Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







Amosando publicacións coa etiqueta colaboración. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta colaboración. Amosar todas as publicacións

mércores, 4 de marzo de 2015

Rosalía das ondas do mar



E seguimos con Rosalía. Nesta ocasión co vídeo no que colaboraron un total de 26 centros da zona do Morrazo, a iniciativa do CEP Sequelo (Marín). Toda unha fazaña para unha idea completamente orixinal.
Visto tamén no CEIP A Pedra (Bueu)

sábado, 28 de febreiro de 2015

Nós cantar cantamos


O curso pasado no IES Pintor Colmeiro fixemos unha colaboración co IES Ramón Mª Aller Ulloa chamada "Nós cantar cantamos" que consistía na recollida e divulgación de 36 poesías doutras tantas autoras para construir un taboleiro colgando unha cada día e así unir o Día de Rosalía co Día da Poesía.
O equipo de poetas é de luxo. E as ilustracións, outra marabilla; foron realizadas nas aulas do Bacharelato de Artes de 2º BAC do IES “Ramón Mª Aller Ulloa”. O libro que recompila todo este traballo é unha alfaia máis nese Día de Rosalía que xa brila máis que ningún outro na constelación das celebracións do ano.
O título do poemario fai referencia ao poema de Cantares: "Eu cantar cantei"

Outras publicacións arredor do Día de Rosalía:

venres, 28 de febreiro de 2014