Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego







Amosando publicacións coa etiqueta Ana María Fernández. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Ana María Fernández. Amosar todas as publicacións

martes, 7 de agosto de 2012

Trouleas?

por Lois Diéguez en Terra e Tempo:

Vaia, a Ana María Fernández, concelleira de Cultura do concello da Coruña, acaba de agasallarnos con outra das súas ocorrencias. Lembran as do 2011 cando se estreaba como tal concelleira, aquilo de que "las fiestas del año pasado no tuvieron éxito por ser demasiado gallegas"? E non lle chegou con esa boutade, pois aínda se atreveu a engadir: "el bipartito programaba cosas demasiado gallegas".