O que arde, terceira película de Óliver Laxe, terceira presentada no festival de Cannes, e terceira galardoada, neste caso co Premio do Xurado na sección Un certain regard, eleva a lingua galega ao rango de lingua de cinema, premiada en varios festivais internacionais, a un nivel parello ao que tiña acadado o catalán en 2011 con Pa negre de Agustín Villaronga ou en 2017 con Estiu de 1993, de Carla Simón[1].
Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
Amosando publicacións coa etiqueta cine b>. Amosar todas as publicacións

sábado, 7 de decembro de 2019
O que arde, arte universal arraigada no local galego
por Maka Arca, nas Voces de ProLingua:
xoves, 1 de decembro de 2016
Sicixia
por Francisco Rodríguez, en Terra e Tempo:
É grato ter boas novas. Noticias que falen da nosa capacidade como pobo. Dá satisfacción saber de obras e actividades que expresan autoestima, confianza no país, esforzo e vontade de valernos por nós mesmos en todos os ámbitos. Nunha palabra, constatar que existimos como pobo que desexa seguir sendo, acadando un nivel de conciencia e responsabilidade que desenvolva todas as nosas capacidades, en todos os aspectos.
luns, 29 de febreiro de 2016
Nico Casal, música de aquí para o mundo
Unha alumna do IE Cañada Blanch (Londres) fíxolle esta entrevista a Nico Casal, o compostelán que ocupa as cabeceiras dos xornais destes días por ser o autor da música da curta 'Stutterer', que levou o óscar nesta edición do 2016.
Paga a pena escoitar a este pianista, tanto no vídeo de arriba, como no de abaixo.
Etiquetas:
cine,
Entrevista,
Londres,
música,
Nico Casal,
vídeo
xoves, 29 de outubro de 2015
'O lápis do carpinteiro'. Falando da novela e a película no IES de Rodeira
Cantas veces escoitamos dicir que a mocidade está botada a perder, que os seus intereses están lonxe do mundo da cultura e do coñecemento.... Este vídeo é a demostración de que isto non é así. Dá gusto oir a estas tres rapazas comentando o libro de Manuel Rivas ou escenas das película que Antón Reixa fixera sobre ese texto. O alumnado de 4º da ESO do curso pasado tiveron un obradoiro de cine e literatura no IES de Rodeira (Cangas). Como parte deste traballo tres alumnas fixeron este vídeo, digno de calquera programa cultural da TVG. O audiovisual serviría como punto de partida dun debate arredor.
Desexo que todo este traballo e coñecemento teña o recoñecemento que merece.
sábado, 22 de novembro de 2014
A Esmorga
por Marga do Val no Sermos Galiza:
Non podo ver aínda o filme e desexos non me falta. A novela é unha desas marabillas da escrita que vai medrando connosco. Xa pasara a metade da década dos oitenta, xa estabamos preparándonos para nos botar ao mundo como profesores e profesoras de lingua e literatura galega, cando o compañeiro Millán Otero nos descubriu a historia da navalla e mudou para sempre a nosa lectura sobre A Esmorga. Aquel artigo de Millán Otero publicado no semanario A Nosa Terra, leuse moito, pegouse nas paredes da vella facultade en Mazarelos. Unha lectura inteleixente que nos mudou a obra. Non sei que vai acontecer coa navalla na fita(?) Non sei como se tratarán as personaxes femininas (?) Esas personaxes con tanta fondura detrás das imaxes que Blanco Amor constrúe. Para min as mulleres na Esmorga son fundamentais, descobren e encobren a violencia do patriarcado, descobren e encobren a violencia de xénero. Sobreviven ou morren. Son vítimas do sistema e Blanco Amor logrou facer esa denuncia.
A esmorga, un salto de xigante
por Francisco Rodríguez no Sermos Galiza:
Necesitamos falar de nós, construírmos unha imaxe, tamén cinematográfica, do noso mundo, o mundo galego, un anaco de humanidade con dereito a expresarse en plenitude. Desta necesidade proveñen os mellores logros artísticos cos que temos contribuído como pobo no campo da literatura, por exemplo. A esmorga de Blanco Amor, publicada en 1959 pola editorial Citania de Buenos Aires, é un deses logros, significativo por moitas razóns. Gustaría de subliñar un dos seus aspectos centrais, a forza motriz que a orixinou. Ten moito a ver co noso papel pasado e actual como pobo, coa emigración como fuxida e coa reintegración real ou soñada desde a distancia. Tamén co tipo de sociedade que somos: unha sociedade implícita e explicitamente opresiva, sometida a fortes doses de violencia. E como non, como todo pobo negado ou desprezado, moi necesitados de cronistas que, desde dentro, sexan quen de facer aboiar a nosa verdadeira historia, aquela que as crónicas oficiais ignoran ou desprezan a mantenta.
