Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







Amosando publicacións coa etiqueta Marta Souto. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Marta Souto. Amosar todas as publicacións

domingo, 27 de xaneiro de 2013

Normalizar desde un SNL

por Marta Souto, no Sermos Galiza:


Ao me propoñer un artigo sobre o labor normalizador dende e nunha cidade, a través dun servizo de normalización lingüística (SNL), foi moito o que me veu a cabeza , ao cabo moito é o tempo neste servizo e abondas experiencias -positivas e negativas- que se van acumulando. Podería, mais axiña o rexeitei, falar sobre funcións, actividade, lexislación, orzamentos... pero creo que a reflexión sobre o día a día, sobre o que podes facer, o que che deixan facer... sobre o como facer, con quen, e cara a quen é máis acaido. Unha reflexión dende esta cidade viguesa que non se caracteriza polo uso do galego, pero tampouco por un rexeitamento á lingua propia nin ás actividades que dende o SNL ofertamos. Unha reflexión dende unha administración que no ano 1989 aproba a Ordenanza municipal de normalización lingüística, crea nese ano o SNL, posteriormente a Comisión Cidadá de Normalización Lingüística, no 2005 o Consello Social da Lingua e un ano despois o Plan de dinamización lingüística.