O que arde, terceira película de Óliver Laxe, terceira presentada no festival de Cannes, e terceira galardoada, neste caso co Premio do Xurado na sección Un certain regard, eleva a lingua galega ao rango de lingua de cinema, premiada en varios festivais internacionais, a un nivel parello ao que tiña acadado o catalán en 2011 con Pa negre de Agustín Villaronga ou en 2017 con Estiu de 1993, de Carla Simón[1].
Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
Amosando publicacións coa etiqueta Arte b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Arte b>. Amosar todas as publicacións
sábado, 7 de decembro de 2019
O que arde, arte universal arraigada no local galego
por Maka Arca, nas Voces de ProLingua:
martes, 11 de outubro de 2016
O xardín das linguas bifurcadas
![]() |
| Foto do Queens Museum |
A elaboración deste proxecto bebe en distintas fontes. Unha delas á a locución inglesa “s/he speaks with a forked tongue”que fai referencia a quen fala cun dobre sentido. Cando nos referimos á expresión "lingua bífida" pensamos na lingua das serpes. Ademais de estar partida en dous, unha outra característica do órgano destes animais é a de estar en continuo movemento. Mariam Ghani transpón a idea de movemento ao do cambio continuo de lingua propio dos inmigrantes, así a ofrece a locución con outro significado. Os inmigrantes viven nun mundo que se move continuamente entre dúas linguas, a súa propia e a do lugar no que residen. Especial atención merecen as linguas que corren perigo de morte. Mariam Ghani identificou 59 delas en Queens e a elas fai referencia este proxecto, nunha homenaxe aos procesos de revitalización e do despertar da conciencia política que precisan.
No mundo fálanse unhas 6000 linguas. Segundo a UNESCO hai máis de 2500 en perigo de extinción., 574 deles en estado crítico. En contraposición a un triste panorama de uniformización a artista reclama que o futuro non está escrito. Así sucedía no conto de Borges "El jardín de los senderos que se bifurcan", de onde recolle o título e o concepto fundamental do proxecto "O xardín das linguas bifurcadas".
![]() |
| Retallo do mapa |
As matemáticas foron empregadas na confección do mapa noutro sentido. Para determinar a área correspondente a cada unha das rexións do mapa utilizouse unha fórmula:
$$e\cdot ln\left( p \right) $$
onde e representa o número que o Ethnologue lle outorga á vitalidade da lingua. É unha cantidade entre 0 e 10. O 0 asignaríaselle a unha lingua de uso internacional e o 10 significa que a lingua está morta. p indícanos o número total de falantes que se estima ten a lingua. Na fórmula emprégase o seu logaritmo neperiano, quizais para ter un número máis manexable. As 59 linguas representadas no xardín de Mariam van do livoniano (con 5 falantes) ao guaraní (case 5 millóns de falantes). Ao calcularlle o logaritmo neperiano o rango oscila entre o 1.61 e o 15.42. A fórmula usada non parece ter ningún significado claro. Trátase do produto de dous números, onde o primeiro crece a medida que empeora a vitalidade da lingua e o segundo crece co número de falantes da mesma. Teñamos presente que para obter o número e da escala do Ethnologue tivo que terse en conta o segundo parámetro.
As cores de cada polígono foron escollidas segundo un criterio de xenética das linguas. Aquelas linguas próximas estarán próximas na paleta de cores. Por exemplo, o ladino e o romanche aparecen en tonalidades de laranxa. Unha lingua como purépecha, sen parentesco coñecido con ningunha outra, como o euskera, aparece en cor grisácea.
Cando accedemos ao mapa interactivo podemos ver información sobre cada unha das 59 linguas recollidas neste proxecto: a familia lingüística á que pertence, os lugares nos que se fala, o número de falantes, o seu número de vitalidade do Ethnologue, un barrio de Queens no que se fala esa lingua e un recurso audiovisual da mesma, normalmente un vídeo. Por exemplo, no caso da lingua istrio-romanesa e nalgún outro, tivo que conformarse cunha ligazón a un portal con audios . Un bonito xardín para visitar.
xoves, 24 de marzo de 2016
Dinche o corazón na man
A voz de Rosalía chegou a todas partes o pasado día 24 de febreiro. Como alfaia de mostra traio aquí este vídeo do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo, no que cantan un poema de Rosalía de Castro que permanecía inédito ata que o profesor Ramón Torrado a publicou nunha revista escolar do Instuto Virxe do Mar (Noia) [1], [2]. O poema Dinche un corazón na man, foi musicado por un profesor do centro, Emilio Mesías Faría, e soa realmente ben.
