Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







Amosando publicacións coa etiqueta morte. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta morte. Amosar todas as publicacións

martes, 16 de outubro de 2018

Deixa en herdanza a túa lingua



En ningún lugar está tan morta al lingua galega como nos cemiterios. Por iso, un ano máis a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística pon en marcha unha campaña polo uso do galego nos documentos notariais e nas lápidas mortuorias.
Este é o texto co que se presenta o audiovisual:

Houbo tempos –séculos atrás- que era frecuente encontrar nos protocolos notariais mandas testamentarias. Nelas o testador impúñalles aos herdeiros obrigas de carácter piadoso, por regra xeral. Case todas elas referidas ás crenzas relixiosas imperantes na sociedade: celebración de cabodanos, construción de cruceiros ou hermidas cunha advocación conreta... Desta maneira foise consolidando xeración tras xeración o respeto e fomento dunha cultura relixiosa. Certo é tamén que había outras moitas cargas para os herdeiros como por exemplo “dar unha pitança o día festa” aos criados. Nun comezo eses protocolos notariais estaban escritos en galego.Tempo despois, a partir do século XVI, foron reemprazados pola prosa notarial en castelán. A Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, vén publicando unha colección de libros titulados “En galego,agora e sempre”, que recollen modelos de mandas testamentarias nas que se lles encomenda aos beneficiarios testamentais a defensa do patrimonio cultural e lingüístico, como un legado inmaterial que deben conservar no futuro. Bos exemplos para que retomemos aquel vello costume de incluír neles mandas específicas con esta nova orientación.

venres, 20 de outubro de 2017

A memoria da lingua na paisaxe

por Xosé Rodríguez en La Región

A paisaxe galega atesoura unha rica memoria cultural e lingüística que definíu ao pobo que a habita. Cada anaco da súa terra: montañas e serras, fragas, soutos, carballeiras, ríos e rías, lameiros e veigas son escenarios con cadaseu nome, e todos eles evocadores do imaxinario popular. De aí que os seus habitantes mantivesen unha forte unión entre a lingua e a paisaxe; entre a cultura e os espazos xeográficos aos lles foi poñendo nomes para identificalos, alusivos ás súas peculiaridades ou propiedades naturais.

xoves, 5 de outubro de 2017

A lingua na vida dos mortos

por Xosé Castro Ratón no Diario de Ferrol

Forma parte da nosa boa tradición social render tributo á memoria dos nosos devanceiros mortos. Facémolo arredor dunha data consagrada polo santoral católico á festividade de todos os santos, aínda que no misal sexa realmente o día que sigue a este citado. Pesa, con forza, o feito de ser xornada sen actividade laboral en moitos dos traballos. Tempo de visita aos milleiros de cemiterios do país, co cerimonial que supón o lavado de cara e adorno luminoso e floral do sartego, nicho ou sepulcro familiar sen reparar nun feito lamentábel, a lingua utilizada na lápida dos defuntos.

luns, 3 de novembro de 2014

Em Companhia da Morte



Documental filmado na freguesia de Castro-Laboreiro (Melgaço-Portugal) por Vanessa Vila Verde, João Aveledo, e Eduardo Maragoto.
As mulleres que aparecen neste audiovisual falan de figuras como a da Santa Compaña, e aínda que son de alén da raia, polo aquel ese do contíumm latino, falan coma nós. Vese que o documental está feito con todo o cariño a aqueles que aíndan conservan vivas tradicións orais que definen a nosa especial visión do mundo. Ben fermoso.
Vía PGL.gal

venres, 30 de maio de 2014

En Salceda de Caselas trabállase polo futuro da nosa lingua

por Xosé González no Galicia Confidencial:

En Salceda de Caselas remata o mes das Letras Galegas cun acto de reafirmación do galeguismo individual. Ben están os outros que foron convocados arredor da figura de Díaz Castro. Pero de nada servirá que enchamos os andeis das librerías con libros galegos se a maior parte da sociedade galega vive desgaleguizada. A lingua galega ten que procurar outros espazos sociais para que sectores tradicionalmente alleos ao discurso da normalización o fagan seu. Para que isto aconteza cómpre mudarmos o discurso e medios empregados deica hoxe.

mércores, 29 de maio de 2013

Últimas cancións

A diversidade lingüística é unha característica fundamental da humanidade. A principal evidencia da deshumanización da civilización nas últimas décadas evidénciase na continua desaparición de linguas a unha taxa de dúas por mes. Os seguintes vídeos van cargados de tristura. Neles podemos escoitar algunhas cancións dos últimos falantes dalgunhas linguas, hoxe xa desaparecidas.
No primeiro Helen e Bobby Hogg cantan en cromarty, unha lingua escocesa. O seu último falante foi Bobby,  morreu en outubro do 2012.





Boa Sr era a última superviviente dos Bo.


No seguinte vídeo Lydia Bolxoeva, é unha dos menos de 40 falantes da lingua Tofa, tamén nos canta unha triste canción:



venres, 20 de xaneiro de 2012

Vivir en galego. Morrer tamén

por Francisco Xosé Rei García, en Terra e Tempo:

A situación da lingua propia do país nos territorios da Galiza é ben coñecida e é obxecto de estudo por parte de especialistas, mais tamén albo xeneroso para as setas atiradas desde determinados medios de comunicación e certas institucións, a Xunta a primeira, que tencionan conseguir un proxectado lingüicidio. Vivir integramente en galego está a se converter nunha realidade seriamente ameazada, minoritaria, tanto polo proceso de substitución lingüística como pola forte hibridación a que está sometido o idioma. Son dúas estratexias ben argalladas nos gabinetes mediáticos e gobernamentais que levan sendo denunciadas desde aquí (e non só) en reiteradas ocasións, motivo polo cal non imos conceder a tales dúas orientacións máis espazo no presente artigo. Fique clarificado, antés de máis, que por vivir en galego entendemos poder desenvolver a nosa vida nesta lingua desde que nos erguemos até ao momento de nos deitarmos: interaxirmos nas relacións de parella, no traballo, na libraría, na tenda do bairro a que imos comprar o pan, no cinema, no notario, nas conversas coas veciñas e cos veciños, no bar da esquina da casa, no cabeleireiro, na froitaría, no tallo etc.