Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







Amosando publicacións coa etiqueta Ramón Caride Ogando. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Ramón Caride Ogando. Amosar todas as publicacións

luns, 15 de novembro de 2010

"O pesimismo é un luxo que non nos podemos permitir"

Anaco da entrevista que Manuel Villaverde lle fai a Ramón Caride no Galicia Hoxe:

Ramón Caride Ogando (Cea, Ourense, 1957) é autor dunha extensa obra literaria, con máis de corenta libros individuais e múltiples colaboracións.

Non é tamén, para ti, un disparate a política lingüística do PP –sempre español e galego de feiras festas e romarías-, non é asinar cinica e ignorantemente unha perversa lenteza a morte do noso principal sinal identitario?
Certamente, pero só morre o idioma que se deixa matar. Con ser grave o que dis, e hai que denuncialo en Europa, onde sexa, o que temos que ter claro é que un idioma só morre de verdade cando deixa de falarse. Se nós non asumimos a nosa derrota anticipada, aínda haberá que velo. A guerra aínda non a temos perdida de todo. Quen nos vai impedir falar ou escribir o que nos pete? O noso peor inimigo somos nós mesmos se nos damos por vencidos. Cando o escritor brasileiro Rubem Fonseca estivo hai uns anos, en Santiago, dixo no seu discurso: "Vostedes os galegos están sempre a chorar, cando debían estar orgullosos: mantiveron varios séculos un idioma sen escola, sen leis que o defendesen, sen escrita, fronte á imposición asoballante do castelán", cito de memoria. Nós mesmos nunca o vemos así, pero tamén é así. Tampouco esta vez van poder co galego, non. O pesimismo é un luxo que non nos podemos permitir.