venres, 28 de xuño de 2013
Unha curta de Tim Burton en galego
Así como hai uns días o blogue Xogos de lingua recollía unha entrada desta Carta Xeométrica sobre a deturpación toponímica nos sinais dunha aldea de Baños de Molgas, hoxe son eu quen recolle de alí unha entrada sobre a tradución que realizaron no clube de lectura do IES Ferro Couselo (Ourense) dunha curta de Tim Burton, Vincent. Trátase dun excelente traballo que ademais é un exemplo de como colocar unha bandeira da normalización nun souto prácticamente ermo xa que realizan unha tradución dunha obra atractiva ao galego. Mentres a Xunta usa a súa reducionista versión do plurilingüismo como arma para reducir a presenza e uso do galego no ensino aquí temos un exemplo do camiño que se debería seguir na aprendizaxe de linguas.
Lembro ben que vira esta curta cando acudira a ver ao cine unha película do mesmo director: The Nightmare Before Christmas. Antes do filme proxectaran esta deliciosa curta. Tamén lembro que gozara ganto coa proxección que daba por ben pagada a entrada con só ter visto a curta Vincent. Como unha das cousas que máis me impactara fora escoitar a voz de Vincent Price relatando a historia, non podo deixar de recomendar escoitala aquí mesmo. Basta con volver a premer o play.
Etiquetas:
blogues,
cine,
cousas,
plurilingüismo,
tradutores,
vídeo,
Xunta
sábado, 24 de novembro de 2012
Cinema galego
por Pilar García Negro, en Sermos Galiza:
Acudín, o primeiro día do seu pase comercial, a ver Todo es silencio; en primeiro lugar, porque procuro asistir a todas as estreas de cinema galego ou baseadas en obras galegas e, tamén, animada por o filme se inspirar nunha das mellores, no meu xuízo, obras publicadas do autor, Manuel Rivas. Non dubido das mellores intencións do director, José Luis Cuerda e do proprio guionista, o escritor, mais o resultado final coido que está moi lonxe do que se podería esperar dunha novela ben callada e estilisticamente moi cuidada.
domingo, 8 de xullo de 2012
O cinema de Agustín
Montaxe con algúns dos filmes favoritos de Agustín Fernández Paz, proxectada durante a homenaxe nacional que se lle tributou o sábado 30 de xuño de 2012 en Vigo. Edición a cargo de Eloy Domínguez Serén.
Vía Martin Pawley
venres, 3 de febreiro de 2012
'Sinbad' e 'Galván en Saor', na Marela Tarabela
Estes son os dous últimos números da publicación do IES Ulloa de Lalín, A Marela Tarabela.
O primeiro deles trata sobre o Sinbad: o de Cunqueiro e o da película de Antón Dobao.

Open publication - Free publishing - More cine
Este número xira arredor de 'Galván en Saor', a novela de Xohán Cabana

mércores, 12 de outubro de 2011
VOSG, un modelo necesario para un cinema galego
por Alberte Mera García, en Terra e Tempo:
Uns multicines galegos veñen de renovar a carteleira incorporando a versión orixinal subtitulada; un servizo demandado polos espectadores desde hai tempo. Sería unha oportunidade que se impulsase a VOSG (versión orixinal subtitulada ao galego), pois se comezaría a introducir a nosa lingua nos cinemas.
Estes multicines de Vigo nada teñen que ver cos grandes estabelecementos habituais que nos últimos anos inundaron o país causando o peche das medianas salas a pé de rúa. Eses cines de multinacionais son fomentadores dunha forma de lecer baseada no consumismo ao seren situados no interior de centros comerciais, estar ligados e ser dependentes das grandes majors estadounidenses que ditan o que se proxecta e o que non na gran pantalla.
Os pequenos multicines 'resistentes' en Vigo non son un centro de cinema independente, alternativo nin moito menos de autor (salvando algunha proxección ocasional nesta liña). Ás veces se lles denomina coma cines alternativos xa que, lamentabelmente, son os únicos onde poder ver filmes de éxito internacional, comerciais mais fóra da órbita das 'iankiladas', así o caso por exemplo de Beginners (Mike Mills, 2010) estreada días atrás.
