o  comprende o 20% da poboación, mentras que o wolof é a lingua vehicular da gran maioría dos senegaleses. Así e todo o panorama é moito máis complicado pois nese país aficano podemos atopar outras 14 linguas estudadas e codificadas  xunto a outro grupo de linguas de pequena difusión   (por exemplo o kobiana conta con aproximadamente 400 falantes). ata sumar un total de 37 falas distintas.