O pasado martes 16 un doente ten que cubrir un impreso. Trátase dun consentimento para o tratamento dos datos persoais como paso previo a unha intervención cirúrxica. Danllo en castelán. Sempre o dan en castelán. É a imposición da normalidade. O normal, en Galicia, é que che den todo en castelán.
O doente solicita que llo entreguen en galego, pois polo menos debería ser normal que ao solicitalo, non tivera problemas. Pero hainos. Sempre os hai. É a imposición da anormalidade. O anormal, en Galicia, é que cando pidas que cho dean en galego, obteñas o que pides.
A cousa vai así. Se preguntas polo documento, dancho en castelán. Se dis que o ques en galego, non che dan un papel. Danche un problema.
"Si lo quieres en gallego vas tener que esperar". "Y total, que más te da". Son respostas habituais. É a normalidade da anormalide. Desta vez o argumento, foi "legalmente no tenemos obligación de disponer del consentimiento en gallego". E aínda bo foi. Porque ben podían espetarlle: "no nos vengas con imposiciones" ou, aínda peor. Todo se pode empeorar: "vosotros, los separatistas, por que no os marchais a que os operen en Portugal?".
Menos mal que nos queda Portugal, porque senón nin terían lugar a onde mandarnos.
Río por non chorar porque o conto éche ben triste e o caso, moi serio.
Ver: CiberIrmandade e A Mesa
P.S.: Relato completo do caso, outra vez na [1] e [2]
Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
Amosando publicacións coa etiqueta CiberIrmandade da Fala b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CiberIrmandade da Fala b>. Amosar todas as publicacións
sábado, 21 de xaneiro de 2012
luns, 16 de xaneiro de 2012
Un exemplo da exclusión do galego na xustiza
Se un ex-conselleiro ten que agardar 3 horas no xulgado para que un tradutor completara a versión en castelán da súa declaración, que sucederá cun cidadán que queira expresarse en galego nun xuízo?
Podémolo ver aquí, primeiro ínstase a que o faga en castelán, e despois aprázase a declaración ata o nomeamento dun intérprete:
Vía Ciberirmandade da Fala
Podémolo ver aquí, primeiro ínstase a que o faga en castelán, e despois aprázase a declaración ata o nomeamento dun intérprete:
el imputado manifiesta que sólo [sic] quiere declararar en gallego, polo lo que S.Sª. le solicita que hable en español, negándose el declarante. Dando por suspendida la presente declaración a la espera del nombramiento de un intérprete.Alén disto, por moito que o cidadán queira que o procedemento se tramite en galego, será imposible, pois o programa de xestións dos xulgados, Minerva NOX, exclúe esta posibilidade desde hai case dous anos.
Vía Ciberirmandade da Fala
domingo, 1 de xaneiro de 2012
Cal é a fonte destes estraños e balorentos topónimos?
"Os
nomes de lugar da Galiza nos mapas Bing son pre-constitucionais, é dicir, datan
da época da ditadura de Franco, estrañamente 'traducidos ao español ".
Estes topónimos xa están en desuso. A Lei de normalización lingüística, que
aprobou as formas galegas como único nome oficial dos nosos lugares pronto fará
30 anos. Cal é a fonte destes estraños e balorentos topónimos?"
Se ao ver o mapa adxunto, ou mesmo mirando no web de mapas Bing, concordas con este texto, desde a CiberIrmandade convídannos a copiar/pegar a versión en inglés deste texto que eles mesmos nos ofrecen para enviarlla a Bing. Aquí vén todo explicadiño.
A pregunta é completamente pertinente. Bing, como todo o relativo á arañeira de internet, é unha ferramenta nova. A que escuros e barolentos arquivos irían a remexer?
luns, 14 de marzo de 2011
ガリシアへ行こう!
ガリシアへ行こう!é o blogue en galego dun xaponés, Masashi Oki, que desde Tokio, na súa nova casa, á que acaba de mudarse, nos conta as súas impresións sobre a terríble situación que están a sofrir naquelas latitudes.
Masashi que acaba de casar, enviou tamén un artigo que o Xornal publicou hoxe.
Vía CiberIrmandade da Fala.
Masashi que acaba de casar, enviou tamén un artigo que o Xornal publicou hoxe.
Vía CiberIrmandade da Fala.
mércores, 17 de novembro de 2010
Ordenadores das escolas en galego
por Cris Moss, no Xornal:
Cando a Xunta de Galicia presentou publicamente os portátiles dos que gozarán os cativos das escolas galegas a través do proxecto Abalar, os ordenadores que alí se utilizaron viñan configurados en castelán por defecto, pero non en galego. Así se denunciou desde numerosos foros.
Agora, varias semanas despois, o portal Ciberirmandade da Fala anuncia que a Xunta recuou para configurar o galego como idioma por defecto nos portátiles educativos. Foi, segundo se asegura, grazas á “cantidade considerable de mensaxes enviados a responsábeis da Xunta e representantes políticos”.
Este portal aclara que consideraba “ben a inclusión do castelán nos portátiles, ao igual co inglés”, aínda que sempre “que se ofrezan como escollas alternativas á lingua principal, que debe ser o galego”. Ademais, solicitan tamén que se inclúan outros idiomas como o francés, o inglés e o portugués.
Ciberirmandade da Fala insiste en que a inclusión da lingua portuguesa iría “en coherencia” coas palabras do presidente da Xunta, Núñez Feijóo, que advertiu varias veces da potencialidade comunicativa de Galicia ao poder facer de ponte entre a anglofonía, a lusofonía e a hispanofonía

sábado, 18 de setembro de 2010
Ayuntamiento de Baltar
Así é como debería figurar o nome deste concello: ayuntamiento de Baltar, Orense.A web deste suposto concello galego, para vergonza dos seus veciños, descoñece o galego. Por esta razón a CiberIrmandade da Fala lanza a campaña de enviarlle correos mostrando a desconformidade con este desprezo polo galego.
Os da CiberIrmandade xa cho dan todo feito, só tes que cubrir un par de datos. Anímate.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)