Semella que a iniciativa destes multicines vén atraendo nos últimos meses un lixeiro maior número de espectadores, pois certo é que se trataba dunha demanda reiterada.
É unha experiencia que, independentemente do seu éxito ou non, xa marcou un punto de inflexión na oferta e na satisfacción da demanda de bo número de espectadores, que lle dan importancia a un sistema no que a voz, ton e timbre orixinais dos e das intérpretes se valora coma feito narrativo cargado de significado, fronte á posibilidade de que estes valores poidan ser susceptíbeis de seren variábeis dependendo do orzamento e profesionalidade da dobraxe. Do mesmo xeito, óptase por unha revalorización da atmosfera creada polos sons intradiexéticos e extradiexéticos de cara á redución da distancia entre espectador e filme, distancia que pode ser modificábel na dobraxe ao reducirse a intensidade de sons da atmosfera ou ao alterarse a textura das voces en relación aos espazos onde se sitúan.
Ademais da preferencia pola versión orixinal subtitulada que algúns teñamos, este tipo de oferta, no caso de realizarse na nosa lingua, cumpriría valorala como unha aposta factíbel para a normalización do galego; outra cuestión é que haxa vontade desde as institucións da Xunta para fomentar a súa realización e exhibición.
É obvio que nos cines, en competencia entre filmes dobrados e en VO subtitulada, os primeiros ostentarían unha demanda moi superior. A dobraxe é por tanto un servizo no que tamén hai que reclamar os dereitos lingüísticos dos galegos e galegas á hora de podermos ver unha película na nosa lingua. Hai que loitar para romper as barreiras de acceso do galego aos cines esixindo tanto a oferta da VOSG como dunha dobraxe ao noso idioma.
Mais a mesquindade coa que se trata á lingua reflíctese de forma alarmante na indiferenza da legalidade e das subvencións públicas. Non pode ser que as produtoras e empresas que reciben ou recibiron cartos públicos da Xunta para a realización dunha película en lingua galega, roden o filme en castelán. Posteriormente realizan unha dobraxe ao galego (moitas veces de forma apresurada) para unicamente entregar copia á administración, dando cumprimento ás esixencias legais para a acceder á subvención. Iso si, finalmente o filme exhíbese en castelán. A copia dobrada ao galego visualízase no mellor dos casos case de forma testemuñal.
Fronte a esa desidia, cómpre sermos esixentes no cumprimento dos nosos dereitos, temos dereito ao acceso á cultura na nosa lingua, temos dereito a acudir ás salas de cine para vermos unha película dobrada ao noso idioma e temos tamén dereito á versión orixinal subtitulada ao galego.

domingo, 29 de maio de 2011
Doentes
Así andan no audiovisual galego, doentes.
Nunha cidade na que se exhibíu a mesma película en galego e en castelán, as cifras de asistencia na versión galega supoñen só un 10% do total de espectadores” explica Miguel Anxo Fernández, autor do estudo “Para un Informe sobre lingua e audiovisual en Galicia”. Dato para reflexionar.
Unha das conclusión máis importantes de Miguel Anxo Fernández é que cómpre crear unha rede pública de salas. “Salas institucionais públicas (concellos deputacións organismos) ou privadas (caixas de aforros, fundacións…). Esta rede permitiría unha mellor distribución de películas como Doentes, que vén de estrearse hai unha semana e que tivo que afrontar problemas de rodaxe case insalvables. Doentes sofreu do mesmo caso que Rosalía, Castelao ou Fontán no Panteón de Galegos Ilustres.

Audiovisual,
cine,
vídeo
martes, 10 de maio de 2011
A rede social

A imaxe da esquerda é a dun póster de divulgación da película nortemericana A rede social (2010), na que se relata a creación do facebook, tirada da Wikipédia
A imaxe da dereita, do sempre incisivo tumblelog As miñas historias.
venres, 8 de abril de 2011
xoves, 10 de marzo de 2011
"Son o que son: un galego actor. Por esa orde"
Beti Vázquez entrevistou ao actor Luís Iglesia Besteiro para o Galiciaé;
Unha mañá calquera de febreiro. Gorro de lá, dúas voltas á bufanda e saio da casa. Nun pequeno bar de Compostela, remexendo un café, Harrison Ford, Paul Newman, Robert de Niro, Mel Gibson, a rá Gustavo e o 'gato cabrón', Garfield, agardaban por min. Non podía velos, mais estaban alí e falábanme todos á xunta. Quedara con Luís Iglesia, o lucense que lle emprestou a súa fermosa voz a todos eses grandes do cine; e o seu tenro sorriso a un dos malos máis malos da pequena pantalla, Carmelo, o máis vello dos Matalobos. Luís fala moito e falamos de todo: da lingua, do cine, da televisión, do sexo e dalgún... reality.
