Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







Amosando publicacións coa etiqueta Brasil. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Brasil. Amosar todas as publicacións

mércores, 15 de xaneiro de 2020

Hablas español



Escacharrante.
Porta dos fundos é unha das máis importantes canles de You Tube do Brasil. Xa que nós non temos un programa de humor que se lle asemelle, teremos que botar man del, neste caso para a refelxión sociolingüística. Nesta peza deron no alvo, e non é a primeira vez.

luns, 17 de xuño de 2019

SXPL y cierra España!



Segundo a nota de prensa oficial, nestes días de atrás o secretario xeral de política lingüística estivo "difundindo o legado de Antonio Fraguas na cidade brasileira de Baía". Efectivamente, todo indica que houbo unha estreita colaboración entre a Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) e a Associação Cultural Hispano-Galega Caballeros de Santiago. Por unha banda os membros da entidade asistiron a unha conferencia impartida por Valentín García e por outra este último estivo presente na renovación da directiva da asociación. Polo que se ve, houbo un perfecto entendemento, unha total conexión. Non é de estrañar. Se visitamos o portal da Associação dos Caballeros de Santiago  non veremos outra cousa que cursos de español. Esta é a actividade principal, por non dicir a única, dos Caballeros.
Para sermos xustos debemos explicitar un pouco mellor cales son as outras accións dos Caballeros. Tamén imparten aulas de baile, especialmente de flamenco, e con bastante regularidade proxectan unha película.... en español.
Teñen unha frase que repiten decote en todos os anuncios nos que fan publicidade das súas actuacións:

Pensou em espanhol, pensou em Caballeros

Tendo en conta que agora a SXPL, nunha nova reviravolta da política lingüística da Xunta, se adica a subvencionar premios tanto de narrativa como de poesía en español, non podemos negar unha perfecta sintonía entre este organismo e a asociación dos Caballeros. De aí que nos atrevamos a propoñer un lema para todas as actividades nas que, de aquí en diante, teña parte esta Secretaría Xeral:
Pensou en español, pensou na SXPL
Espero que o usen, é o máis acaído ás súas prácticas.

sábado, 15 de setembro de 2018

"Qual política lingüística? Desafios glotopolíticos contemporâneos" de Xoán Lagares

por Diego Bernal no Sermos Galiza:

Há palavras que assustam. Com certeza, glotopolítica é um vocábulo que se nom der medo deve gerar certo afastamento ou rejeiçom em muitas pessoas. Porém, o termo glotopolítica é muito mais próximo de nós do que à partida pode parecer.

sábado, 3 de marzo de 2018

Rosalía universal en 21 linguas



A Universidade de Edimburgo celebrou o Día de Rosalía cunha lectura en galego, italiano, gaélico, tamil, malaio, francés, catalán, español, polaco,... e así ata 21 linguas distintas.
Vía SXPL

Ademais desta proposta, temos varias intervencións máis desde diversos Centros de Estudos Galegos polo mundo adiante:

"Xan" en galego e catalán









Desde o CEG de Río de Janeiro



"Negra sombra", en alemán e galego desde o CEG de Kiel



En húngaro e galego desde o CEG de Budapest



Desde o CEG de Granada



Adiós ríos...en trilingüe en galego, gaélico irlandés e inglés desde o CEG de Cork

