Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







Amosando publicacións coa etiqueta Milladoiro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Milladoiro. Amosar todas as publicacións

luns, 5 de decembro de 2022

Ciencia en galego no IES do Milladoiro


A finais do pasado mes de novembro o Club de Ciencia do IES do Milladoiro realizou uns obradoiros experimentais, nos que os seus integrantes (rapaces e rapazas de 2º ESO, 3º ESO, 4º ESO e 1º Bacharelato) explicaron aos alumnos dos dous primeiros cursos algúns experimentos

venres, 19 de marzo de 2021

Vida infinita (para o galego)



Matemáticas e normalización, ergo tiña que aparecer por aquí. O Equipo de Normalización do IES do Milladoiro saca á luz esta interpretación de Mary Iglesias Bermúdez durante a clase de matemáticas do seu grupo, 2º ESO A, coa profesora Mila Diéguez. 
Este vídeo forma parte das actividades que organizou o Departamento de Matemáticas do centro para a celebración do Día do número π, o 14 de marzo.
A ver se se enteran na Xunta: queremos vida infinita para o galego e para iso temos que aprender as matemáticas na nosa lingua.

mércores, 6 de novembro de 2019

Mural da táboa periódica no Milladoiro



No IES do Milladoiro celebraron o Día da Ciencia en Galego concretando un proxecto no que colaboraron o Equipo de Normalización cos departamentos de Matemáticas, Física e Tecnoloxía. Ademais fixeron este marabilloso vídeo no que se ve como van completando o mural da Táboa Periódica e no que incluen algúns datos sobre o descubrimento dos elementos e a confección da propia Táboa.

sábado, 14 de maio de 2016

'O galo' do CEIP Milladoiro


Fantástica e divertida esta peza audiovisual que nos chega do CEIP Milladoiro. Rapaces e alumnos do colexio pásano ben bailando coa música de Pirilampo, tirado do seu traballo Teatro de Guiñol, no que recrean o peoema de Manuel María O galo
Ben se ve que a rapazada gozou cantando e bailando, é a mellor forma de que aprendan a estar orgullosos da nosa lingua.