Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







Amosando publicacións coa etiqueta Ana Kiro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Ana Kiro. Amosar todas as publicacións

sábado, 25 de setembro de 2010

A importancia de ser de Castañeda

Cando dixo aquilo de que era da Castañeda, con ese orgullo, reconcilieime con ela, que me falaba desde a pantalla da televisión, no programa Tardes con Ana. Antes diso, por rebeldía interxeneracional,  eu non era quen de aturar as súas cancións xa que eran a banda sonora da xeneración dos meus pais, dos que naceran cando a guerra.
Ana Kiro proclamou enchida de razón que era dunha aldea da Arzúa e entón comprendín a importancia do que fixera, que non era só cantar. Aquela xeneración, afectada polas miserias derivadas da guerra e da dictadura, tivera que emigrar masivamente. Moitos fixérono a fóra de Galicia, o resto na propia terra, onde tiñan que disimular que eran galegos. Ana Kiro levoulles a todos eles un anaquiño da terra, o orgullo de seren galegos, o orgullo e a visibilización da lingua.
Se Ana Kiro non recoñecera a importancia de ser de Castañeda non sería ninguén. Por iso eu teño por certo que ela sen a axuda de ninguén fixo moito máis pola nosa lingua e polo recoñecemento de sermos galegos que todas as accións e campañas que, desde o seu nacemento ata o día de hoxe argallou a Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Nos últimos anos a cantante relatou unha e mil veces a mesma historia. Nin Houston, nin Navarra eran mellores que Santiago para ir a tratarse do cancro que padecía. Ela, que sabía onde residía o importante e distinguíao do prescindible con enorme lucidez, dounos unha última lección e explicounos co seu propio exemplo que podemos desprezar o que somos para convertirnos en ninguén, ou declarar con orgullo que un levou unha vida plena precisamente por iso, por non esquecer nin renegar nunca que era de Castañeda.

martes, 9 de febreiro de 2010

Beyoncé contra Ana Kiro

A semana pasada entregáronse os premios grammy e Beyoncé foi a protagonista ao gañar 6 deles. Preguntarédevos a que ven esta noticia nunha bitácora centrada na normalización.
Pois a cousa é que nós preferimos a Ana Kiro, se aínda non o entendedes, mirade o seguinte vídeo.
Na opción "Choose language", escollede a opción "galician", por suposto.



Agradecémoslle a idea a linguademontes