domingo, 15 de xaneiro de 2017

mércores, 18 de marzo de 2015

TV Escola. O ABC da Astronomía

A TV Escola é o canal da televisión pública do Ministério da Educação de Brasil destinada aos profesores alumnos e a todos interesados en aprender. Trátase dunha colección de recursos enormes que non podemos deixar de coñecer, sobre todo os galegos. Para ter unha idea das dimensións desta plataforma, bastará con apuntar que na súa canle de You Tube teñen máis de 14.000 vídeos subidos e que isto non representa máis que unha pequena parte de todo o material ao que podemos ter acceso na TV Escola.
Hai algúns vídeos que requiren que estemos logueados para poder velos como é o caso do audiovisual A beleza dos diagramas, un documental de Marcus du Sautoy, por poñer un caso. Porén non teremos problema ningún en acceder a eles xa que non nos nos dificultan o ingreso na plataforma.
Por destacar só unha das múltiples posibilidades deste portal, velaquí un dos capítulos dos 30 da serie ABC da Astronomía. Trátase duns documentais guiados polo profesor e astrónomo Walmir Cardoso que vai percorrendo o alfabeto da lingua portuguesa. Por exemplo temos capítulos adicados á Astronomía, ao Ano luz, ao Big Bang, ..., Raios X, Yuri Gagarin ou Zodíaco. Destácase desta serie que de temática astronómica que está elaborada desde un punto de vista do hemisferio sur, punto de vista pouco usual neste tipo de recursos de divulgación científica, que normalmente nos aportan unha visión centralista, a do hemisferio norte. Así, en capítulos como o das Constelacións podemos aprender sobre aquelas que non se poden ver nunca nas nosas latitudes.
O escolla do vídeo foi feita pensando especialmente nunha persoa fundamental na normalización lingüística nas últimas décadas, Agustín Fernández Paz, autor do libro A viaxe de Gagarin. Así aproveito unha vez máis para insistir en que ciencia e lingua non son campos enemigos, como nos queren facer ver desde zunia que dirixe a política lingüística no noso país e que prohibe o uso do galego na impartición de aulas e nos textos educativos.

´

Estou seguro de que esta entrada non vai ser a última na que faga referencia a este extraordinario portal, TV Escola. Xa que desde a Xunta nunca houbo interese ningún en contribuir ao ensino achegando material audiovisual, non nos queda outra que poñer a vista nos países da lusofonía para ter acceso a este tipo de posibilidades.

martes, 3 de marzo de 2015

A língua das coisas



Suxerente curta dirixida por Alan Minas e inspirada na obra do recentemente finado poeta brasileiro Manoel de Barros. Conta a historia de Lucas, un rapaz que vive co seu avó nun lugar afastado. O avó di pescar historias e palabras no río e entre as árbores. Cóntase a historia do valor das palabras e da súa transmisión que abrollan no medio natural. Pero chega o momento en que os pais veñen buscar a Lucas para marchar a unha cidade na costa, a que aprenda as cousas do mundo, a que comence a ir á escola. Lucas marcha triste pero coa promesa de que o avó lle mandará polo río as palabras que el poderá recoller cando cheguen ao mar.
O filme dá para repasalo e reflexionar moito sobre el. Mesmo é un recurso educativo moi rico e con moitas posibilidades para os que non impartimos as sempre aborrecidas matemáticas, claro.

´Vía Educa-Tube

mércores, 17 de decembro de 2014

O galego segundo Aline



Aline é unha brasileira que desde Santiago de Compostela explica algunhas cousas da nosa lingua para unha canle chamada semfio.tv, especializada en divulgar para o Brasil diversos lugares do mundo.
Vía chuza!

xoves, 15 de agosto de 2013

Arte & Matemática



Documental dirigido por Sérgio Zeigler, realizado pola TV Cultura e TV Escola.
Neste blogue podemos acceder a unha breve descrición dos 13 programas desta serie, acompañados todos dunha ligazón desde a que podemos descargar o vídeo, aínda que non é dificil atopalos en diversas canles de You Tube.
Neste primeiro capitulo da serie explícanse os principais conceptos a desenvolver. A idea subxacente é que as matemáticas son unha forma de expresión inherente á especie humana.

xoves, 8 de agosto de 2013

Calcule mais: Noção intuitiva de limites



Vadeir Vioti, estudante de enxeñería, despois de coñecer o material da Khan Academy, pensou en que podía aproveitar esta idea para facer realidade o seu soño: ensinar matemáticas a persoas sen posibilidades económicas. Elaborou así 600 vídeo aulas que hoxe son seguidas diariamente por máis de 4.000 persoas.
O portal de acceso é Calcule mais. Temos aquí unha enorme colección de materiais para o ensino mediante material audiovisual e que pode ser aproveitado desde Galicia por seren creados en portugués. Outra vez batemos de frente cunha posibilidade de aprendizaxe que o funesto decreto 79/2010 rexeitaría por tratarse de aprendermos matemáticas nunha lingua distinta do castelán.