Ningunha sorpresa. Agás nos discursos cerimoniais, que amparan desde hai anos as supostas bondades do imposible bilingüismo harmónico ou cordial, tódolos indicadores sinalan que o galego está máis ameazado ca nunca. Confrontando as estatísticas de antes e de agora do IGE, cabe pensar en que, de non remedialo a tempo, se faga inevitable a súa entrada en vía morta.
Páginas
Quero aplicar a miña ciencia á lingua para pintar a face do noso maior ben colectivo: o galego
Amosando publicacións coa etiqueta Tempos Dixital b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Tempos Dixital b>. Amosar todas as publicacións
xoves, 14 de novembro de 2024
Máis alá do ensino
por Luís Álvarez Pousa en Tempos Dixital:
martes, 27 de novembro de 2012
Tres en raia
Bieito Silva, Carlos Callón e Helena Gómez Vecino reflexionan sobre a intención de españolizar aos cataláns feita polo ministro de educación, en Tempos Dixital:
A Escola ao servizo da naciónPor Bieito Silva, profesor de Ciencias da Educación da USCSería moi doado rastrexar nos últimos dous séculos da educación en España proclamas e normas sobre a necesidade de poñer a escola ao servizo dos ideais da nación, entendendo sempre, é claro, a nación como a España grande e única. Por falarmos de dous séculos case redondos, podemos lembrar o Informe para proceder al arreglo de la Instrucción Pública de Manuel J. Quintana, en 1813, no que concluía: “Debe, pues, ser una la doctrina en nuestras escuelas y unos los métodos de su enseñanza, y es consiguiente que sea también una lengua en que se enseñe y que ésta sea la lengua castellana”.
mércores, 13 de xuño de 2012
SLI: 'É evidente que falta vontade política de promocionar e prestixiar a lingua'
Entrevista á equipa do SLI que elaborou o dicionario moderno Galego-Ingles de 2.0, En Tempos Dixital
Unhas 20.000 entradas, 30.000 acepcións e 60.000 exemplos compoñen o dicionario moderno inglés galego no que o Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo (SLI) traballou nos últimos nove anos. O equipo do SLI, formado por Xavier Gómez Guinovart, Alberto Álvarez Lugrís e Eva Díaz, acaba de publicar a versión en papel desta grande obra da lexicografía con 2.0 Editora. Ademais de conversar sobre o esforzo que supón elaborar un corpus tan amplo, aproveitamos para preguntarlles sobre os falsos mitos ao redor da ensinanza do galego e do inglés.
-O “dicionario moderno inglés galego” é o primeiro grande dicionario bilingüe. Por que o galego carece de dicionario bilingües máis alá dos castelán-galego?

mércores, 16 de maio de 2012
El veloz muciélago indú comía cardillo y kiwi...
por Alba Cid Fernández, accésit no VIII premio a artigos xornalísticos normalizadores do concello de Carballo , en Tempos Dixital:
El veloz murciélago hindú comía feliz cardillo y kiwi…Que dis? Como pode resultarnos familiar esta frase? O certo é que a feliz actividade do morcego entrou nas nosas vidas ao pasarmos polo trance de instalar unha tipografía en Linux ou Windows. E por que esta escolla? A resposta é sinxela: a fórmula, incompleta enriba, é un pangrama, intenta empregar todas as letras posíbeis do alfabeto dun idioma co menor número de palabras.
Fai teu o galego!
por Carlos Callón, co artigo gañador do VIII premio a artigos xornalísticos normalizadores do concello de Carballo, en Tempos Dixital:
Falar en galego en Galiza habería de ser tan doado como botarse a hablar en castellano en Segovia ou to speak english en Manchester. Porén, é sabido que as cousas non son tan sinxelas e que para falar o idioma de Galiza na propia terra hai unha serie de dificultades a maiores.
mércores, 1 de febreiro de 2012
Xornada histórica para os medios en galego: Praza Pública e Cartafol
Cartafol, unha revista que saía á luz hai un ano como semanario en papel de temática educativa, transfórmase agora en revista dixital pensada fundamentalmente para ser consultada nas tablets, tamén aparece en formato PDF.
Os cambios no Cartafol non paran aquí e convírtese tamén nunha revista de información xeral.
Despois da impresionante avalancha de Praza Pública, recibimos con enorme satisfacción este novo espazo para o galego e a información independente.
O que parece un novo rexurdir dos medios galegos e en galego, comenzara a finais de outubro con Tempos Dixital e ten perspectivas de continuar avanzando cun proxecto moi consolidado, Sermos Galiza, e unha iniciativa que cada día colle máis forza, Vitaminas para o galego.
Despois duns anos horribles para os medios en galego coa desaparición de cabeceiras como A Peneira, A Nosa Terra, Xornal, Galicia Hoxe, volve a sair o sol na terra da nosa lingua.

martes, 22 de novembro de 2011
Disquecool, a revista dixital de tendencias
Grazas a Tempos Dixital entérome da existencia dunha revista dixital de tendencias (moda, música, deseño, cine, letras, ...). Chámase Disquecool e ten titulares tales como: Que debo beber mentres escoito a Ana Kiro?, A sidra: o próximo gin tonic? ou Contoplanet, a reinvención dos libros para nenos.
Velaquí a necesidade dos medios realmente galegos. Uns tiran polos outros.
No entanto nos medios do alén non veremos referencias nin a Tempos Dixital nin a Disquecool
Velaquí a necesidade dos medios realmente galegos. Uns tiran polos outros.
No entanto nos medios do alén non veremos referencias nin a Tempos Dixital nin a Disquecool
xoves, 27 de outubro de 2011
Dúas alegrías: Praza Pública e Tempos Dixital
A pimeira alegría chegoume coa lectura destas palabras: "Porque hai milleiros de galegas e galegos que non teñen un medio de comunicación na rede no que confíen, que queren ler un xornal de calidade, en galego e que lles conte a parte da realidade que o resto das cabeceiras non lle está contando". Palabras que forman parte da presentación que fai Marcos S. Pena, quen xunto con Manolo Barreiro e e Filipe Díaz, levan un tempo traballando nun novo xornal dixital, Praza Pública.
A infografía estará a cargo da Navalla Suíza, e isto é toda unha garantía de calidade; basta lembrar o defunto Flocos ou excepcional Eufalo.tv
Como moitos outros, agardo poder ver pronto este soño materializado no mundo virtual.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)