Pregunta: Perdeu de ligar algunha vez por falar galego?
Resposta: Non [rotundo] É que eu non sei se ligaría algunha vez... [ri] Coido que non hai que concederlle importancia ás declaracións desa rapaza. Que alguén cunha visión tan cativa do mundo diga iso... independentemente de que ao mellor hai xente, bastante xente, que pense así. En Galicia temos un problema sociolingüístico acusado.
P: É de Lugo e ten acento de Lugo
R: Madialeva! [ri]
P: Na súa profesión, asociárono algunha vez cun 'galego bruto'?
R: Noon. Cando empecei na dobraxe, hai 25 anos, pasaba case ao contrario. Aquí non se sabía que galego se quería falar, buscábase un estándar, e apreciábase moito o noso acento porque parecía o máis correcto. Non somos tan catarís na entoación coma nas zonas da costa. Mais si que lembro un compañeiro ao que lle dixeron cousas moi duras cando empezaba: 'Vaite esquecendo dese acento do Courel se queres dobrar'.
P: A vostede nunca lle esixiron logo ese acento que se lle di neutro?
R: Non exite. Mais eu, por fortuna, son monolingüe en galego, igual que o 99.9% da xente da miña aldea. Cando era pequeno non había máis ca unha televisión, a primeira cadea da española, e os exemplos que tiñamos de xente que nos falaba castelán, o mestre, o clérigo, o médico... eran bos exemplos e daquela nós aprendémolo coma unha lingua estranxeira. Eu falo un castelán deses que lle chaman neutro, non se nota que son galego porque para min é coma se falase francés ou inglés. Curiosamente recordo que cando chegamos á Coruña e empezamos a dobrar en castelán os que eramos monolingües en galego tiñamos menos problemas, porque tiñamos as dúas linguas separadas.
''SALA XE, EN GALEGO, QUE BEN SOARÍA!''
P: Que importancia tivo a dobraxe na normalización?
R: Eu doume conta agora do importante que foi, porque... [pregúntame a miña idade] Claro, ti naciches coa televisión galega. Para vós, que nacestes con esa normalidade, a de oír falar toda a vida galego, o que fose, mellor ou peor, porque o faciamos moi mal ao principio, moi mal, moi mal [ri] pero hai unha normalidade establecida a través dunha canle de televisión onde ves películas ou debuxos animados, e é tan sá...
Lembro hai moitos anos que fun a Barcelona e, ao chegar ao aeroporto, abrín o xornal e vin unha sala X en catalán. Deume tanta envexa! Non porque eu fose ir alí [risas] senón porque me pareceu que iso estaba a anos luz, era impensable que en Galicia hai 15 anos houbese unha sala 'xe'! Xa imaxina o nome: sala xe, en galego, ufff... que ben soaría! [ri] Aínda así, hoxe habería que estudar tamén que tipo de televisión está a facerse en galego.
P: Cómpre aquí unha Lei do Cine coma a catalana?
R: Claro que si. A min déronme moita envexa os Goya. Que arrase unha película en catalán, con magníficos actores e actrices cataláns, moitos deles que nin eran coñecidos no resto do Estado... e que arrase con esa normalidade cando aquí xa é dificilísimo rodar en galego. Está despois o problema da distribución, e despois o de emitir estas pezas, porque pese a que hai uns mínimos que están recollidos nunca se levaron adiante.
P: Apreciou algunha evolución no seu volume de traballo desde 1985 até hoxe?
R: Si, á inversa. Levamos tres ou catro anos onde a tele está a reducir o número de horas dobradas ou o reparto, non sei moi ben cal é aí o problema, ao 50%. Hai un colectivo de profesionais detrás que está a quedar sen traballo. É un problema social, a crise está a facernos moito dano. Está asumido que hai que recurtar, pero o que se recurtan son dereitos, a todos os niveis. É un sensentido tremendo, e tragamos todos. Na dobraxe cada día traballamos menos, e iso tendo en conta que se supón que é un sector estratéxico, polo menos culturalmente. Non hai por onde collelo.