Con novas coma esta aínda se entende moito menos que a Consellería de Educación se empeñe en seguir sen declarar o Día de Rosalía como unha das conmemoracións escolares [3], [4], [5] a celebrar dentro do calendario escolar. Para completar o paradorxo, o propio conselleiro de educación, posiblemente ante o enorme éxito da convocatoria extra-oficial da celebración, participou el mesmo nun acto na honra de Rosalía.
sábado, 20 de febreiro de 2016
Virxilio Vieitez: Retrato dun decolonizado
por Xoán Carlos Garrido Couceiro, en Terra e Tempo:
Acaba de rematar a exposición de fotografías de Virxilio Vieitez no Museo de Pontevedra. Cando facía a súa obra este creador nunca se imaxinou que fose exposta nun museo. Moito menos que tivera a repercusión que a levou a viaxar polo mundo e ser recoñecida polos profesionais da fotografía, polos historiadores da arte, críticos e especialistas que souberon apreciar o seu traballo.
Pero sobre todo os protagonistas das súas instantáneas xamais se lles ocorrería que fosen colgados en Madrid, Barcelona, Amsterdam e Nova York. E iso, esa falla de recoñecemento en vida que facía que os seus veciños non se sentiran intimidados pola cámara, que dialogaran con ela, que se relaxaran e foran eles mesmos diante da mirada amiga, é seguramente un ingrediente fundamental no éxito destes retratos. Compre lembrar que a maior parte destes son “posados”, hai vontade de ser visto e reproducido, mesmo se preparan para a ocasión e, aínda así, foi capaz de atrapar a naturalidade.
Virxilio achéganos nos seus negativos moita máis realidade que a que está no cadro. E non polo feito de que decidira saír do estudo, de prescindir do atrezzo e tirar as fotos na rúa. Sobre todom no enfoque de Virxilio, o que máis destacan son as ausencias. E iso que son fotos deliberadamente buscadas para subliñar os elementos que a intención do autor ou do receptor destas encargas pretendía. Sábese que Virxilio non buscaba o “marco incomparábel” nin as ruínas que fixeran contrastar as figuras que se pretendían destacar. De feito, Virxilio simplemente deixaba que a realidade se lle puxera diante da camara. Para el isto non era máis que un traballo, atendía unha demanda dos seus clientes. Só que quería que fose un traballo ben feito, que non fose unha chafallada, e que amosase dignidade alí onde houbese que meter o obxectivo por obrigas profesionais. E é así retrata tanta ausencia. Na exposición de Pontevedra había unha sala especial para expresar a unha destas, a da emigración. Subliñamos as fotos dos nenos e dos vellos que debían amosarse cos agasallos que lle chegaban dos emigrados. Mais neses e nos demais cadros fomos quen de atopar máis ausencias significativas.
Virxilio habitaba preto dun dos espazos máis fotografados do mundo, a rapa das bestas de Sabucedo. Aínda hoxe topamos alí todos anos con Cristóbal Hara e outros moitos dos mellores fotógrafos internacionais. Hai espazos paisaxísticos singulares e xoias do noso patrimonio como o Mosteiro de Acibeiro a 10 quilómetros da súa casa. Mais non serán nestes escenarios nos que se plasme a súa obra. Un un lugar emblemático que atraía a súa atención para inmortalizar ás mozas de Terra de Montes, sobre todo cando chegou a cor, foi a Gasolineira de Lamas. Mesmo unha das súas fotos máis significativas tiña como protagonista unha radio. Dorotea do Cará aparece sentada a súa beira, amosando unha expresión que cada quen poderá interpretar segundo as súas expectativas e ideas preconcibidas. Supoño que o seu parente terá a proba de que o agasallo froito do éxito na emigración chegou a bo porto e logrou compensar a Dorotea pola súa marcha ao aliviar a súa soidade. Mais outros apreciamos amargura nesta mistura de tradición e modernidade. Mesmo, quizais haxa quen bote man de esquematismos e vexa un signo de colonización cando precisamente na mirada do autóctono o que é excepcional non é o que forma parte do seu entorno habitual e que resulta singular para os de fóra pode ser habitual para nós.
Até que punto se abusou da categoría de colonialismo para aforrar profundar na complexidade?. Logo houbo que pagar caro o desuso dese concepto ao ser desprestixiado por quen o empregou alegremente mentres lle conviña para despois pasar ao seguinte que se puxera de moda. Certo que podemos atopar poses tipo James Dean e Marilyn Monroe nos “modelos” destas fotografías. Os peiteados eran semellantes aos que aparecían no cine, os nenos xogaban con avións e os “haiga” abundan. Eses coches que recibiron o nome da expresión do que quería mercar un vehículo para ostentar: “Déame el mas grande/mejor/rápido que haiga”. E o impresionante chale de indiano de Soutelo que servía de fondo buscado a varios dos seus retratos. Por certo, este non é obra de emigrantes, senón dun que quedando na Terra quixo facer unha obra que superase ás dos que viñan das américas.
