Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







Amosando publicacións coa etiqueta Alba Cid Fernández. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Alba Cid Fernández. Amosar todas as publicacións

venres, 11 de novembro de 2022

Alba Cid, Superheroína


 A poeta Alba Cid é unha das sete protagonistas da serie 'Superheroínas', producida pola Real Academia Galega e a Universidade de Santiago de Compostela no marco da segunda edición do proxecto 'Novas voces para a lingua'.

mércores, 16 de maio de 2012

El veloz muciélago indú comía cardillo y kiwi...

por Alba Cid Fernández, accésit no VIII premio a artigos xornalísticos normalizadores do concello de Carballo , en Tempos Dixital:

El veloz murciélago hindú comía feliz cardillo y kiwi…Que dis? Como pode resultarnos familiar esta frase? O certo é que a feliz actividade do morcego entrou nas nosas vidas ao pasarmos polo trance de instalar unha tipografía en Linux ou Windows. E por que esta escolla? A resposta é sinxela: a fórmula, incompleta enriba, é un pangrama, intenta empregar todas as letras posíbeis do alfabeto dun idioma co menor número de palabras.