''ÍA PARA BANQUEIRO E FUN TITIRITEIRO''
P: Dobrador ou actor. Que foi antes, o ovo ou a galiña?
R: [apura o pouco que queda na taza do café] Actor de dobraxe... non nos gusta que nos chamen dobradores [ri] Non tes por que sabelo, eh!
P: Pois non o sabía...
R: Si, teño unha pequena broma, unha maldade interna. Se queres cóntocha despois... [ofrécese cun gran sorriso] Eu débolle todo ao oficio de dob... de actor de dobraxe [sorrí] Hai 25 anos era imposible dedicarte a ser actor en Galicia. Non había nada. Os compañeiros do teatro estábanse formando, a televisión naceu no 85... non había ningunha posibilidade de que un rapaz dunha aldea de Lugo que ía para banqueiro fose titiriteiro [ri] A dobraxe deume esa oportunidade, aproveiteina e aprendín moitísimo, o 80% do que sei.
P: Que foi o primeiro que dobrou?

R: O primeiro foi... [os seus ollos viran cara a esquerda, intentando lembrar] facendo o curso, unha peli en castelán que ía de mostra a Barcelona, Los dientes del diablo. Facía de prota [Neste filme, Luis Iglesia púxolle voz a Inuk, o personaxe que na versión orixinal interpretaba Anthony Quinn]
P: E a maldade interna sobre dobradores e actores de dobraxe?
R: [ri a gargalladas] O actor de dobraxe non crea, recrea. Intentamos ser o máis fieis posibles a un orixinal, reproducir o que xa outra persoa fixo por nós nunha lingua distinta. Os dobradores teñen unha gran técnica, pero élles igual como estea o orixinal, Dobren a quen dobren, van facelo sempre do mesmo xeito, o seu. É unha forma mecánica de traballar. Os actores e actrices de dobraxe o que lle poñemos é algo máis de corazón.
P: Daquela para dobrar hai que saber actuar?
R: Hai que saber decodificar. O corpo non tes que poñelo porque xa está posto, pero si que se usan ferramentas de actor.
P: E hai que saber ben o galego para dobrar ao galego?
R: Igual que hai que falar ben o español para dobrar ao español, ou o swahili. Aquí entra en xogo o problema sociolingüístico do que falabamos antes, e a percepción que nós temos da nosa lingua. Eu vexo cousas miñas de hai vinte anos e boto as mans á cabeza! A única referencia que tiñamos era o castelán, o galego estábalo inventando, e facíalo coas eivas que cadaquen tiña. Iso foi mellorando, mais aínda ten camiño por andar. Se lle deixan...
Sobre todo no campo entoativo. A dobraxe tende a facelo todo cunha pretendida elegancia, e o acento non está rifado coa elegancia. Cando se dobran telenovelas están moi marcadas as clases sociais, e aquí todo o mundo fala igual. Coido que sería un bo camiño para normalizar, de dicir 'mira, este é o estándar, e estoutros son riscos vulgares', e que iso sexa percibido pola poboación como aquel que todos estariamos de acordo en falar.
P: Sería unha concepción da dobraxe como escola de normalización.
R: Si, iso. E tería que ter unha explicación dentro do guión, pero por que non vai ter seseo ou gheada un prota? É atrevido, pero tamén o foi Mareas Vivas no seu día. Por que non se vai facer iso na dobraxe? Sempre con cariño, porque eu vin facer verdadeiras barbaridades, coma que se lle metesen estes dous trazos a un cavernícola.
''FAIME MOITA GRAZA O DE SEX-SYMBOL''
P: Como leva iso de ser un sex-symbol desde que sae en Matalobos?
R: [ri a gargalladas] Bon... mimá! Xa ves ti! Non será porque eu quixera... Faime moita graza iso.
P: Síntese cómodo 'fóra da cova'?
R: Si, si, si. Considéronme un privilexiado. Iso ten unha responsabilidade engadida, hai que responder a unhas espectativas. Falarlle ben á xente, ser amable e... falar en galego. Eu falo sempre en galego, non me causa ningún problema, pero se no hospital se me achega un médico e se dirixe a min en castelán é moi importante que eu resposte en galego. A persoa que está ao lado, que te recoñece e sabe que es Matalobos, que es Carmelo, reafírmase. Ti es importante, un dos seus. Quizais despois, cando fale co médico, non se cambia ao castelán.
P: Parárono algunha vez pola rúa para dicirlle 'carallo, Garfield'?