Mais unha ollada simplificadora da obra de Virxilio pode levar a caer na cegueira para apreixar a realidade que el nos amosou, a realidade que nós somos. Podería mesmo empregar o título do libro de Albert Memmi, sen ler dito libro, e despachar esta obra como o retrato dun colonizado. Mais estaría incorrendo nun paradoxo, sería un xeito colonizado de despachar a quen simplemente se limitou a representar a mirada do nativo. Como se no canto de fotografar indios deixáramos que eles colleran a cámara. Virxilio reflicte unha visión limpa que nos axuda a autocomprendérmonos mellor. A saber máis de nós propios, de entrar na fenda aberta polo xeito en que nos achegamos ao universo desde o noso peculiar recanto.
Agora que volve a poñerse de moda o pensamento decolonial, para sorpresa dos compañeiros máis vellos da aula Castelao, que hai 30 anos tiñan traído a Pontevedra a algunha das figuras que outros veñen de descubrir agora. Consideramos que desta volta o concepto de colonización debe vir para quedarse. Non podemos permitir outra vez a súa banalización e o seu desleixo teórico. Claro que hai que ler a Enrique Dussel (ou ver en youtube) como xa daquela o teríamos que ter feito. Pero non vaiamos a cometer o erro de deixármonos colonizar polo pensamento decolonial. Porque como o propio Dussel recoñeceu cando estivo aquí, nas semanas de filosofía, na Galiza levamos tempo pensando por nós propios desde esa perspectiva decolonial e Castelao é un dos autores máis lúcidos nese sentido e quizais algún día será tamén recoñecido internacionalmente como lle aconteceu Virxilio.
Temos que pensar a nosa propia realidade. Para comprendela debemos botar man do pensamento universal e aplicar as categorías que nos poñan a altura do momento. Agora ben, non ocultemos os toxos que rodean á gasolineira que tentamos empregar como elemento que nos sitúe na actualidade, non desenfoquemos a paisaxe cotiá sobre a que temos que traballar. A crúa realidade non é máis que relación, proceso, estratexia, contradición, tensión, confronto... e iso é o que o pensamento ten que ser quen de atrapar.Quizais unha visita a obra de Virxilio nos sorprenda até que punto unha imaxe (sen filtros ideoloxistas) vale máis que mil pensamentos baleiros e abstractos. E que se el foi quen de reflectir a realidade en movemento cunha cámara que precisamente ten como función fixala quieta; a filosofía, unha filosofía decolonial, unha filosofía cos pés na terra, ten que estar aberta á propia situación desde a que pensamos. Cal foi o éxito de Virxilio a hora de reflectir coa súa cámara o seu mundo... ? pois seguramente o fundamental foi asumirse como parte dese mundo que retrataba.
xoves, 15 de agosto de 2013
Arte & Matemática
Documental dirigido por Sérgio Zeigler, realizado pola TV Cultura e TV Escola.
Neste blogue podemos acceder a unha breve descrición dos 13 programas desta serie, acompañados todos dunha ligazón desde a que podemos descargar o vídeo, aínda que non é dificil atopalos en diversas canles de You Tube.
Neste primeiro capitulo da serie explícanse os principais conceptos a desenvolver. A idea subxacente é que as matemáticas son unha forma de expresión inherente á especie humana.
domingo, 15 de xaneiro de 2012
Caderno para colorear
Convén repasar habitualmente o Planeta de ENDL. De alí saquei este bonito caderno para que os nenos coloreen e todos aprendamos algo máis sobre Luis Seoane.
Na escola só nos ensinaron a pintura de El Greco, Velázquez ou Goya e así quixeron extirparnos a alma, excluíndo da escola a nosa arte.
A identidade témola que ir debuxando de cote e velaquí unha fermosa forma de facérmolo.
ppppp
Na escola só nos ensinaron a pintura de El Greco, Velázquez ou Goya e así quixeron extirparnos a alma, excluíndo da escola a nosa arte.
A identidade témola que ir debuxando de cote e velaquí unha fermosa forma de facérmolo.
ppppp
xoves, 1 de xullo de 2010
Atalaia
O Consello da Cultura Galega presentou onte a web Atalaia. Trátase dunha potente base de datos e centro de recursos: iníciase cunha mostra de artistas, que a finais de 2010 contará con información e obras de 50 creadores aos que no 2011 se lle engadirán outros 50, combinadas con información relacionada sobre todo tipo de eventos artísticos celebrados no país entre hoxe e o 2005 (exposicións, feiras, congresos...), publicacións periódicas e non periódicas dedicadas á arte contemporánea e información sobre os espazos e entidades que promoven a arte contemporánea actual. Atalaia combinarase tamén coa actualidade da arte en Galicia, a través da integración coa fluxo de noticias de arte que elabora culturagalega.org.
A maiores, Atalaia dispón de ferramentas de divulgación para introducir aos usuarios nas tendencias e características da arte contemporánea galega actual. É o caso dos Itinerarios, visitas guiadas aos fondos da base de datos por parte de comisarios que introducen ao visitante nas características das obras de arte seleccionadas.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


