Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







Amosando publicacións coa etiqueta Galiza co Galego. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Galiza co Galego. Amosar todas as publicacións

mércores, 30 de maio de 2012

Ramón Carballal Pernas

por Xosé González, en Galicia Confidencial:

Os plans de estudo das facultades de Dereito e das escolas de prácticas xurídicas non instrúen aos seus alumnos no coñecemento da nosa tradición xurídica. Tampouco os colexios e asociacións profesionais teñen posto moito empeño para cubrir estas lagoas informativas. Todo iso fai que moitas das figura egrexias do foro sexan descoñecidas polos profesionais do Dereito.. Tal é o caso de Ramón Carballal Pernas, maxistrado que fora da Audiencia Territorial da Coruña deica 1982, ano do seu pasamento.

venres, 13 de xaneiro de 2012

Francisco López: 'Que aprender en galego sexa doado, normal e un dereito pleno'

Xurxo Salgado entrevista a  Francisco López para Galicia Confidencial. (por certo, cun titular realmente desacertado).
Francisco López é un dos impulsores de Galiza co galego, unha entidade que pula polo ensino en galego, especialmente en infantil.


Galiza co Galego naceu no ano 2009 como un  movemento popular, resultado do debate social suscitado pola decisión da Xunta de impoñer o decreto do trilingüismo e co obxectivo de sumar máis de 3.000 compromisos a prol dunha Asociación que garanta o dereito á educación en galego.

Conta coa colaboración de asociacións en defensa da lingua, asociacións pedagóxicas, sindicatos e cooperativas de ensino de Galiza, Galiza co Galego elaborou un proxecto de Rede de escolas infantís, cun programa educativo común e aberto.

Conseguido o obxectivo dos compromisos en maio de 2011, o vindeiro sábado 28 de xaneiro terá lugar a asemblea de ampliación desta asociación.

Galicia Confidencial (GC).- Está Galiza co Galego cumprindo as súas expectativas iniciais?
Francisco López (FL).- Estamos a cumprir co calendario de traballo proposto. En Maio de 2011 superamos os 3000 compromisos e recibimos o mandado de organizar o movemento mediante unha asociación que garanta o dereito á educación en galego da cidadanía. O 28 de xaneiro faremos a asemblea da Asociación Galiza co Galego, na que se incorporarán como socios e socias máis de 3.150 persoas. Organizaremos unha Rede de Escola Populares Infantís e tamén unha Cooperativa de Ensino Popular.

sábado, 14 de maio de 2011

Asamblea de Galiza co galego

Na sede da Asociación Pedagóxica Nova Escola Galega (situada na rúa San Clemente 18, Baixo, 15705 Compostela) para o día 17 de maio ás 18,00 horas está convocada a Asamblea Extraordinaria de Galiza co Galego, a asociación creada co fin de impulsar unha rede de escolas infantís en galego.
Despois de conseguiren o seu primeiro obxectivo, a adhesión de 3.000 apoios, a comisión directora de Galiza co Galego pode comenzar a facer efectivos os seus plans. Tal e como comenta o seu presidente, non será posible facelo para o vindeiro curso, porén co apoio de NEG, da AS-PG e de varios sindicatos, xa deron os primeiros pasos para iren construíndo o que debería ser tamén un obxectivo fundamental dunha Xunta que poidera cualificarse efectivamente de galega, o de establecer un ensino real e comprometido co galego.

mércores, 25 de agosto de 2010

2011: o ano das escolas en galego

A plataforma Galiza co galego presentou onte o seu proxecto 'Polo dereito dá infancia á educación en galego', que pretende promover a creación dunha rede privada e popular de escolas infantís que impartan a súa educación en galego. Aínda que o seu desexo era comezar o vindeiro setembro, os primeiros centros da rede privada de escolas infantís en galego que promove Galiza co Galego estarán listos para o curso 2011-2012.
Como a Xunta está metida nunha campaña para eliminar ou reducir a presenza do galego no ensino, moitos pais chegaron á conclusión de que a única forma de acceder a un ensino na nosa lingua é mediante a iniciativa privada. Namentras pagaremos impostos para substituir libros en galego por outros en castelán, promoverase o uso do castelán no ensino, presionararase ao profesorado para que imparta as súas aulas en castelán... cando o nível de uso do galego no ensino non universitario anda polo 35%.
Unha pena.
Máis información en Galicia Hoxe e A Nosa Terra.

xoves, 5 de agosto de 2010

Galiza co Galego e Prolingua

No Galicia Hoxe apareceu onte un artigo co título Engraxando a máquina no que se comentan as últimas novas da iniciativa Galiza co Galego, a plataforma que frente aos contínuos ataques á nosa lingua,  quer crear escolas privadas en galego. A idea xa foi criticada desde Terra e Tempo, por ser anti-social. Hoxe membros desta plataforma entrevistaranse con Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización.
Tamén se informa de que  Prolingua vai iniciar unha campaña de correos masivos para protestar polas situacións de acoso que vive o idioma galego.