Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







Amosando publicacións coa etiqueta internet. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta internet. Amosar todas as publicacións

martes, 11 de xaneiro de 2022

Wordle en galego

Moitos recoñecerán a seguite imaxe. Corresponde a un xogo que se fixo viral nos últimos tempos, o Wordle

⬜⬜⬜⬜⬜

⬜⬜⬜⬜🟩

🟩⬜⬜⬜🟩

🟩🟩🟩⬜🟩

🟩🟩🟩🟩🟩

Foi creado por Josh Wardle, un enxeñeiro norteamericano que o creou para a súa parella, moi afeccionada aos xogos de palabras. Trátase de adiviñar unha palabra de cinco letras en, como moito, 6 pasos. O xogo só admite como palabras válidas aquelas do seu dicionario asociado. Hai que escribir unha palabra. Se acertamos coa letra e a posición, marcará a letra en verde. Se a palabra ten a letra pero está noutra posición, marcarase en amarelo e se a letra non forma parte da palabra a adiviñar, aparecerá en gris. No exemplo colocado aquí non aparecen marcas en amarelo porque cada vez que se acertou unha letra, colocouse na posición que ocupa na palabra.

Se traio por aquí esta novidade é porque hai un #WordleGalego. Podes probar a xogar aquí.

Por certo, esta iniciativa debémoslla a Abraham Martínez Gracia


xoves, 27 de novembro de 2014

Buydeal, premio Manuel Beiras 2013




O Departamento de Lingua Galega (DLG)do Concello de Santiago e a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela convocan anualmente o Premio Manuel Beiras co fin de outorgar un recoñecemento público ao esforzo de normalización do uso do galego no sector empresarial. Con este premio queren lembrar a figura dun histórico comerciante compostelán destacado loitador da nosa cultura e da nosa lingua.
Na convocatoria do ano pasado premiaran a buydeal.es, unha empresa de venda on-line. Na lista de reprodución da canle do DLG pódese acceder a unha serie de vídeos doutros premiados.

venres, 2 de maio de 2014

Con Díaz Castro


Xa que este mes estaremos cargados de actividades arredor de Díaz Castro, será certo o que di a canción de Paco Nogueiras Nodar.
O certo é que me propuxen buscar algo na arañeira da rede que non estivera na recompilación de Xosé María Díaz Castro feita por Botóns, ... e custoume ben de traballo atopar algo.

domingo, 26 de maio de 2013

A Galipedia explicános como navegar en galego

Todo navegador incorpora unha lingua como predeterminada. Esta vai ser a lingua que teña prioridade á hora de navegar pola rede.
Para que os navegadores presenten preferentemente as entradas da Galipedia, a posibilidade de descarga e acceso a materiais en galego, cómpre telo configurado co galego como lingua de preferencia. Neste mesmo blogue xa fixéramos referencia a unha ferramenta que nos explica como facelo nos navegadores Chrome, Firefox e Explorer: o blogue navega en galego. Mesmo aquí na columna da dereita temos un acceso directo a esta aplicación.
Agora presento unha páxina, precisamente da  Galipedia, na que se explica o mesmo nunha maior variedade de navegadores. Ademais dos anteriormente citados están Aora, Konkeror, Opera e Safari.
O que realmente compría, sería que as computadoras que nos venderan viñeran coa pre-configuración nos navegadores na nosa lingua. Deste xeito, os que navegamos en galego somos unha especie de obxectores ao sistema imposto. Para facer isto realidade compría unha outra política lingüística, que a Xunta se preocupara realmente sobre o asunto e que se estableceran leis de consumo que garantiran a protección da nosa lingua.
Polo de agora temos o de sempre. Centos de leis que protexen a lingua hexemónica: o castelán.


Vía Chuza!

domingo, 2 de decembro de 2012

Gústame o gústame


Encantome a iniciativa que a CTNL levou ao Culturgal. Gústame o facebook do gústame. Tamén me gustou o gústame do twiter. E a súa presentación:
Gustame..., que me digan "qrt m8" ;-), ...que nos pubs poñan música en galego, ...que non me traduzan o café con leite. E A TI, QUE CHE GUSTA? #gustameogalego
 E de entre todas as imaxes, por suposto, a que máis me gustou é esta que peguei aquí. 

domingo, 18 de novembro de 2012

Navega en galego

Razóns para navegar en galego
Presento nesta mensaxe un blogue da autoría de Xosé Manuel Sardiña que, máis que un blogue, é unha ferramenta que nos permite coñecer se o noso navegador fala en galego ou non. Debemos ter en conta que o idioma preferido do navegador ven imposto por defecto en español, e se nós non cambiamos a súa configuración as nosas visistas non contarán como as dun galego.
Pero, por que navegar en galego? As razóns, que tamén se debullan no blogue Navega en galego son as seguintes:
  • Se os xestores dun web contabilizan moitas visitas en galego é posible que traduzan o web á nosa lingua.
  • Hai webs multilingües. Ao accedermos a elas verémolas en galego.
  • Promocionarase a procura na Galipedia.
  • Baixaremos os programas en galego.
  • Potenciaremos a creación de traballos relacionados coas novas tecnoloxías entre a xente do país.
Como navegar en galego
No caso de non termos o(s) noso(s) navegador(es) configurados co galego como lingua de preferencia, esta ferramenta indícanos os pasos a seguir para cambiar a configuración. Basta con acceder ao blogue Navega en galego e debemos facelo desde todos os navegadores que usemos.
As explicacións son simples e claras. Seguilas levan moi pouco tempo. Ademais van acompañadas dun vídeo no que se detallan paso a paso.
Por todo o que veño de comentar invito a quen pase por aquí a premer na froita que aparece por esta pantalla.

mércores, 16 de maio de 2012

Doodle e Making Off

por Begoña Outeiro, no Praza:

Que este artigo ou similar comezase cun making of sería o normal, o desexábel. O lóxico dada a xente implicada, a cantidade de ilusións e esforzos existentes por m2. Máis aínda tendo en conta unha das receitas máxicas que adoitan mencionarse como claves para saírmos da crise: o tan cacarexado emprendedorismo. Claro que como aquí imos tentar explicar sen entrar en moitos detalles dos que poidan desvelar miserias mundanas próximas ao ridículo na proxección das grandes compañías globais globalizadas e globalizadoras; neste caso e porque sempre estamos a anovar até cando non é imos falar dun making off. A estas alturas xa imos afeitos, non? Outra luz que se apaga á dereita do fondo da saída do túnel.

domingo, 15 de xaneiro de 2012

Puntogal.gal

 A Asociación Puntogal, co apoio da secretaría xeral de Modernización da Xunta de Galicia, remitirá á ICANN a candidatura para un identificador de máximo nivel para a lingua e a culturas galegas, o “.gal”.
Unha vez recibidas todas as candidaturas, a ICANN avaliará aos candidatos a través dun complexo exame nun prazo que oscila entre os doce e os dezaoito meses. No caso de superar o exame sen ter que aportar información suplementaria, poderanse rexistrar dominios .gal a partir de mediados de 2013. Daquela, por fin, poderemos acceder a dominios como puntogal.gal.