Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







Amosando publicacións coa etiqueta EducaBarrié. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta EducaBarrié. Amosar todas as publicacións

xoves, 9 de abril de 2015

Onde está o centro do Concello de Silleda?





Nesta curtade de dous minutos, un grupo de alumnos  de 2º de bacharelato Denise Varela, Sonia Troitiño e Carlos Mato(2º bacharelato) explican o que é o centroide dun polígono e calculan o do concello no que viven: Silleda. É un dos traballos que se presentaron este ano ao concurso Explícoche matemáticas 2.0 (pódense votar as que máis vos gusten) dentro dun programa iniciado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Matemáticas da USC e que agora se organiza en colaboración con EducaBarrié. Outra vez estamos ante a cuestión  das matemáticas en galego, polémica únicamente por culpa do funesto decreto do plurilingüismo, que nesa cruzada antigaleguizadora da Xunta identifica esta materia co castelán. Se visitades a páxina do concurso veredes comprobaredes que

Onde está o centro de Silleda?
Trátase de resolver o problema de atopar o punto central dunha rexión plana de fronteira irregular como a do Concello de Silleda. Sobra dicir que isto podería facerse con calquera outro concello ou, máis en xeral, con calquera rexión plana.
O caso dos polígonos regulares ou dos rectángulos é ben simple pero a pouco que se complique o polígono increméntase moito a dificultade do problema.
O centroide debe poder determinarse a partir das coordenadas dos vértices do polígono.
Neste traballo aproximouse a fronteira de Silleda mediante un polígono de 597 lados. Sobre este polígono calculouse o centroide sobre un sistema cartesiano 
Para obter as coordenadas xeográficas considerarase o centroide como punto de corte de dous segmentos.



A liña que vai aproximadamente de norte a sur parte do Río Deza (Pazos) e chega ata a Serra do Candán (Parada). A que a cruza vai dende o Humedal do Lombo da Lagoa (Xestoso) ata o Río Deza (Vilar). Velaí que o punto central do concello de Silleda é unha veiga chamada Pena Vidal, no lugal de Bustelo, na parroquia de Escuadro, apenas a 2700 m do IES Pintor Colmeiro, o centro no que se argallou todo o traballo. Neste mapa pódese ver a súa localización exacta. O punto A indica a localización do insituto e o punto B é o centro de Silleda. A quen lle temos que agradecer esta determinación é ao profesor e compañeiro Xoán Carlos Porral, sen o seu coñecemento da topografía silledense seríanos imposible chegar a ela.

venres, 14 de xuño de 2013

Portal das palabras






O pasado xoves 13/06/2013 presentouse un novo portal desenvolto conxuntamente pola RAG e a Fundación Barrié. Estamos a falar do Portal das palabras, un espazo web que ten como obxectivo contribuír ao coñecemento e difusión dos recursos léxicos creados pola Academia entre a comunidade escolar.

anuncia o portal na túa webO Portal das Palabras ten unha navegación dobre. Por unha banda, desde a portada accédese directamente aos novos contidos publicados e navegando por eles, poderemos continuar descubrindo moitos máis. Por outra, mediante os botóns superiores de seccións, vaise a cada zona da web, onde veremos explicacións de cada apartado así como as súas utilidades, podendo así acceder á totalidade dos contidos que se leven publicados.

O Portal contén, tamén, un potente dicionario electrónico que inclúe un servizo de busca de sinónimos e antónimos. Unha versión similar desta ferramenta pode ser descargada para utilizar en aparellos con sistemas operativos iOS e Android.Este novo espazo web conta tamén cunha colección de vídeos que prometen ir ampliando, outra de xogos, así como o compromiso de achegarnos propostas didácticas.
Todo un acerto para achegar tanto a  Academia como a lingua á cidadanía, aproveitando as novas tecnoloxías e cun formato atractivo. Dese hoxe, aquí nos acompañará unha ligazón á páxina desde a columna da dereita.