Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







Amosando publicacións coa etiqueta Carlos Yus. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Carlos Yus. Amosar todas as publicacións

luns, 19 de agosto de 2013

Orella pendella. Chuchurruchú vs. touporroutou

Orella pendella é o portal da literatura popular infantil de Galicia mantido por Carlos Yus. O seu obxectivo é que este noso patrimonio siga sendo unha ferramenta educativa e de lecer para os/as galegos/as do século XXI. A razón de ser deste proxecto é que debido ós cambios producidos nas formas de vida e nas actividades de lecer dos rapaces e rapazas, corremos o perigo de perder esta riqueza definitivamente.
Orella pendella pon o foco onde nun punto fundamental pero moi pouco coidado na normalización lingüística e nada traballado desde a administración: a transmisión interxeneracional. A contribución da Xunta neste aspecto consistiu nun decreto que deixou prácticamente a cero o ensino infantil en galego na maior parte das escolas.


Como o que eu atopei na Orella pendella foron pequenas e agradables sorpresas, véxome na obriga de recomendar un pausado paseo por este portal. Por poñer un par de exemplo, eu un bater con este recitado que tiña esquecido, e que me contaban cando era cativo en Ribeira. Na variante que eu coñecía, no canto dun diálogo cunha terceira persoa no chuchurruchú ¿a onde vai a vella?, lembro outro no que o diálogo era coa propia vella e con outro retrouso: touporroutou, a onde vas vella?

Tamén teño esta variante de recitado para aloumiñar, desta volta da Estrada, para xogar coas criaturas:
Este queixo, queixolán
esta boca pide pan,
este ollo "pispirete",
este, irmau deste,
este "naris", "narisete",
Arríncohe! cabalete
Explicación:
Mentres di o recitado, o adulto acaricia as partes do corpo nomeadas facendo círculos co dedo indicador. No último verso fai coma quen que lle arrinca o naríz