Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







Amosando publicacións coa etiqueta Miguel Moreira Barbeito. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Miguel Moreira Barbeito. Amosar todas as publicacións

domingo, 16 de novembro de 2014

Moreira Barbeito: "Hai que chegar aos que o poder lles roubou a lingua"

Entrevista a Miguel Moreira Barbeito en La Voz:
A tese de doutoramento do filólogo Miguel Moreira Barbeito (Narón), que dirixiu a escritora e profesora Teresa Moure, converteuse nun libro que leva por título Contra a morte das linguas. O caso galego (Xerais) e que será presentado esta tarde na librería Brañas Verdes de Carballo (19 horas). O autor estará acompañado por Marcos Maceira, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, e Paco Souto, representante da plataforma Queremos Galego en Bergantiños.-¿Como definiría a situación actual do galego?

domingo, 18 de maio de 2014

Miguel Moreira: "Falar galego supón unha actitude ética"

Montse Dopico entrevista a Miguel Moreira para Praza Pública:


Hai xa tempo que se está a falar de como renovar o discurso arredor da normalización do galego. Non para negalo, senón para apontoalo. Son diversos os debates que se desenvolveron, ao respecto, nos últimos anos. E unha das perspectivas que se está a abrir camiño con máis forza é a ecolóxica, proposta por autoras como Teresa Moure. Un dos alumnos desta, Miguel Moreira, acaba de publicar en Xerais o ensaio Contra a morte das linguas. O caso do galego, que afonda, precisamente, na óptica ecolingüística. Falamos con el deste libro, repasando, ademais, boa parte das controversias sobre o tema. O autor presentará esta obra o vindeiro día 17, acompañado por Pilar García Negro, ás 18:00 horas no local Test Pop Up (rúa Barcelona, 58), na Coruña, nun acto organizado pola libraría Suévia.

O teu libro desenvolve unha perspectiva ecolóxica sobre a lingua que estaba xa presente en obras de Teresa Moure ou Goretti Sanmartín. De que maneira se pode renovar o discurso a prol do galego a través desta óptica?
É un campo moi pouco traballado no noso contexto. A perspectiva ecolingüística ofrece alternativas para a conservación da diversidade lingüística. Trabállase nesta dirección no campo da biodiversidade. Mais a desaparición de linguas non causa a mesma alarma social que a extinción de especies animais ou vexetais. Se cadra tamén porque desde ámbitos científicos como a lingüística ou socioloxía non se desenvolveu esta perspectiva. Fáltannos traballos desde o galego e feitos en galego que a adopten. Porque ten moito que achegar.

luns, 13 de xaneiro de 2014

Polbo > poly̆pus

por Miguel Moreira Barbeito no Sermos Galiza:

Segundo a hipótese da relatividade lingüística as linguas, lonxe de constituíren unicamente instrumentos con que nos comunicamos as persoas, constrúen a realidade que nos rodea dun xeito único en cada caso. Isto é, o feito de sermos falantes de galego determina que interpretemos o mundo de forma diferente a como o fan as persoas falantes de noruegués, italiano ou español; e que isto sexa así non vén dado pola nosa procedencia, senón polo filtro con que percibimos a realidade.

domingo, 10 de novembro de 2013

O abadi e a normalización lingüística

por Miguel Moreira Barbeito no Sermos Galiza:


O abadi é unha lingua de Papúa - Nova Guinea cunha comunidade de falantes de 4.300 persoas en lixeiro aumento que manifesta unha actitude positiva cara a ela en todos os tramos de idade. Unha lingua que desde hai tempo mantén un territorio e un número de falantes estábeis, circundada por outras pequenas comunidades con linguas diferentes. Nun contexto como este en que as persoas de tribos e linguas diversas conviven nunha situación de respecto mutuo as políticas lingüísticas carecen de sentido, de tal xeito que as persoas encargadas de administraren a comunidade do abadi poden non normalizaren a lingua para a salvaren. Máis aínda, para as linguas como esta os procesos de normalización supuxeron moitas veces a súa extinción, pois non subsisten cando se aplican procedementos pensados para aqueloutras de Occidente.