R: [ri a gargalladas] Non! Sempre conto unha anécdota que igual non é a máis espectacular pero a min foi a que máis me sorprendeu. Un día indo para Vigo currar... sete da mañá... na autopista parei na peaxe e dixen 'Bos días'. E a rapaza que estaba cabina dixo 'Mel Gibson!'. Pareceume flipante! Ou, como dicía un amigo meu, 'levarte a ti no asento de atrás do coche é coma levar os documentais da Segunda! [risas]
P: De todos os personaxes aos que lle puxo voz, con cal queda?
R: Non son nada mitómano eu, eh? Adoro a Paul Newman porque me caía moi ben! [ri] E Garfield sempre me gustou moito porque me parece que é un gato cabrón [solta unha risada] Foi unha das veces que mellor o pasei!
Despois, de todo se aprende. Eu sempre digo que levo 25 anos traballando cos mellores, cos mellores do Mundo. Mel Gibson ten unha maneira de mirar... move os ollos coma ninguén! E eu sei eses trucos! Pero quérolles a todos. Bon... quizais a quen non é a Charlton Heston, que o dobrei varias veces e non o soporto! [ri]
P: E quen lle tería gustado que falase pola súa boca?
R: [pénsao] Pois gústame moito Al Pacino. E fixera un casting unha vez con Tacho González, pero quedáballe moito mellor a Tacho que a min! As cousas como son! E eu admíroo moito, quero velo ben feito. Non teño envexa, entre outros motivos porque pasamos de non haber nada dobrado en galego a que dobramos... posiblemente as mellores películas da historia! Eu fixen Casablanca! De Harrison Ford todos os filmes que houbo en Galicia fíxenos eu! Apocalypse Now! Que me neguei a dobrar ao prota para dobrar a Harrison Ford, que sae con, nada, con vinte frases ao principio. Pasou por nós boa parte do mellor cine que se fixo na historia. Que máis vas pedir? [sorrí]
''SON O QUE SON: UN GALEGO ACTOR. POR ESA ORDE''
P: Pregunta obrigada. Para traballar, Madrid ou Galicia?
R: Cando me chaman de Madrid vou como profesional, alí ou a Hollywood. Pero eu son o que son: un galego, un galego actor, por esa orde. Non sei se iso o explica todo.
P: Cine en versión orixinal?
R: Si, sempre. Agora ben... sempre se pode ser sen subtítulos. Mentres se ven as letras estás perdendo o resto das linguaxes do cine. Iso e que estamos a falar de 70 anos de historia. Se fose tan doado... se realmente a xente quixese ver cine en versión orixinal, por que non hai máis salas que o oferten? Por que non se atopa na televisión? Porque os hábitos do público son outros.
E hai outro tema. Non hai que dicirlle 'non' á dobraxe por pose. Eu atópome cantidade de profesionais que non teñen argumentos para rebatir iso, que din unha cantidade de chorradas e de tópicos... No último Festival de Cans estaba Alber Ponte. [incomódase] 'Es que yo tengo unos amigos ingleses y cada vez que vienen a España se parten el culo al ver las pelis dobladas' [eleva o ton] Que argumento é 'tengo unos amigos'? Amigos ingleses, uns señores que viven nun país onde o 99.9% do cine está en versión orixinal porque é a lingua que falan eles! En fin...
P: Que pode adiantarnos do último proxecto no que se embarcou, Piratas?
R: [emociónase] O 90% do equipo é galego: produción, guionistas, equipo técnico, equipo artístico... van flipar! Este país en imaxe é unha barbaridade! E as escenas foron rodadas en interiores e exteriores naturais. Eu son un nobre, un intendente da nobreza en Galicia.
P: Fíxolle de mestre de cerimonias a Pilar Rubio e Óscar Jaenada?
R: Non, pouco contacto tiven con eles. Son da parte pirata! [ri] O que si que había era moi boa relación entre todo o equipo. Estiven hai pouco facendo un curso de esgrima e loita escénica e Enrique Inchausti [instrutor de coreografía de pelexas na serie] confesou que quería vir verme a Galicia pola calidade de vida e pola xente. Todos os galegos fixemos de mestres de cerimonias facendo o que mellor sabemos: ser galegos.
''AS TOMAS DE SEXO NON VAN NO GUIÓN. GÚSTAME PACTAR''
P: E a este galego que lle dá máis rubor: facer escenas de sexo como actor ou como actor de dobraxe?
