Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







Amosando publicacións coa etiqueta recursos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta recursos. Amosar todas as publicacións

luns, 11 de xaneiro de 2016

Chove en Galiza


Non achei vídeo máis acaído para estes días de chuvia que o desta canción de Pablo Díaz na que se pon música ao poema de Díaz Castro, que seguro que será do gusto dos máis pequenos. 
Aproveito para presentar a canle de You Tube, "Cancións en galego", que seguindo o exemplo de 
Txatxangorria-Euskal Karaokeak, sube cancións en formato karaoke. Un espazo de recursos que non debemos perder de vista.

martes, 15 de setembro de 2015

Calendario escolar, axendas, e fichas do curso 15-16

Un ano máis a Coordinadora Galega de ENDL achéganos material para podermos organizar mellor o curso que comenza nestes días. Cada ano a cantidade de documentos que nos achega é maior. Desta volta temos 8 en PDF e 6 en Excel.
Unha mágoa que a dispoñibilidade de axendas escolares en galego nas librerías  sexa prácticamente inexistente e que para conseguir unha haxa que andar á quinta pregunta, como sucedía esta semana pasada no facebook de ProLingua.
Quen non terá este problema serán os alumnos dos centros de ensino público de Redondela, que grazas ao SNL do concello, terán a xa habitual axenda nas súas mochilas.


Para completar engado as fichas de alumnado (modificables) que uso habitualmente.
Fichas de alumnado a 3 columnas. Curso 15-16.
Fichas de alumnado a 4 columnas. Curso 15-16.

mércores, 14 de xaneiro de 2015

Poesía dixital

Algunhas veces aparecen recursos tan extraordinarios que non facer referencia a eles significaría que este blogue non é merecente de seguir na arañeira dixital.
 Feito por Noelia Gómez Calvo, alumna de Xornalismo esta alucinante xeografía poética. Ai! se Fontán puidera velo!



Vía Linguas próximas

luns, 20 de outubro de 2014

Xosé Rodríguez, o matemático de Bermés

Webs
Xosé Rodríguez González, na Galipedia
Rúa Matemático Rodríguez, 2002, por Carlos Varela en Edugaliza.org
José Rodríguez González, 2012, por Margarita Barral Martínez no Álbum da Ciencia
Xosé Rodríguez González, na páxina de Fillos Ilustres do Concello de Lalín

Prensa
José Rodríguez González. O matemático de Bermés, 27/05/12, por Benito García Carril no Faro de Vigo
José Rodríguez, ´O matemático de Bermés´, 30/06/2013, por Antonio Vidal Neira no Faro de Vigo
O Matemático de Bermés visto por Ramón Aller,05/10/14, por Celia Rodríguez no Faro de Vigo


Blogues:
José Rodríguez González. O matemático de Bermés., 12/07/12, no blogue Fillos ilustres de Lalín
D. José Rodríguez González (o matemático de Bermés), 09/08/2014, no blogue A biblioteca de Ánxel Casal

Documentos:
José Rodríguez González: un Erasmus galego noa albores do século do progreso, 2007, por Mercedes Sampayo Yáñez, do IES Eusebio da Guarda, Revista Gamma nº 7
El matemático José Rodríguez y la Universidad, por María Ángela Varela Varela, consultar PDF
A estadía de José Rodríguez González en Alemaña (1815-1817). Tradución dunha publicación súa,2011, por Iván Fernández Pérez na Revista Galega das Ciencias vol. XXX

venres, 26 de setembro de 2014

Kit para a normalización en rede

Inconmensurable. Unha excelente ferramenta saída do forno do Consello da Cultura Galega (CCG)
No transcurso dos XVI Encontros para a Normalización organizados polo CCG presentouse a renovación do Kit para a normalización. Os seus contidos están organizados segundo as distintas fases do traballo e clasifícanse en función da experiencia e formación de quen os consulta (nivel básico e avanzado).
O novo web, desenvolto pola Navalla Suíza, estrutúrase en catro bloques:
Antes de intervir (coñecementos previos para a intervención normalizadora: bibliografía, lexislación ou recursos prácticos...)
Boas prácticas (dous decálogos exemplificadores)
Traballa en rede (sobre a coordinación de proxectos)
Formación continua (materiais, recursos, webs para a actualización; unha chea)





xoves, 26 de setembro de 2013

AMPER: as melodías do galego

O AMPER é un proxecto de ámbito internacional no que colaboran diferentes universidades de Europa e América. A principal finalidade do AMPER é a confección dun atlas prosódico en formato multimedia que se poida poñer a disposición dos usuarios na rede.
Dito atlas está formado por unha serie de mapas falantes que permiten escoitar a entoación das diferentes modalidades oracionais para establecer comparacións entre as diferentes variedades lingüísticas románicas.
Para coñecer mellor este proxecto que en Galicia está sustenado polo ILG, pódese consultar a presentación que se fai del no propio portal de AMPER