Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







Amosando publicacións coa etiqueta Belén Regueira. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Belén Regueira. Amosar todas as publicacións

mércores, 4 de outubro de 2017

Ari[t]mar: dupla irmandade galego-portuguesa

A finais deste mes (31/10/17) celebrarase a gala do Ari[t]mar do presente ano na que se entregarán os premios aos mellores poemas e mellores músicas en galego e portugués. Na pasada edición as cancións gañadoras corresponderon á galega Cantiga da Montaña de Xabier Díaz &Adufeiras de Salitre e á portuguesa Capicua de Medusa.
Especialmente agradecida é a idea que tiveron de publicar en formato de vídeo-poema as gañadoras do certame poético nun acto de dupla irmandade. Velaquí que o mellor poema portugués Não sei, minha filha... de José Ricardo Nunes foi lido por Belén Regueira:



e o mellor poema galego, O corazón, de María do Cebreiro pódese escoitar na voz de Rui Spranger. Unha feliz iniciativa que conviña seguir divulgando deste orixinal xeito.

venres, 27 de xaneiro de 2017

De pre-neofalantes a neofalantes



Hai que ter as ideas moi claras para ir a un certame de conferencias para a normalización do galego e botar a metade do discurso en castelán. Belén Regueira ten as ideas moi claras, e aínda mellor, sabe explicalas moi ben e moi claramente.
Na primeira parte deste monólogo, en castelán, Belén Regueira fai visbles unha chea de prexuízos. Cada un deles é un ladrillo máis no muro que o pre-neofalante constrúe para manterse alleado do galego. Na segunda parte, agora si, en galego, o neofalante vai derrubado o muro e evidenciando os prexuízos. O proceso non é fácil, pero si liberador. O discurso de Belén Regueira é unha invitación a todos os pre-neofalantes a dar o paso. Temos, xa que logo, outro recurso para as aulas e todo tipo de contextos desgaleguizados que chega desa fonte fresca que é a CTNL.

luns, 26 de setembro de 2016

A perda da escuridade



No Sermos 214 inclúese un A Fondo adicado á contaminación luminosa coordinado pola Agrupación Astronómica Ío e na que atopamos aportacións de Juan Antonio Alducin, Salva Bará, Marcos Pérez, Martin Pawley e un impagable artigo de Xabier P. Docampo. A desaparición dos vagalumes.
Este especial coincidu coa publicación na canle de Youtube da International Dark-Sky Association da versión galega do documental de 6 minutos A perda da escuridade. A trdución foi realizada por Salva Bará (USC) e Martin Pawley e contaron coa voz da locutora Belén Regueira. Deste xeito o galego súmase ás outras 17 linguas nas que se divulga este vídeo.
Hai un ano que o parlamento aprobara unánimemente unha declaración institucional en defensa do ceo nocturno, declaración que nunca foi máis alá. Debería ser a base para o establecemento dun protocolo de actuación de redución da emisión de fontes de luz artificial innecesarias que establecese as pautas polas que se deberían guiar as administracións neste ámbito. Algunhas recomendacións témolas na seguinte presentación.

domingo, 16 de xaneiro de 2011

Denuncia sobre a situación da lingua galega entre os cativos

Belén Regueira era a presentadora do programa da TVG, O País dos Ananos. Un programa orixinal, construído sobre a  particular mirada dos nenos sobre o mundo e unha presentadora que me sorprendera pola corrección e soltura coa que falaba a nosa lingua ( e mira ti, era unha neofalante!) e que acabaría recibindo polo seu traballo o premio Mestre Mateo á mellor comunicadora de televisión do 2008.

venres, 17 de decembro de 2010

Comenza a navegar A Nave das Ideas

 A Nave das Ideas nace en Vigo coa vontade de unir, mediante redes, a visión do mundo imaxinada e conformada nesta beira do Atlántico cos remuíños e correntes de pensamento e cultura que circulan polo resto dos océanos.
O pasado 10 de decembro organizaron unha charla-coloquio: "Pero,... que raios é iso dos neofalantes?". Nela participaron  Séchu Sende, con moito humor; Daria Shornikova, tal e como ela mesma di, se descartamos que é rusa a súa historia é bastante común; e Belén Regueira, simplemente excepcional. Tres neofalantes, tres vídos dignos dun documental do estilo do das Candongas do Quirombo.