R: [ri] Como actor de dobraxe non pos o teu físico en xogo. E é curioso como ao espectador lle resulta máis erótico ás veces a violencia que o sexo. Como actor sempre intento pactar esas escenas. Só me daría rubor facer algo que á outra persoa lle molestase. Esas tomas non están nunca escritas, e hai roles pensados desde unha perspectiva moi machista. Os guións din cousas do tipo 'Bícanse apaixoadamente', e hai que inventar. Unha vez un compañeiro recibiu un guión que poñía 'Por fin hacen el amor como nunca en su vida', e el achegouse ao director e preguntoulle 'Coma na túa vida ou coma na miña?' [risas]
En Matalobos, con Olaia Salgado fago escenas que alcanzan unha tensión... Esa relación, entre a súa personaxe e Carmelo, foi pactada con ela. Hai escenas nas que tiramos moito da corda, nas que lle falo a dous centímetros da boca e, cando parece que vai pasar algo, dígolle 'teño traballo', e lisco! Na seguinte vén ela, sorrí, provócame, insinúase ata o punto de que che tocan nun brazo e sentes un calafrío e, cando parece que vai pasar algo, é ela quen me di: 'teño traballo', e marcha! [sorrí] os montadores vólvense tolos! Preguntan: 'Que lles pasa a estes dous?' [ri] Os montadores non ven a serie coma unha persoa calquera desde o sofá da casa, saben o que hai, o que vai pasar. Se funciona con eles... é que funciona.

mércores, 23 de febreiro de 2011
Entre o barullo e a comunicación
por Antón Dobao, levando o discurso da normalización polo camiño correcto. Faranlle caso as empresas do audiovisual, e as institucións? . No dixital A Nosa Terra:
Nos arredores dos Premios Goya, o barullo de certos asuntos accesorios gañou protagonismo. Non o barullo físico, que o houbo na cerimonia de entrega dos premios, senón o discursivo e de conceptos, que coincidiu coa iniciativa gobernamental matriz da Lei Sinde, cuxa función, precisamente, é introducir moito ruído en canles de comunicación insistentemente abertas. E perante ese ruído, todos van posando no photo call
con bo ánimo de se deixaren retratar. Desde o presidente da Academia do cine español, armado con dignidade intelectual, ata a súa vicepresidenta, presa de afectación oportunista, pasando por innumerables actores, directores, guionistas e produtores. Cada cal vaise orientando conforme se sitúa ante a realidade: comprender ou negar o desenvolvemento das forzas produtivas e os camiños que propician; ancorarse aos modos de produción do pasado ou esculcar os do presente e intervir neles para condicionar os do futuro; distinguir entre produtores, homes de negocios e usuarios ou confundirse nun magma de artistas, executivos e consumidores. E, sobre todo, concibir os produtos cinematográficos como un ben cultural de uso público ou como unha mercadoría destinada ao consumo privado e ao negocio. O valor de uso fronte ao valor de cambio. A comprensión da realidade e a intervención nela para transformala marcan fronteiras entre posicións progresistas e reaccionarias. É a relación co real quen impón lindes entre o compromiso cun pasado que mimetiza as relacións de produción do capitalismo –traballo asalariado, explotación, mercadoría, plusvalía, valor de cambio e lucro– e a implicación nun futuro que invente novas relacións de produción: cooperación, produto cultural, distribución da riqueza, valor de uso, riqueza colectiva.
Pero os Premios Goya foron tamén os dunha película pequena, sen gula mercantil, inzada de actores e actrices que non son masivamente coñecidos, que foxe do grande espectáculo e se refuxia no ordinariamente humano, que dialoga cun texto dun campo literario minorizado e ousa asumir o catalán como lingua de comunicación e expresión, con normalidade, sen máis. O triunfo de Pa Negre rompe tópicos, por iso orixinou explicacións externas: que o enfrontamento entre Álex de la Iglesia e Icíar Bollaín dividiu o voto ou que olobby catalán funcionou con eficacia, a dicir dos osos cavernarios. O mundo audiovisual abrazou a perplexidade: como era posible que triunfase unha película que moi pouca xente puido ver en salas comerciais. Coma se a cantidade determinase a calidade dun produto cinematográfico. Coma se as distribuidoras e empresas de exhibición se movesen por criterios de calidade e as súas barreiras fosen artisticamente xustas e non orientadas polo negocio. Ou coma se non urxisen xa novos modelos de relación entre os filmes e o público receptor libres das aduanas que as multinacionais da distribución e da exhibición impoñen. Pa Negre saíu con poucas copias no Estado español, cuxo mercado detesta por principio os produtos periféricos cando non os dá incorporado como pintorescas mostras de exotismo, pero é moi probable que os premios recibidos lle sirvan para ampliar a súa relación cos públicos potenciais.
Sen o querer, ademais, Pa Negre pode en Galicia crebar cun asubío leve o axioma que determina con norma de ferro o audiovisual galego: o discurso do imposible. É dicir, desmonta coa súa praxe a idea de que aquí todos quererían facer un cine galego en lingua galega e con actores e actrices galegos, pero non é posible. A normalidade imposible. E non é posible, segundo explicita ese discurso, porque o mercado español non o admitiría, porque toda película que queira éxito necesita actores españois, porque o público español non acepta producións noutras linguas nin dobraxes ou subtitulacións, seica. A realidade, por contra, expón que se non existe cine en lingua galega é simplemente porque directores, guionistas, produtores e demais participantes no negocio non queren. Probablemente porque non conciben unha lingua galega que exprese a totalidade, que asuma calquera clase de situación comunicativa e que se somerxa en todo tipo de personaxe real, imaxinario ou fantasmal. Algún actor galego ten recoñecido en entrevista a dificultade que lle ofrece concibir que certos personaxes se poidan expresar en galego, e iso en por si xa xustifica que a lingua estea ausente de case a totalidade de producións cinematográficas de Galicia. No mellor dos casos, hai aproximacións a unha presenza exótica, pintoresca e diglósica. O prexuízo lingüístico máis primario inunda un campo cultural de primeira magnitude. A lingua galega non merece a totalidade. Algúns actores e actrices cataláns teñen máis minutos rodados en lingua galega que certos actores galegos. Vivimos na anomalía constante.
O discurso do imposible é unha xustificación feble que oculta un desexo en negativo. Pero se non hai películas rodadas e exhibidas en galego é porque non queren; non se considera esa posibilidade cando se arma un proxecto nin se aposta por fortalecer unha dinámica cultural autónoma, arredada da subalternidade. Porque é subalternidade a marca hexemónica do sector, no que o negocio é preponderante en relación co valor de uso cultural. O valor de cambio e o lucro privado sobre o valor de uso e o enriquecemento social.
O triunfo da película Pa Negre é unha boa noticia para quen desexe un cinema galego, identificado, que dialogue cos nosos campos culturais, fundamentalmente o literario, e que se exprese con naturalidade en lingua galega e non recorra a ela como unha expresión diglósica e de exotismo. Unha utopía. Un desexo e unha necesidade que se deben constituír en proxecto a partir do compromiso artístico dos creadores, do compromiso cultural dos produtores e tamén dunha reorientación das políticas de subvención pública. E cumprirá tamén que algúns sectores de público esixan novas formas audiovisuais.
O exemplo de Pa Negre demostra que é más que posible un cinema en lingua galega. Só hai que empezar a facelo e parar xa de lle rir as burlas á subalternidade.

xoves, 17 de febreiro de 2011
Feijóo descubriu ‘O divino ferrete’
por Cris Moss, no Xornal:
O pasado 2010 xurdía no seo do colectivo GalegoLab un proxecto novidoso. Esta plataforma a prol da lingua galega promovía a realización do “primeiro filme pornográfico feito en lingua galega en todas e cada unha das súas etapas”, produción que actualmente se atopa en pleno proceso de realización.

O filme, que será distribuído por Internet con licenza libre, está a ser financiado en boa medida a través de aportacións individuais co chamado “kit do produtor”, un conxunto de camisolas, chapas e o guión –no que participan varios premios Xerais– do filme que é posible adquirir a través da Rede.
Onte, o presidente da Xunta participaba nunha entrevista no programa Hoy por Hoy da Cadena SER e o seu condutor, Carles Francino, descubríalle a existencia do filme, que levará por título O divino ferrete. “¿Qué me dice?”, respostou Alberto Núñez Feijóo ao coñecer a existencia deste proxecto.
“¿Tendrá subvención o no?”, ironizou Francino, “que yo sepa, no”, retrucou Feijóo, que compartía tertulia co estremeño Guillermo Fernández Vara, quen, á súa vez, cuestionou ao galego polo significado de “ferrete”. “Tú que estás cerca de Portugal deberías... cuando lo llame, se lo comentaré”, resolveu Feijóo
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)